Data: 19-04-2017 Posto: DEPENDENTE/A Lugar: Lalín. Descrición: Sanxiao Export SL precisa dependente/a para tenda de telefonía móbil e ...

Data: 19-04-2017
Posto: DEPENDENTE/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Sanxiao Export SL precisa dependente/a para tenda de telefonía móbil e fixa en Lalín. Realizará as seguintes funcións principais: asesoramento, atención e venda especializada de produtos da compañía. Traballo a xornada completa.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Persoa dinámica, con don de xentes, acostumada a traballar en equipo e na consecución de obxectivos. Valorarase experiencia no sector e en vendas. Posto estable e ben remunerado con plan de incentivos por obxectivos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 19-04-2017
Posto: CHÓFER DE TRÁILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase chófer para tráiler
Requisitos: Con experiencia a nivel nacional. Imprescindible achegar referencias.
Publicada/Xestionada: Particular (Sagrario):☎ 659582002.

Data: 18-04-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Bar do Pepe precisa camareiro/a. Quenda de tarde (de 15:00 a 24:00 horas).
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Persoa con ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Bar do Pepe (Avda. dos Olmos núm. 17, Donramiro - 36500 Lalín - Pontevedra). ☎ 986792221. Interesados/as pasar polo local ou inscribirse en Infojobs.

Data: 17-04-2017
Posto: CHÓFER CON FURGONETA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase chófer con furgoneta pequena para realizar repartos por Lalín.
Requisitos: Preferiblemente persoas de mediana idade e con coñecementos de novas tecnoloxías.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 16-04-2017
Posto: TRACTORISTA
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Precísase tractorista para campaña.
Requisitos: Demostrar experiencia con tractores en traballos de arar, aboar con cisterna e sementar millo. Valorase experiencia con tractor fendt. Incorporacion inmediata. Preferiblemente persoas da comarca do deza ou cercanías.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.





Data: 19-04-2017
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase repartidor/a a media xornada para domingos e cubrir vacacións.
Requisitos: Preferible persoa maior de 30 anos. Carné de conducir e coche propio.
Publicada/Xestionada: Particular (Alex): ☎ 685548042.

Data: 19-04-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Debibián Café-Bar precisa camareiro/a.
Requisitos: Con dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Debibián Café-Bar (Rúa República Arxentina nº 11, Silleda-Pontevedra): ☎ 986581792. Interesados/as enviar curriculum ao email: debibian.cafebar@gmail.com.

Data: 19-04-2017
Posto: TORNEIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase torneiro/a. Incorporación en xuño aproximadamente. Contrato por un ano.
Requisitos: Con experiencia, ou formacion en mecanizado. Persoa preferiblemente menor de 30 anos, aínda que non é descartable a idade.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 17-04-2017
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase axudante de cociña para empresa de hostelería.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 17-04-2017
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN CON PLATAFORMA ELEVADORA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase condutor/a para camión con plataforma elevadora. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Permiso de conducir C+E, experiencia mínima dun ano e curso de manipulador/a de alimentos. Dispoñibilidade para traballar por Galicia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 17-04-2017
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN ARTICULADO
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase condutor/a de camión articulado. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Permiso de conducir C+E e experiencia mínima dun ano. Dispoñibilidade para traballar en rutas nacionais.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 17-04-2017
Posto: OFICIAL SOLDADOR/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase oficial soldador/a.
Requisitos: Con ampla experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.





Data: 18-04-2017 
Posto: APRENDIZ DE REPARACIÓN DE CALDEIRAS
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición:  Precísase aprendiz de reparación de caldeiras para a zona de Santiago. Contrato de formación ou aprendizaxe.
Requisitos: Non necesaria titulación. Residencia en Santiago ou arredores. Preferiblemente persoa menor de 30 anos. Non se require experiencia previa no posto.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

O Concello de Lalín contratará a 37 traballadores/as a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra. O proceso de se...


O Concello de Lalín contratará a 37 traballadores/as a través do Plan Concellos da Deputación Provincial de Pontevedra. O proceso de selección, de acceso libre, comezará en breve. As contratacións, a xornada completa, terán unha duración de 7 meses, desde o día da contratación (previsiblemente en xuño) até o 31 de decembro de 2017.

Inscrición no proceso


As prazas convocadas pertencen a sectores, funcións ou categorías profesionais prioritarias e indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal e social municipal. As persoas interesadas en acceder a estes postos deben inscribirse na oficina de emprego (Servizo Público de Emprego de Galicia. Av. Buenos Aires nº 45 baixo) nos códigos e ocupacións que o Concello solicita:


A preselección de candidatos/as e a elaboración de listados por ocupación, corresponderá á oficina de emprego. A selección definitiva, de entre as persoas remitidas pola Servizo Público de Emprego, pertencerá ao Concello, de conformidade coa normativa reguladora do proceso e os criterios de preferencia que por esta orde se establecen:

1. Vítimas de violencia de xénero.
2. Candidatos/as maiores de 45 anos.
3. Candidatos/as que formen unha familia monoparental con fillos/as ao seu cargo.
4. Candidatos/as con niveis de renda máis baixa.
5. Candidatos/as con cargas familiares.


