Data: 10-02-2017 Posto: CAMAREIRO/A Lugar: Lalín. Descrición: Establecemento hostaleiro precisa camareiro/a para traballar tanto en co...

Ofertas de Emprego (Febreiro 2017) 1ª

Data: 10-02-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Establecemento hostaleiro precisa camareiro/a para traballar tanto en comedor como en barra. Ofrécese contrato laboral a xornada completa e incorporación inmediata.
Requisitos: Con ou sen experiencia.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 10-02-2017
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Lalín.
Descrición: Establecemento hostaleiro precisa axudante de cociña para apoio na elaboración de comidas e ceas. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Con ampla experiencia demostrable.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 10-02-2017
Posto: DOCENTE DE LINGUA INGLESA
Lugar: Lalín.
Descrición: Centro de ensino de Lalín precisa docente de lingua inglesa para dar clases de diferentes niveis (desde infantil ata adultos/as) e tamén para a preparación de exames oficiais (Trinity, Cambridge). Traballo a tempo parcial. Ofrécese contrato laboral en xornada de tarde.
Requisitos: Formación de Licenciatura en Filoloxía Inglesa ou Tradución, Diplomatura de Mestre en Lingua Estranxeira ou tamén persoas nativas con estudos en idiomas.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 09-02-2017
Posto: PERRUQUEIRO/A
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Precísase perruqueiro/a para Lalín e Melide.
Requisitos: Preferiblemente menor de 30 anos. Experiencia mínima de 1 ano na profesión. Formación non necesaria.
Publicada/Xestionada: Particular (Ana). Interesados/as contactar vía email.

Data: 09-02-2017
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Serviauto precisa auxiliar administrativo/a para traballo en oficina a media xornada (preferiblemente de mañá). As funcións a desempeñar serán: facturación, redes sociais, renting, atención ao cliente, venda, movi.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio en Administración. Experiencia mínima de polo menos 1 ano.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 08-02-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa dedicada á elaboración de pratos precocinados precisa cociñeiro/a para liña de produción - catering. Xornada de luns a venres en horario continuo.
Requisitos: Experiencia mínima de 3 anos.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 08-02-2017
Posto: RECEPCIONISTA DE CLÍNICA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase recepcionista de clínica. As funcións a realizar serán: atención aos/ás pacientes; labores administrativas; axendas. Ofrécese contrato laboral estable a xornada partida.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio en Administración. Experiencia mínima de polo menos 2 anos como administrativo/a e en atención ao público. Imprescindible residente en provincia.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 08-02-2017
Posto: ELECTRICISTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa instaladora precisa electricista para obra.
Publicada/Xestionada: Particular (Oscar): ☎ 646475385 (chamar ou contactar vía Whatsapp).

Data: 08-02-2017
Posto: ESTETICISTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Perfumería Hortensia precisa esteticista cualificada para centro de beleza. Ofrécese posibilidade de promoción dentro da empresa.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Superior - Imaxe Persoal. Con experiencia en salón de beleza de polo menos 2 anos. Valorarase experiencia na venda de cosméticos, maquillaxe, depilación láser, tratamentos faciais, aparatoloxía estética: radiofrecuencia, endermologie, ultrasonidos, electroestimulación, solarium, etc Persoa dinámica, estable, seria no traballo e adaptable aos horarios da perfumería e salón.
Publicada/Xestionada: Hortensia Rielo S.L. (Perfumería Hortensia -Hortensia Rielo Sánchez-, Rúa Xoaquín Loriga nº 21 - Lalín): ☎ 986783957. Interesados/as enviar curriculum ao email: info@perfumeriahortensia.com ou inscribirse no portal de emprego Infojobs.

Data: 08-02-2017
Posto: LIMPADOR/A (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Lalín.
Descrición: Inserta Empleo precisa limpador/a para limpeza de cristais en local comercial (axencia de viaxes), limpeza interior, mobiliario, chans e superficies, recollida de lixo, baleirado de papeleiras e recambio de bolsas limpas. Xornada de mañá de até 20 horas. Contrato temporal de fomento de emprego para persoas con discapacidade.
Requisitos: Non se require experiencia laboral. Persoa con discapacidade.
Publicada/Xestionada: Por Talento.

