Amosando publicacións coa etiqueta Actividade Programa Integrado. Amosar todas as publicacións

O Concello de Lalín vai realizar, dentro do seu Programa Integrado de Emprego, un curso de "Manipulador/a de Alimentos e ...


O Concello de Lalín vai realizar, dentro do seu Programa Integrado de Emprego, un curso de "Manipulador/a de Alimentos e Seguridade Alimentaria". A formación, de aproximadamente 3 horas de duración, terá lugar este mércores 22 de xuño.


Obxectivos e Contidos


Este curso ten como obxectivo proporcionar información clara e sinxela para afrontar a manipulación de alimentos coas máximas garantías hixiénicas e de seguridade, evitando e minimizando riscos derivados de malas prácticas.

Os seus contidos serán os seguintes: manipulación hixiénica dos alimentos, manipulación na cadea alimentaria, limpeza e hixiene de utensilios e instalacións, hixiene do persoal e lexislación aplicable.


Lugar e Horario


Comezará ás 9.30 horas nas instalacións do centro de formación de COESCO (entidade impartidora) e rematará aproximadamente ás 12.30 horas.
 

Máis información:


Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín
Praza de Galicia, 1, planta baixa, 36500 Lalín, Pontevedra.

A través do TELÉFONO: 986787060.
A través do EMAIL: integrado@lalin.gal


Esta actividade forma parte da iniciativa municipal "Lalín Emprende Xove" 2015-2016, polo que se dirixe exclusivamente a aquelas persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.


O Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín realiza este mércores 25 de maio unha xornada de "Procesos de Selección...


O Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín realiza este mércores 25 de maio unha xornada de "Procesos de Selección". O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer os diferentes mecanismos que os/as empregadores/as utilizan para a selección de persoal e preparar ás persoas participantes para afrontar con éxito as diferentes fases dos procesos máis habituais na actualidade.


Estrutura e contidos


A xornada, de aproximadamente 5 horas de duración, estrurarase en tres partes:

1º. Ponencia para dar a coñecer os actuais procesos de selección (1 hora)
Contido: “Procesos de selección na actualidade”: Explicaranse e expoñeranse exemplos dos diferentes procesos de selección que actualmente levan a cabo diferentes empresas galegas e nacionais de diversos sectores para coñecer os cambios e modelos actuais e preparar a candidatura de forma efectiva.

2º. Taller (dinamizado e dirixido por unha experta en entrenamento emocional-coach) (1 hora e media aprox.)
Contido: “Preparándonos para lograr”: Desenvolvemento de dinámicas e exercicios guiados para a preparación de cara á  realidade dos procesos de selección e para afrontar con éxito os mesmos aliñándose ca situación actual das empresas  (2 horas)

3º.  Simulación de Dinámicas de Grupo e de Entrevista (con feedback individualizado) (2 horas e media  aprox)
Contido: “Vivindo a experiencia”: Pór en práctica o aprendido a través da participación nunha simulación de dinámica de grupo (grupo de 6 persoas aprox.) e entrevista de traballo individual. Tras a simulación recibirase feedback individualizado por parte das entrevistadoras para fortalecer os  puntos fortes e definir un plan de acción das áreas de mellora. 
.

Lugar e Horario


Comezará ás 9.00 horas na sala de prensa do Concello (Praza de Galicia, nº 1) e rematará aproximadamente ás 14.00 horas.
 

Máis información:


Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín
Praza de Galicia, 1, planta baixa, 36500 Lalín, Pontevedra.

A través do TELÉFONO: 986787060.
A través do EMAIL: integrado@lalin.gal


Esta actividade forma parte da iniciativa municipal "Lalín Emprende Xove" 2015-2016, polo que se dirixe exclusivamente a aquelas persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.


O Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín realiza este xoves 7 de xaneiro unha xornada de "Recursos para a Busca de Em...


O Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín realiza este xoves 7 de xaneiro unha xornada de "Recursos para a Busca de Emprego". A iniciativa, de 3 horas de duración, fará un percorrido polos principais recursos que as diferentes institucións públicas e privadas ofrecen ás persoas que desexan incorporarse ao mercado de traballo (bolsas de emprego, servizos de información e orientación, empresas de traballo temporal, consultoras de selección...) e daranse consellos para ter éxito empregando estas canles de información.

Obxectivos


A finalidade da sesión é fomentar a busca activa e garantir que os/as participantes non deixen ningunha opción nin perdan oportunidades na súa procura de emprego.

Lugar e Horario


Comezará ás 9.30 horas na aula CEMIT municipal (Rúa do Parque, s/n. Auditorio) e rematará aproximadamente ás 12.30 horas.
 

Máis información:


Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín
Praza de Galicia, 1, planta baixa, 36500 Lalín, Pontevedra.

A través do TELÉFONO: 986787060.
A través do EMAIL: integrado@lalin.gal


Esta actividade forma parte da iniciativa municipal "Lalín Emprende Xove" 2015-2016, polo que se dirixe exclusivamente a aquelas persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.


A vindeira semana o Programa Integrado do Concello de Lalín inicia formación nas seguintes especialidades: Atención Básica ao Client...