Requisitos para acceder


Para participar hai que figurar nos listados de preseleccionados/as que elabore a oficina de emprego e cumprir os requisitos que establecerán as bases de contratación temporal redactadas polo Concello (pendentes de publicarse). En todo caso, haberá que ser demandante de emprego non ocupado/a, é dicir, estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia (con ámbito de busca de emprego no municipio), e estar dispoñible para o emprego.


Formación, práctica profesional e emprego local


As contratacións favorecerán a formación e práctica profesional das persoas desempregadas que se van contratar e responden a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das funcións ou o desempeño das competencias municipais en termos razoables de eficacia tendo en conta a crise económica.

O proceso selectivo ofrecerá unha oportunidade laboral ás persoas desempregadas, principalmente as que contan con máis dificultades para acceder ao mercado de traballo, co que se avanzará no obxectivo de reducir as cifras do paro do municipio.


Máis información


O Inem recibe as solicitudes para as 37 prazas que oferta o Concello. Faro de Vigo (09.04.2017)
O Concello de Lalín contratará 37 traballadores/as a través do Plan Concellos da Deputación Provincial. Páxina web municipal (03.04.2017).

O Concello de Lalín selecciona unha praza de axente notificador/a - conserxe subtituto/a. A cobertura deste posto, de carácter temporal...


O Concello de Lalín selecciona unha praza de axente notificador/a - conserxe subtituto/a. A cobertura deste posto, de carácter temporal, prolongarase mentres dure a situación de incapacidade laboral temporal da persoa titular.


Requisitos para participar no proceso de selección


Para ser admitido/a á realización das probas selectivas desta praza as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español/a ou posuír a nacionalidade de calquera dos Estados membros da Unión Europea ou a dalgún dos Estados aos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as nos termos definidos no Tratado Constitutivo da Unión Europea, en virtude dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, todo elo nos termos do artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter cumpridos os 18 anos da idade, e non superar a idade máxima de xubilación.

c) Posuír o certificado de estudios primarios ou equivalente.

d) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira, non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

e) Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a do que estivese separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ó emprego público.

f) Non incorrer en causa de incapacidade ou incompatibilidade de acordo coa lexislación vixente.

g) Acreditar o coñecemento da lingua galega co obxecto de garantizar os dereitos constitucionais e lingüísticos das persoas usuarias do servizo de conformidade co artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e a Disposición Adicional 2ª, apartado 2, da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014.

Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os/as aspirantes no día de remate do prazo para a presentación de solicitudes e conservalos, ao menos, ata a data do seu nomeamento como funcionario/a interino/a, no seu caso.


Sistema de selección


A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición:

A fase de OPOSICIÓN consistirá na realización dunha proba teórica tipo test de 20 preguntas, un suposto práctico e unha proba de coñecemento da lingua galega, esta última só para aqueles/as aspirantes que non acrediten no prazo de presentación de instancias o seu coñecemento.

A fase de CONCURSO consistirá na valoración dos méritos alegados polos/as aspirantes de conformidade co baremo recollido nas bases da convocatoria.


Prazo de presentación de instancias


O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (07.04.2017).


Máis información


Bases de selección para o nomeamento como funcionario/a interino/a dun axente notificador/a-conserxe para o Concello de Lalín (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra -BOPPO- núm. 69 de 07.04.2017).

A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria 2017 do  Programa de incentivos á contratación por conta allea das pe...


A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria 2017 do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración.

Esta liña de axudas, dirixida aos/ás empregadores/as, ten como finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral do colectivo de desempregados/as de 45 anos ou máis atendendo á súa desvantaxe e dificultade particular para permanecer no mercado de traballo.


Entidades beneficiarias das axudas


Empresas, calquera que sexa a forma xurídica, incluídos autónomos/as, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, sermpre que contraten por conta allea  a persoas traballadoras desempregadas de longa duración, para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.


Desempregados/as obxecto de formalización de contratos


Persoas desempregadas paradas de longa duración de 45 ou máis anos de idade, que na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social estean sen traballo e acrediten un período de inscrición como desempregadas no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación.


Incentivos


Incentivos á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL de persoas desempregadas paradas de longa duración. Serán subvencionables as contratacións indefinidas iniciais realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

A contía mínima do incentivo é de 10.000 euros.


Prazo de presentación de solicitudes


O prazo xeral para a presentación das solicitudes iníciase o 07.04.2017 e remata o 30.09.2017.

As solicitudes polas contratacións subvencionables realizadas entre  entre o 01.10.2016 e a data da publicación da orde (06.04.2017) deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.


Tombel Electra SL abre as inscricións para realizar en Lalín o Curso de Instalador/a de Telecomunicacións FTTH I+M . Este curso ten como...


Tombel Electra SL abre as inscricións para realizar en Lalín o Curso de Instalador/a de Telecomunicacións FTTH I+M. Este curso ten como obxectivo formar persoal cualificado para realizar instalacións de fibra óptica: instalador/a de I+M e empalmadores/as-fusionadores/as de fibra óptica FTTH.

