O Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín realiza este mércores 25 de maio unha xornada de "Procesos de Selección&qu...

Xornada Práctica de Asesoramento e Preparación de Procesos de Selección


O Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín realiza este mércores 25 de maio unha xornada de "Procesos de Selección". O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer os diferentes mecanismos que os/as empregadores/as utilizan para a selección de persoal e preparar ás persoas participantes para afrontar con éxito as diferentes fases dos procesos máis habituais na actualidade.


Estrutura e contidos


A xornada, de aproximadamente 5 horas de duración, estrurarase en tres partes:

1º. Ponencia para dar a coñecer os actuais procesos de selección (1 hora)
Contido: “Procesos de selección na actualidade”: Explicaranse e expoñeranse exemplos dos diferentes procesos de selección que actualmente levan a cabo diferentes empresas galegas e nacionais de diversos sectores para coñecer os cambios e modelos actuais e preparar a candidatura de forma efectiva.

2º. Taller (dinamizado e dirixido por unha experta en entrenamento emocional-coach) (1 hora e media aprox.)
Contido: “Preparándonos para lograr”: Desenvolvemento de dinámicas e exercicios guiados para a preparación de cara á  realidade dos procesos de selección e para afrontar con éxito os mesmos aliñándose ca situación actual das empresas  (2 horas)

3º.  Simulación de Dinámicas de Grupo e de Entrevista (con feedback individualizado) (2 horas e media  aprox)
Contido: “Vivindo a experiencia”: Pór en práctica o aprendido a través da participación nunha simulación de dinámica de grupo (grupo de 6 persoas aprox.) e entrevista de traballo individual. Tras a simulación recibirase feedback individualizado por parte das entrevistadoras para fortalecer os  puntos fortes e definir un plan de acción das áreas de mellora. 
.

Lugar e Horario


Comezará ás 9.00 horas na sala de prensa do Concello (Praza de Galicia, nº 1) e rematará aproximadamente ás 14.00 horas.
 

Máis información:


Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín
Praza de Galicia, 1, planta baixa, 36500 Lalín, Pontevedra.

A través do TELÉFONO: 986787060.
A través do EMAIL: integrado@lalin.gal


Esta actividade forma parte da iniciativa municipal "Lalín Emprende Xove" 2015-2016, polo que se dirixe exclusivamente a aquelas persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.


O Último