Data: 06-02-2017
Posto: PROFESOR/A DE INGLÉS (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Bridges School - Marga Gallego Fernández precisa profesor/a de inglés para impartir clases a diversos niveis, preparando exames oficiais (Trinity, Cambridge...). Xornada practicamente de tarde na súa totalidade ou a media xornada ou por horas.
Requisitos: Formación Diplomado/a - Mestre/a: Especialidade de Linguas Estranxeiras (Filoloxía Inglesa ou Tradución, tamén nativos/as con estudos en linguas). Experiencia mínima non requirida.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 06-02-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse camareiro/a para café-bar.
Publicada/Xestionada: Particular (Rosangela). ☎ 647247957.

Data: 06-02-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse cociñeiro/a. Incorporación inmediata.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Tito). ☎ 648048517.

Data: 03-02-2017
Posto: COMERCIAL CURSOS
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Precísanse comerciais para organizar cursos.
Publicada/Xestionada: Particular (Inés). ☎ 670727481.

Data: 02-02-2017
Posto: PROFESOR/A DE COCIÑA MODERNA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase profesor/a de cociña especializado nalgún tipo de cociña moderna: xaponesa, italiana, galega, de fusión para dar clases de cociña nun novo proxecto gastronómico.
Requisitos: Con formación regulada. Experiencia como formador/a de cociña ou profesionalmente recoñecido/a. Valórase formación de formador/a.
Publicada/Xestionada: Particular (Manuel). Interesados/as enviar curriculum ao email: lalin.hotel@gmail.com.

Data: 01-02-2017
Posto: ESPECIALISTA EN MARKETING ELECTRÓNICO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase especialista en marketing electrónico.
Requistos: Imprescindible formación e dominio da xestión de páxinas web e redes sociais. Valorarase a experiencia previa.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 01-02-2017
Posto: OPERARIO/A DE MONTAXE DE CUBERTAS E/OU SOLDADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a de montaxe de cubertas e/ou soldador/a. Ofrécese contrato laboral a xornada completa.
Requisitos: Imprescindible experiencia previa e dispoñibilidade para traballar en obras emprazadas por toda a comunidade galega, ademais de non ter problemas para realizar traballos en altura.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.





Data: 15-02-2017
Posto: RECEPCIONISTA (Urxente)
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase recepcionista con carácter urxente.
Requisitos: Con experiencia en hostalaría e viaxes para empresa da comarca. Dispoñibilidade horaria e dominio básico de inglés. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Valorable experiencia de seis meses en posto similar.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017F15.

Data: 14-02-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A (Urxente)
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Precísase administrativo/a para xestión de venda on-line, redes sociais, xestión de stocks.
Requisitos: Coñecemento informáticos, de redes sociais e de xestións de stocks. Boa atención ao público.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Administrativo/a".

Data: 12-02-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A - CONTABLE
Lugar: Silleda.
Descrición: Hotel Vía Argentum**** precisa administrativo/a contable.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Hotel Vía Argentum**** (Rúa Outeiro nº 52, Silleda-Pontevedra). Interesados/as enviar curriculum ao email: administracion@hotelviaargentum.com.

Data: 10-02-2017
Posto: MECÁNICO/A DE MAQUINARIA AGRÍCOLA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase mecánico/a de maquinaria agrícola para taller. Ofrécese contrato laboral a xornada completa.
Requisitos: Con formación e, preferentemente, con experiencia na reparación de tractores e maquinaria agrícola. Residencia na Comarca de Deza ou en zonas limítrofes (Chantada, Ulloa…).
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 10-02-2017
Posto: ENCARGADO/A DE MONTAXE DE CUBERTAS (Urxente)
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Empresa ubicada na Comarca de Deza precisa encargado/a de montaxe de cubertas ou oficial de primeira. Valoraranse candidaturas de albanel/a, carpinteiro/a de aluminio, carpinteiro/a metálico/a, soldador/a nos postos de encargado/a ou oficial de primeira.
Requisitos: Con ampla experiencia para realizar as funcións de encargado/a. Imprescindible que os candidatos/as teñan dispoñibilidade para traballar en obras situadas en toda a comunidade galega.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 10-02-2017
Posto: PEÓN/A FORESTAL
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase peón/a para traballos forestais.
Requisitos: Con experiencia, carné de conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Peón/a forestal".