A entidade inicia a creación do grupo que recibirá esta formación. A iniciativa está vinculada á tecnoloxía informática e aos nos novos hábitos sociais de comunicación.


Selección de participantes e número de prazas


O curso consta de 20 prazas que serán seleccionadas entre as persoas solicitantes mediante un test de acceso que valora formación e experiencia na rama da electricidade e a informática.


Contidos da formación


A formación céntrase en comprender e coñecer o material co que se desempeñará a actividade, así como o trato ao/á cliente e os consellos que se deben proporcionar para o bo desenvolvemento profesional e da empresa.

Os contidos, teóricos e prácticos, son os seguintes:

- Que é a fibra óptica?
- Infraestruturas comúns de telecomunicacións ICT.
- Caixas de terminal óptica.
- Material e equipo necesario para facer o traballo.
- Como realizar unha alta de aboado/a.
- Dificultades, problemas e solucións.
- Portais de axuda ao técnico/a.
- Vocabulario específico.

Ademais, a curso inclúe a formación en prevención de riscos laborais: nivel básico de prevención de riscos laborais (Recurso Preventivo), prevención e protección fronte ao risco eléctrico, prevención en traballo de altura e específico do posto de traballo.


Prezo do curso


O curso ten un custo para os/as participantes. A información do prezo e as modalidades de pago deben ser consultadas directamente á entidade a través dos medios que se detallan non apartado "Máis información".


Máis información


Tombel Electra SL. Teléfonos: 616 517 780 - 915 006 864. Email: info@tombel.es - benigno@grupoipfinanzas.com.

Data: 07-04-2017 Posto: AXENTE NOTIFICADOR/A-CONSERXE Lugar: Concello de Lalín (Pontevedra). Descrición: Selección dunha praza de axent...

Data: 07-04-2017
Posto: AXENTE NOTIFICADOR/A-CONSERXE
Lugar: Concello de Lalín (Pontevedra).
Descrición: Selección dunha praza de axente notificador/a-conserxe para a prestación de servizos, en réxime de interinidade, na cobertura dunha necesidade temporal até a incorporación da persoa titular do posto.
Sistema de selección: Concurso-Oposición.
Prazo de solicitude: 10 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (07.04.2017).





Data: 06-04-2017
Posto: AUXILIAR DA POLICÍA LOCAL (2 prazas)
Lugar: Concello de Bergondo (A Coruña).
Descrición: Selección de 2 prazas de auxiliar da policía local para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal, durante 4 meses.
Sistema de selección: Oposición.
Prazo de solicitude: 5 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (06.04.2017).

Data: 06-04-2017
Posto: AUXILIAR DA POLICÍA LOCAL (3 prazas)
Lugar: Concello de Moaña (Pontevedra).
Descrición: Selección de 3 prazas de auxiliar da policía local para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal.
Sistema de selección: Oposición. Consultar: Bases.
Prazo de solicitude: 10 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (06.04.2017).

Data: 06-04-2017
Posto: AUXILIAR DA POLICÍA LOCAL (8 prazas)
Lugar: Concello de Bueu (Pontevedra).
Descrición: Selección de 8 prazas de auxiliar da policía local para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal.
Sistema de selección: Oposición. Consultar: Bases.
Prazo de solicitude: 5 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (06.04.2017).

Data: 06-04-2017
Posto: TRABALLADOR/A SOCIAL
Lugar: Concello de Baiona (Pontevedra).
Descrición: Selección dunha praza de traballador/a social para a prestación de servizos, en réxime de interinidade a tempo parcial, nos Servizos Sociais municipais.
Sistema de selección: Concurso-Oposición. Consultar: Bases.
Prazo de solicitude: 5 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (06.04.2017).

Data: 05-04-2017
Posto: TÉCNICO/A DE PROXECTOS MUNICIPAIS
Lugar: Concello de Bande (Ourense).
Descrición: Selección dunha praza de técnico/a de proxectos municipais para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal, no estudo, elaboración e xestión de proxectos municipais, en especial europeos.
Sistema de selección: Concurso de méritos. Consultar: Bases.
Prazo de solicitude: 8 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (pendente de publicación).

Data: 05-04-2017
Posto: PROMOTOR/A DO PATRIMONIO MUNICIPAL
Lugar: Concello de Bande (Ourense).
Descrición: Selección dunha praza de promotor/a do patrimonio municipal para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal, na posta en marcha de actividades de promoción do patrimonio municipal.
Sistema de selección: Concurso de méritos. Consultar: Bases.
Prazo de solicitude: 8 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (pendente de publicación).

Data: 05-04-2017
Posto: ARQUITECTO/A
Lugar: Concello de Sada (A Coruña).
Descrición: Selección dunha praza de arquitecto/a, para a prestación de servizos, como funcionario/a de carreira.
Sistema de selección: Oposición.
Prazo de solicitude: 20 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (pendente de publicación). Anuncio previo, bases reguladoras, no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (05.04.2017).