A vindeira semana o Programa Integrado do Concello de Lalín inicia formación nas seguintes especialidades:

  • Atención Básica ao Cliente. 50 horas. Inicio: luns 16/11/2015. Horario: De 16.00 a 20.30 horas.
  • Ofimática (Preparación da proba libre da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática-CODIX). 60 horas. Inicio: luns 16/11/2015. Horario: 09.00 a 14.00 horas. 


Máis información:


Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín
Praza de Galicia, 1, planta 0, 36500 Lalín, Pontevedra.

A través do TELÉFONO: 986787060.
A través do EMAIL: integrado@lalin.org


Esta actividade forma parte da iniciativa municipal "Lalín Emprende Xove" 2015-2016, polo que se dirixe exclusivamente a aquelas persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.


O vindeiro 12 de novembro o Programa Integrado do Concello de Lalín inicia un curso de Prevención de Riscos Laborais de nivel básico. A ...


O vindeiro 12 de novembro o Programa Integrado do Concello de Lalín inicia un curso de Prevención de Riscos Laborais de nivel básico. A formación terá unha duración de 60 horas (20 presenciais e 40 a distancia). As sesións presencias realizaranse nas instalacións do Concello os días 12, 13, 16 e 17 en horario de 9:00 a 14:00 horas.



Traballos nos que se require esta formación


Esta formación é valorada en numerosos procesos de selección e requirida pola actual normativa de prevención de riscos laborais para realizar as funcións que integran o nivel básico da actividade preventiva nos seguintes traballos:

a) Traballos con exposición a radiacións ionizantes en zonas controladas segundo Real Decreto 53/1992, de 24 de xaneiro, sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes.

b) Traballos con exposición a sustancias ou mesturas causantes de toxicidade aguda de categoría 1, 2 e 3, e en particular a axentes cancerígenos, mutagénicos ou tóxicos para a reprodución, de categoría 1A e 1B, segundo o Regulamento (CE) n.ou 1272/2008, de 16 de decembro de 2008, sobre clasificación, etiquetaxe e envasado de sustancias e mesturas.

c) Actividades en que interveñen produtos químicos de alto risco e son obxecto da aplicación do Real Decreto 886/1988, de 15 de xullo, e as súas modificacións, sobre prevención de accidentes maiores en determinadas actividades industriais.

d) Traballos con exposición a axentes biolóxicos dos grupos 3 e 4, segundo a Directiva 90/679/CEE e as súas modificacións, sobre protección dos traballadores contra os riscos relacionados a axentes biolóxicos durante o traballo.

e) Actividades de fabricación, manipulación e utilización de explosivos, incluídos os artigos pirotécnicos e outros obxectos ou instrumentos que conteñan explosivos.

f) Traballos propios de minería ao descuberto e de interior, e sondaxes en superficie terrestre ou en plataformas mariñas.

g) Actividades en inmersión baixo a auga.

h) Actividades en obras de construción, escavación, movementos de terras e túneles, con risco de caída de altura ou sepultamiento.

i) Actividades na industria siderúrxica e na construción naval.

j) Produción de gases comprimidos, licuados ou disoltos ou utilización significativa dos mesmos.

k) Traballos que produzan concentracións elevadas de po silíceo.

l) Traballos con riscos eléctricos en alta tensión. 

Máis información:


Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín
Praza de Galicia, 1, planta 0, 36500 Lalín, Pontevedra.

A través do TELÉFONO: 986787060.
A través do EMAIL: integrado@lalin.org


Esta actividade forma parte da iniciativa municipal "Lalín Emprende Xove" 2015-2016, polo que se dirixe exclusivamente a aquelas persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.


Hoxe celebrouse o primeiro taller práctico da edición 2015-2016 do Programa Integrado do Concello de Lalín. A actividade, esencialme...

Hoxe celebrouse o primeiro taller práctico da edición 2015-2016 do Programa Integrado do Concello de Lalín.


A actividade, esencialmente motivadora, seguiu o seguinte programa:

"Creando a miña propia fórmula para atopar emprego"
 Presentación.
Vivamos desde a responsabilidade. 
Tes claros os teus obxectivos?.
Coñece as túas fortalezas para facer fortes o teus obxectivos.
Optimismo realista & actitude.
Desde dentro cara a fóra. 
Claves para crear a túa propia fórmula para atopar emprego. 

O seu desenvolvemento correu a cargo das especialistas en coaching, intelixencia emocional e habilidades sociais Marisol e Katerine Vázquez da empresa Creear.





O vindeiro 20 de outubro bota a andar a primeira actividade do Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín. "Creando a miña...

O vindeiro 20 de outubro bota a andar a primeira actividade do Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín.

"Creando a miña propia fórmula para atopar emprego" é o título desta xornada que, aplicando técnicas do coaching, busca incrementar a motivación na procura de emprego das persoas participantes no programa.

Trátase de que descubran e interioricen ideas e conceptos que apoien a súa busca de emprego, xestionen emocións e se orienten a resultados, de tal forma que:

  • Tomen conciencia da responsabilidade e poder que teñen sobre os seus resultados.
  • Definan obxectivos claros para a eficacia na súa procura de emprego.
  • Poñan o foco nas súas fortalezas para aliñalas cos seus obxectivos.
  • Comprendan o "optimismo realista" e a importancia da actitude.
  • Comproben que todo ocorre desde dentro cara a fóra.
  • Atopen ferramentas para construír paso a paso a súa fórmula para atopar emprego.

O Último