Data: 09-02-2017
Posto: EMPREGADO/A DO FOGAR - COIDADOR/A
Lugar: Bandeira, Silleda.
Descrición: Precísase persoa para coidado de bebé e axuda en tarefas domésticas (non cociña). Traballo en quenda de mañá de luns a venres.
Requisitos: Preferiblemente moza ou señora nova. Con vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Particular (Carmen Villanueva): ☎ 635420249 (chamar en horario de 4 a 6 da tarde).

Data: 09-02-2017
Posto: PEÓN/A DE CONSTRUCIÓN
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase peón/a de construción.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos un ano en posto similar. Valorable curso de Prevención de Riscos Laborais e experiencia en manexo de maquinaria básica de construción. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017F13.

Data: 09-02-2017
Posto: ALBANEL/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase albanel/a para empresa de construción.
Requisitos: Experiencia mínima dun ano en posto similar. Valorable curso de Prevención de Riscos Laborais. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017F12.

Data: 03-02-2017
Posto: RESPONSABLE DE DESENVOLVEMENTO DE NOVOS PRODUTOS
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: EGA Consultores selecciona responsable de desenvolvemento de novos productos para importante empresa industrial situada na zona do Deza. En dependencia do xerente encargarase de levar a cabo, sobre todo no laboratorio químico da empresa, o desenvolvemento e mellora de produtos para satisfacer as necesidades do mercado: investigar a aplicación de novas materias primas e procesos de forma que se optimice o rendemento do produto; proporcionar a información necesaria para a elaboración de patentes; brindar apoio técnico á área de produción de forma que se mellore a calidade e eficiencia dos procesos e produtos; proporcionar apoio ás áreas de produción e control de calidade para a solución de incidencias de fabricación; axudar a alcanzar os obxectivos de mellora de procesos, seguridade e calidade da empresa; proporcionar soporte técnico a clientes e área de vendas baseado no coñecemento de produto e aplicación.
Requisitos: Estudos mínimos de enxeñería técnica. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos necesarios de laboratorio, mellora de procesos, patentes, materias primas. Experiencia de 1-2 anos en áreas de produción e/ou laboratorio. Formación universitaria en Enxeñaría Química ou Industrial. Nivel intermedio-alto de inglés, imprescindible. Persoa moi organizada e rigorosa, con boa capacidade para traballar en equipo e capaz de propor solucións innovadoras. Creativa, innovadora, proactiva e con alta capacidade de traballo.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 01-02-2017
Posto: ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A INDUSTRIAL
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Industria do sector do metal precisa enxeñeiro/a técnico/a superior industrial para levar o departamento de produción (coordinación do persoal do taller e planificación do traballo a realizar).
Requisitos: Imprescindible experiencia previa nun posto semellante no sector do metal.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.





Data: 15-02-2017
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Caldas de Reis (Pontevedra).
Descrición: Grupo Externa selecciona auxiliar administrativo/a para taller. As súas funcións serán: tarefas administrativas, facturación, control de stock e almacén.
Requisitos: Imprescindible experiencia previa en taller ou en almacén. Valorarase posuír coñecementos de mecánica e loxística.
Publicada/Xestionada: Grupo Externa.

Data: 15-02-2017
Posto: VENDEDOR/A DE TENDA - SECCIÓN DE ELECTRÓNICA E ELECTRODOMÉSTICOS
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Vegalsa Eroski precisa vendedor/a de sección de electrónica e electrodomésticos para establecemento en Santiago de Compostela. As responsabilidades serán: asesoramento a clientes, reposición e colocación dos produtos e presentación e imaxe correcta dos artigos, asegurando o bo estado dos mesmos e unha atención satisfactoria aos/ás clientes. Ofrécese formar parte dunha empresa estable e segura, coa oportunidade de crecer profesionalmente, plan de formación adecuado ás necesidades do posto de traballo, plan de carreira dentro do negocio, asesoramento e apoio de profesionais do sector nas tarefas diarias, paquete salarial composto de salario fixo e variable para postos de negocio, plan de vantaxes para empregados/as e sistema de retribución flexible.
Requisitos: Xente dinámica, entusiasta, optimista, que goce co traballo en equipo e a atención ao/á cliente, con flexibilidade horaria. Valorarase a experiencia previa no sector da electrónica e os electrodomésticos.
Publicada/Xestionada: Vegalsa Eroski.