Data: 05-04-2017
Posto: AUXILIAR POLICÍA LOCAL
Lugar: Concello de Arzúa (A Coruña).
Descrición: Selección dunha praza de auxiliar de policía local, mediante contratación temporal, durante 6 meses.
Sistema de selección: Oposición. Consultar: Bases
Prazo de solicitude: 10 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (05.04.2017).

Data: 05-04-2017
Posto: TÉCNICO/A ESPECIALISTA EN XARDÍN DE INFANCIA (BOLSA DE TRABALLO)
Lugar: Concello do Barco de Valdeorras (Ourense).
Descrición: Selección para a formación dunha bolsa de traballo para a ocupación de técnico/a especialista en xardín de infancia para a Escola Infantil Municipal do Barco de Valdeorras para posibles coberturas temporais, sendo a vixencia da bolsa ata o 31.12.2018.
Prazo de solicitude: 7 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (05.04.2017).

Data: 04-04-2017
Posto: PEÓN/A DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS (BOLSA DE TRABALLO)
Lugar: Concello de Moeche (A Coruña).
Descrición: Creación dunha bolsa de traballo na categoría de peón/a de obras e servizos municipais para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal, na cobertura de necesidades temporais no departamento de obras municipal.
Sistema de selección: Concurso de méritos.
Prazo de solicitude: 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (04.04.2017).

Data: 04-04-2017
Posto: CONDUTOR/A OPERARIO/A (BOLSA DE TRABALLO)
Lugar: Concello de Moeche (A Coruña).
Descrición: Creación dunha bolsa de traballo na categoría de condutor/a operario/a para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal, na cobertura de necesidades temporais no departamento de obras municipal.
Sistema de selección: Concurso de méritos.
Prazo de solicitude: 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (04.04.2017).

Data: 04-04-2017
Posto: AUXILIAR DE INFORMACIÓN XUVENIL
Lugar: Concello de Calvos de Randín (Ourense).
Descrición: Selección dunha praza de auxiliar de información xuvenil para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal, durante 6 meses.
Sistema de selección: Concurso de méritos.
Prazo de solicitude: 3 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (04.04.2017).

Data: 04-04-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Concello de Calvos de Randín (Ourense).
Descrición: Selección dunha praza de administrativo/a para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal, durante 8 meses.
Sistema de selección: Concurso de méritos.
Prazo de solicitude: 3 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (04.04.2017).

Data: 04-04-2017
Posto: CONDUTOR/A DE TRACTOR
Lugar: Concello de Calvos de Randín (Ourense).
Descrición: Selección dunha praza de condutor/a de tractor para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal, durante 6 meses.
Sistema de selección: Concurso de méritos.
Prazo de solicitude: 3 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (04.04.2017).

Data: 04-04-2017
Posto: AUXILIAR DE TURISMO
Lugar: Concello do Grove (Pontevedra).
Descrición: Selección dunha praza de auxiliar de turismo para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal.
Sistema de selección: Concurso-Oposición. Consultar: Bases.
Prazo de solicitude: 10 días hábiles desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (04.04.2017).

Data: 01-04-2017
Posto: TRABALLADOR/A SOCIAL
Lugar: Concello de Ribeira de Piquín (Lugo).
Descrición: Selección dunha praza de traballador/a social para a prestación de servizos, mediante contratación laboral temporal, durante 6 meses.
Sistema de selección: Concurso-Oposición. Consultar: Bases.
Prazo de solicitude: 10 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (01.04.2017).

Data: 11-04-2017 Posto: AXUDANTE DE COCIÑA Lugar: Lalín. Descrición: Precísase axudante de cociña. Traballo a quendas. Requisitos: Es...

Data: 11-04-2017
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase axudante de cociña. Traballo a quendas.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Medio de Formación Profesional, Técnico/a Medio de Cociña e Gastronomía ou equivalente (rematado ou cursando). Non se require experiencia.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Axudante Cociña".

Data: 11-04-2017
Posto: ENQUISADOR/A (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse enquisadores/as para traballo de 3-4 semanas. As persoas seleccionadas realizarán enquisas nas granxas de vacas de leite aos propietarios/as destas explotacións. O traballo distribúese por zonas e os cuestionarios teñen unha duración de 50 minutos. Utilízanse as novas tecnoloxías (dispositivo portátil) para rexistrar os datos.
Requisitos: Persoa traballadora, con iniciativa, responsable e legal. É necesario que saiba desenvolverse pola zona: buscar as granxas e tratar coas persoas a enquisar. Requírese permiso de conducir e bo manexo das novas tecnoloxías.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Enquisador/a".

Data: 11-04-2017
Posto: CONDUTOR/A DE TRAILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a de camión (trailer) para ruta nacional.
Requisitos: Permiso de conducir C+E e CAP en vigor.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Condutor/a".

Data: 11-04-2017
Posto: DEPENDENTE/A 
Lugar: Lalín.
Descrición: Dicoba SL precisa dependente para establecemento de decoración e mobles. Contrato de 6 meses mínimo.
Requisitos: Persoa con coñecementos de interiorismo e decoración e con experiencia en atención ao/á cliente.
Publicada/Xestionada: Dicoba SL. Interesados/as enviar curriculum ao email: dicoba@dicoba.es.

Data: 11-04-2017
Posto: TELEOPERADOR/A DE VENDAS
Lugar: Lalín.
Descrición: Aerocámaras precisa teleoperador/a para xestión de chamadas de venda. Realizará a formación no posto do novo persoal. Traballo a xornada completa.
Requisitos: Con experiencia de polo menos 1 ano na atención de chamadas para venda. Con capacidade para formar persoal.
Publicada/Xestionada: Aerocámaras (Rúa F nº 9, 1E, Lalín - Pontevedra). ☎ 986781517 - 695265283. Interesados/as enviar curriculum vitae ao email: info@aerocamaras.es, indicando no asunto "Teleoperador/a".

Data: 10-04-2017
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase repartidor/a a media xornada.
Requisitos: Con carné C e CAP en vigor. Persoa con ganas de traballar, seria, responsable e con perfil comercial. Imprescindible residencia en Lalín ou arredores. Só persoas interesadas nun traballo a media xornada.
Publicada/Xestionada: Particular (Jose). Interesados/as contactar vía email.

Data: 08-04-2017
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Nexian ETT selecciona repartidor/a para importante empresa situada en Lalín.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Carné de conducir B e valorable C. Experiencia mínimo de 3 anos nun posto similar. Imprescindible vehículo propio pata acceder ao lugar do traballo. Dispoñibilidade e incorporación inmediata. Capacidade de traballo en equipo, de organización e decisión.
Publicada/Xestionada: NexianInfojobs.

Data: 08-04-2017
Posto: ASESOR/A AERONÁUTICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Aerocámaras precisa asesor/a aeronáutico/a.
Requisitos: Persoa que teña coñecementos e experiencia na aeronáutica para que poida desempeñar funcións de asesoramento. Estudos mínimos: Grao en enxeñaría aeroespacial, grao en enxeñaría de aeronavegación ou grao en enxeñaría en tecnoloxías aeroespaciais. Experiencia mínima de 1 ano. Dispoñibilidade para viaxar. Dinamismo, creatividade, compromiso e habilidade para as relacións interpersoais e o traballo en equipo.
Publicada/Xestionada: Aerocámaras (Rúa F nº 9, 1E, Lalín - Pontevedra). ☎ 986781517 - 695265283. Interesados/as enviar curriculum vitae ao email: info@aerocamaras.es, indicando no asunto "Asesor/a Aeronáutico/a"

Data: 06-04-2017
Posto: TÉCNICO/A AUXILIAR DE PRODUCIÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: Glassolutions Saint-Gobain, empresa de distribución e manufactura de vidro pertencente á multinacional francesa Saint-Gobain, selecciona para a súa fábrica de Lalín, La Veneciana SA, técnico/a auxiliar de produción para dar soporte ao departamento de planificación e á oficina técnica a fin de preparar os pedidos e realizar o seguimento diario dos mesmos. As súas funcións principais serán: realización mediante o software CAD de documentos técnicos e planos necesarios para o proceso de fabricación; preparación dos parámetros produtivos en aspectos vinculados á produción en CN, así como o seu seguimento durante a fabricación; seguimento dos pedidos en curso nas diferentes fases produtivas para verificar que o proceso é conforme cos requisitos de calidade esixidos; control e seguimento de producións unitarias.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Superior ou Enxeñería Técnica. Experiencia mínima non requirida. Coñecementos necesarios de AutoCad. Dominio de ferramentas ofimáticas. Idioma inglés.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 06-04-2017
Posto: DEPENDENTE/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Sismato SL precisa dependente/a para tenda multimarca.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Superior - Téxtil, Confección e Pel. Experiencia mínima de polo menos 1 ano en posto similar. Persoa moza, con bo aspecto, don de xentes e bo trato de cara ao público.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 05-04-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase cociñeiro/a para empresa dedicada á elaboración de pratos precociñados (liña de produción, catering). Xornada de luns a venres en horario continuo.
Requisitos: Con experiencia mínima de 3 anos.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Cociñeiro/a".

Data: 05-04-2017
Posto: PEITEADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase peiteador/a.
Requisitos: Con experiencia demostrable. Formación en maquillaxe, barbería e estética. Persoa de carácter proactivo e con iniciativa dentro das competencias que lle sexan asignadas.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 04-04-2017
Posto: CHÓFER DE TRÁILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase chófer para tráiler.
Requisitos: Con experiencia a nivel nacional. Imprescindible achegar referencias.
Publicada/Xestionada:  Particular (Sagrario): ☎ 659582002.

Data: 03-04-2017
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase peón/a para gandería de leite.
Publicada/Xestionada: Particular (Mari): ☎ 690669555.

Data: 03-04-2017
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase peón/a para realizar tarefas en granxa de leite.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Cruz): ☎ 690669556.

Data: 03-04-2017
Posto: AXENTE DE SEGUROS (5 vacantes)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Ocaso S.A. selecciona axentes de seguros exclusivos para a provincia Pontevedra. Oficinas nas localidades de: Lalín, Cambados, Cangas do Morrazo, Pontevedra, Ponteareas, Tui, Vigo, Vilagarcía de Arousa. As funcións a desenvolver serán: procura e captación de clientes, análise de mercado para a distribución dos produtos da Compañía; asesoramento e venda de toda a carteira de produtos da Compañía; xestión das Campañas comerciais que poña en marcha a Compañía; creación de novas liñas de negocio; seguimento da carteira de clientes. Ofrécese: desenvolver unha brillante carreira profesional pondo todos os medios, ferramentas e coñecementos necesarios con permanente Apoio en Formación. Ofrécese: formar parte dun dos primeiros grupos aseguradores españois con oficinas en todo o territorio nacional; apoio no desenvolvemento de negocio e explotación de carteira de clientes; óptimas condicións económicas; contrato mercantil; apoio na captación de clientes, formación en técnicas de venda, accións de mercadotecnia...
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima non requirida. Ambición profesional e persoal. Actitude comercial e aptitude para querer desenvolverse no mundo dos negocios. Carácter emprendedor con clara vocación comercial. Dotes de organización, dirección e traballo en equipo. Valorarase formación media-superior. Valorarase permiso de conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 03-04-2017
Posto: COMERCIAL DE TELEFONÍA
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Multinacional de servizos de selección, formación e/ou contratación de equipos comerciais e de mercadotecnia, selecciona comercial de telefonía. Traballo no sector residencial e na modalidade de traballo é a porta fría. Horario de 40 horas semanais de luns a venres. Salario bruto/mes 900 euros + comisións, móbil de empresa, combustible. Posibilidades de promoción en campaña comercial. Contrato laboral por conta allea.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Imprescindible residente na provincia. Coñecementos: campaña comercial, telecomunicacións, venda a porta fría, vendas.
Requisitos: Imprescindible experiencia no sector das telecomunicacións. Imprescindible coche propio. Experiencia en porta fría. Capacidade de auto xestión. Don de xentes e boa presenza. Coñecemento de ofimática.
Publicada/Xestionada: Infojobs.





Data: 11-04-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase camareiro/a para restaurante. Traballo a quendas.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Camareiro/a".

Data: 11-04-2017
Posto: COCIÑEIRO/A OU AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Silleda.
Descrición: Restaurante A Carballeira do Chousiño precisa cociñeiro/a ou axudante de cociña.
Requisitos: Preferiblemente con experiencia.
Publicada/Xestionada: Restaurante A Carballeira do Chousiño (Jose): ☎ 663854433.

Data: 08-04-2017
Posto: AXENTE COMERCIAL
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase axente comercial para importante empresa da zona do Deza. Realizará tarefas de prospección de clientes e venda de mobiliario e artigos de descanso.
Requisitos: Carné B1. Don de xentes. Facilidade de aprendizaxe e traballo en equipo. Dispoñibilidade horaria. Valorable experiencia en vendas e/ou atención ao público.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017A32.

Data: 05-04-2017
Posto: TORNEIRO/A-FRESADOR/A (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase torneiro/a-fresador/a. Xornada completa de luns a venres, de 9.00-13.00h e de 15.00-19.00h. Contrato inicialmente dun ano e posteriormente indefinido. Bipedestación prolongada e manipulación de pesos relativos puntualmente.
Requisitos: Preferiblemente formación relacionada co posto (formación profesional da familia profesional de fabricación mecánica) ou experiencia. Imprescindible estar en posesión do Certificado de Discapacidade ou Incapacidade. Persoa minuciosa, rigurosa, responsable, que segue os procedementos establecidos, capacidade de traballar con calidade e exactitude.
Publicada/Xestionada: COGAMI (Mónica). Interesados/as enviar curriculum ao email: silpontevedra@cogami.es (Ref: Torneiro/a).

Data: 03-04-2017
Posto: ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
Lugar: Silleda.
Descrición: Adecco Outsourcing selecciona acompañante de transporte escolar para a zona de Silleda. Precísase unha persoa para facer substitucións no servizo. Contrato laboral a tempo parcial.
Requisitos: Dispoñibilidade horaria. Imprescindible certificado de delitos de natureza sexual (segundo Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil.). Residencia en Silleda ou arredores.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 03-04-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase camareiro/a. Incorporación a xornada completa en horario intensivo de mañá ou de tarde.
Requisitos: Experiencia mínima dun ano. Valorable estar en posesión do carné de manipulador/a de alimentos.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017A31.

Data: 03-04-2017
Posto: DEPENDENTE/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase dependente/a.
Requisitos: Con experiencia en venda e atención ao/á cliente.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.





Data: 11-04-2017 
Posto: COSTUREIRO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Ulla Soluciones Eventos precisa costureiro/a para a realización de pezas de mantelería e lonas. Pago por horas.
Requisitos: Persoa con experiencia en costura.
Publicada/Xestionada: Ulla Soluciones Eventos. ☎ 685951024. Interesados/as contactar no teléfono ou vía mail: info@useventos.com.

Data: 10-04-2017 
Posto: EMPREGADO/A DO FOGAR
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase persoa para atender labores domésticas e atención de persoa maior en casa de aldea na Estrada.
Requisitos: Preferiblemente en posesión carné de conducir.
Publicada/Xestionada: Particular (Cristina): ☎ 606052719.

Data: 10-04-2017 
Posto: EMPREGADO/A DE SERVIZOS FUNERARIOS
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase empregado/a de servizos funerarios.
Requisitos: Valorarase curso de tanatopraxia e coñecementos básicos de ofimática.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 07-04-2017 
Posto: MECÁNICO/A - AXUSTADOR/A DO AUTOMÓBIL
Lugar: Vilamarín (Ourense).
Descrición: Precísase mecánico/a - axustador/a do automóbil (oficial de 2ª). Contrato a xornada parcial.
Requisitos: Con 60 meses de experiencia como mínimo.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante ☎ 012.

Data: 06-04-2017 
Posto: CAMAREIRO/A DE PISO
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona persoal para limpeza de habitacións e zonas comúns, tanto para Ourense cidade como poboacións próximas, e para distintos centros, con dispoñibilidade para días soltos.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 06-04-2017 
Posto: PSICÓLOGO/A OU PSICOPEDAGOGO/A
Lugar: Bertamiráns, Ames (A Coruña).
Descrición: Casiopea, centro de estimulación temperá, precisa psicologo/a ou psicopedagogo/a para orientación educativa ou clínica.
Requisitos: Con experiencia con nenos/as. Persoa empática, predisposta. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Casiopea (Praza Mahía nº 106, 15220 Bertamiráns, Ames - A Coruña) (Marina Tubío Campos): ☎ 653738818.

Data: 06-04-2017 
Posto: OPERARIO/A DE CARPINTERÍA DE ALUMINIO
Lugar: Taboada (Lugo).
Descrición: Precísase operario/a de carpintería de aluminio.
Requisitos: Persoa responsable, con ganas de traballar, con experiencia minima de 1 ano como soldador/a ou traballador/a de aluminio.
Publicada/Xestionada: Particular (Manuel Nieto Ramos). ☎ 615644253 - 982455013.

Data: 06-04-2017 
Posto: CONDUTOR/A - REPARTIDOR/A (varias vacantes)
Lugar: Pazos de Borbén (Pontevedra).
Descrición: Grupo Pereira selecciona condutores/as-repartidores/as para os próximos 6 meses. Xerarán unha base de datos de potenciais candidaturas para incorporalas ao grupo, unha extensa rede de distribución para a venda e de produtos alimenticios conxelados en toda Galicia, especializada na subministración á canle Horeca, así como a institucións públicas e privadas como hospitais, colexios, residencias de terceira idade e servizos de catering.
Requisitos: Imprescindible carné C + CAP. Con experiencia en condución e repartición. Valorarase experiencia anterior como condutor/a-repartidor/a, especialmente no sector alimenticio, produto conxelado. Con habilidades comerciais para que o/a cliente se sinta ben atendido/a. Coñecemento da área xeográfica. Dispoñibilidade horaria e flexibilidade para axustarse ás necesidades da produción e reparticións. Con especial coidado cos produtos para que nunca se perda a cadea de frío e cheguen ao/á cliente en óptimas condicións.
Publicada/Xestionada: Grupo Pereira.

Data: 05-04-2017 
Posto: TÉCNICO/A DE RECURSOS HUMANOS
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Randstad selecciona  Técnico/a de Recursos Humanos para unha empresa do sector da automoción situada na provincia de Pontevedra. A parte de orientarse á selección de persoal, implicarase noutras áreas do departamento tales como: xestión de nóminas, control/xestión xeral de todo o persoal (todo tipo de incidencias, absentismo etc...).
Requisitos: Experiencia mínima de 2 anos. Formación en relacións laborais, empresariais, psicoloxía ou similar. Ampla experiencia demostrada en selección de persoal. Nivel alto de inglés (a parte do inglés valoraranse outros idiomas). Domicilio na zona de Pontevedra ou arredores. Persoa proactiva, dinámica, resolutiva e con iniciativa. Coñecementos informáticos. Coñecementos de xestión de nóminas, contratos e seguros sociais.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 05-04-2017 
Posto: TÉCNICO/A DE ESTÉTICA
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase técnico/a de estética para recepción, xestión de axenda e atención ao paciente/cliente, cabina de estética: tratamentos faciais e corporais con e sen aparatoloxía. Combinación de tratamentos para potenciar resultados. asesoramento e venda de produtos cosméticos.
Requisitos: Técnico/a superior en estética con experiencia mínima de 5 anos no sector da estética (non uñas nin pestanas). Experiencia en tratamentos faciais e corporais con e sen aparatoloxía (radiofrecuencia, cavitación, diatermia...). Experiencia en masaxe de drenaxe linfático manual. Con moitas ganas de aprender. Boa presenza e saber estar. Habilidades comunicativas e perfil comercial. Persoa alegre, proactiva.
Publicada/Xestionada: Particular (María Regueiro): ☎ 630791798.

Data: 05-04-2017 
Posto: CAMAREIRO/A DE BARRA
Lugar: Lugo.
Descrición: Randstad selecciona camareiro/a de barra para importante restaurante en Lugo. Horario de mañá de 8:30 a 16:00 horas.
Requisitos: Valorable experiencia previa no sector.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 05-04-2017 
Posto: OPERARIO/A-CARRETILLEIRO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Manpower selecciona operario/a-carretilleiro/a de gran tonelaxe para empresa do sector auxiliar do moble.
Requisitos: Experiencia en produción e/ou experiencia con carretilla de gran tonelaxe, posto similar. Formación mínima de Bacharelato ou Ciclo Medio. Dispoñibilidade para traballar a quendas de mañá, tarde e noite.
Publicada/Xestionada: Manpower.

Data: 04-04-2017 
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase axudante de cociña a xornada completa. Soldo a convir.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Gabriel): ☎ 687422141.

Data: 04-04-2017 
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase cociñeiro/a a xornada completa. Soldo a convir.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Gabriel): ☎ 687422141.

Data: 04-04-2017 
Posto: DESEÑADOR/A WEB
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase deseñador/a web a xornada completa.
Requisitos: Dominio de deseño web a través de CMS's como Wordpress e Prestashop. Experiencia demostrable. Valóranse coñecementos en deseño gráfico, multimedia e redes sociais.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 03-04-2017 
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Precísase cociñeiro/a.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Vanessa Cascudo Abuín): ☎ 606570115.

Data: 02-04-2017 
Posto: ELECTRICISTA CON ESPECIALIDADE EN ELECTRÓNICA/INFORMÁTICA
Lugar: Ourense.
Descrición: GSSI Security Systems, S.L. precisa electricista especializado/a en electrónica ou informática.
Requisitos: Título de formación profesional na rama de electricidade con especialización na rama de electrónica ou informática. Experiencia mínima de 1 ano. Carné de conducir e dispoñibilidade para viaxar. Curso de prevención de riscos laborais e de plataformas elevadoras.
Publicada/Xestionada: GSSI Security Systems, S.L. ☎ 988530217 - 988270253.

A Lanzadeira de Emprego de Lalín botará a andar nas vindeiras datas. Trátase dun proxecto experimental impulsado pola Fundación Santa Ma...


A Lanzadeira de Emprego de Lalín botará a andar nas vindeiras datas. Trátase dun proxecto experimental impulsado pola Fundación Santa María a Real, a Fundación Telefónica e a Xunta de Galicia.

O convenio de colaboración subscrito por estas entidades coa administración autonómica co cofinanciamento do Fondo Social Europeo impulsará este ano 7 novas lanzadeiras en toda Galicia. Ademais de Lalín haberá proxectos na Coruña, Carballo, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Santiago de Compostela.


Número de prazas e perfil dos/as participantes


A Lanzadeira de Lalín terá en total 20 prazas: 15 delas para mozos/as menores de 35 anos e 5 que poderán ser ocupadas por persoas de maior idade, ata os 59 anos.

Todas as persoas interesadas deberán estar en paro e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

Non se esixe ningún nivel formativo. Poderán participar persoas con estudos básicos; de Formación Profesional ou Bacharelato, así como diplomaturas, licenciaturas e graos universitarios.

A participación está aberta a persoas con traxectorias diversas, de áreas laborais diferentes, con ou sen experiencia; ou con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral. Perséguese que sexa un equipo o máis heteroxéneo posible para que os seus integrantes se axuden mutuamente para facer unha procura de traballo máis efectiva e produtiva.


Funcionamento da Lanzadeira


As 20 persoas que resulten seleccionadas para formar parte da lanzadeira, reuniranse varios días á semana durante un período de cinco meses. Contarán coa axuda, orientación e acompañamento dun técnico/a especializado/a, que guiará un calendario de actividades para mellorar a súa empregabilidade: sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas; elaboración de mapas de empregabilidade, visitas a empresas e encontros con responsables de Recursos Humanos co obxectivo de conseguir a plena inserción dos/as participantes.


Prazo de inscrición


As persoas interesadas en participar poden inscribirse desde o 23 de marzo ata o 20 de abril.
Poderán facelo online ou de forma presencial:

Online: Directamente a través da web de Lanzadeiras de Emprego.
De forma presencial: Solicitando e presentando o formulario na Oficina de Emprego da Xunta de Galicia (Av. de Buenos Aires nº 45, Lalín) en horario de atención de 9.00 a 14.00 horas ou a través da Axente de Emprego de Desenvolvemento Local do Concello de Lalín (Praza de Galicia nº 1, Lalín) en horario de atención de 8.00 a 15.00 horas.


Máis información


Oficina de Emprego da Xunta de Galicia en Lalín: Tlf. 886151246.
Axente de Emprego de Desenvolvemento Local do Concello de Lalín: Tlf. 986787060 extensión 2070 (Beatriz Otero).
Proxecto Lanzadeiras: Tlf. 915221262. info@lanzaderasdeempleo.es.
Lalín contará cunha Lanzadeira de Emprego.


O Último