Data: 15-02-2017
Posto: FRIGORISTA
Lugar: Marín (Pontevedra).
Descrición: Randstad selecciona frigorista para realizar pequenas reparacións e Pre-Trip ou autorrecoñecemento para comprobar o correcto funcionamento do colector.
Requisitos: Con experiencia en reparación de colectores frigoríficos. Formación de técnico/a de montaxe e mantemento de instalacións de frío e climatización. Preferentemente nivel medio de inglés.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 15-02-2017
Posto: DEPENDENTE/A DE COMERCIO
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase dependente/a para comercio de téxtil-moda para venda e atención ao público.
Requisitos: Don de xentes e boa disposición. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Experiencia mínima de seis meses en posto similar.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017F14.

Data: 15-02-2017
Posto: EDUCADOR/A INFANTIL
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase educador/a infantil para o que resta de curso.
Requisitos: Mestre de Infantil ou Técnico/a Superior Educación Intantil. Coñecementos de inglés.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 14-02-2017
Posto: ORIENTADOR/A LABORAL
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase orientador/a laboral. Traballo a media xornada en horario de mañá.
Requisitos: Titulación universitaria (licenciado/a, graduado/a ou diplomado/a en: Relacións Laborais, Administración e Dirección de Empresas, Traballo Social, Ciencias do Traballo, Psicopedagoxía, Psicoloxía). Experiencia, de polo menos un ano, no desenvolvemento de tarefas de orientación profesional e intermediación laboral (a través da subvención da Xunta de Galicia - IOBE): entrevistas de orientación laboral e profesional, especialmente con familias ou colectivos en risco de exclusión social; prospección empresiarial, para a inserción dos usuarios/as; xestión da información; seguimento de inserción.
Publicada/Xestionada: Emprego Galicia.

Data: 14-02-2017
Posto: FISIOTERAPEUTA
Lugar: Boiro (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona fisioterapeuta para clínica. As funcións serán ademais de atender e tratar a pacientes, encargarse da xestión da clínica: xestión de citas e axenda, atención telefónica, xestión administrativa,.... O horario de traballo será de 09:30 - 13:30 e de 16:00 -20:00 de luns a venres.
Requisitos: Formación Grao en Fisioterapia. Capacidade de traballo, empatía e don de xentes. Coñecementos informáticos a nivel usuario. Residencia en zona Barbanza. Valorable experiencia anterior como fisioterapeuta, coñecementos de osteopatía, tarapia manual e outras especialidades.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 14-02-2017
Posto: OPERARIO/A DE PRODUCIÓN (6 vacantes)
Lugar: Padrón (A Coruña).
Descrición: Finsa precisa 6 operarios/as de produción para as diferentes liñas de fabricación na planta de Padrón. A función principal a desempeñar será o control do proceso produtivo.
Requisitos: Formación Profesional Grao Superior. Experiencia mínima dun ano. Con dispoñibilidade para traballar en réxime de quenda de continuidade (quendas rotativas de luns a domingo). Valorarase a experiencia en traballo a quendas, formación e experiencia en carretilla elevadora. Coñecementos informáticos. Responsabilidade, traballo en equipo e colaboración.
Publicada/Xestionada: Finsa.

Data: 14-02-2017
Posto: CHAPISTA
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona chapista para importante empresa do sector da automoción da provincia de Ourense. Realizará as seguintes funcións: encartado de chapa; traballos con poliéster; repaso de soldaduras; labores de almacén, carga e descarga de mercadoría, etc. Traballo a xornada completa intensiva en quenda de mañá (de 06:00h a 14:00h) ou de tarde (de 14:00h a 22:00h), cos descansos que establece a lei.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado escolar. Coñecementos en soldadura, chapa e carpintaría metálica. Experiencia mínima demostrable como chapista ou soldador/a de chapa fina, realizando tarefas iguais ou similares ás ofertadas. Persoa áxil, dinámica e responsable. Dispoñibilidade de incorporación inmediata e para traballar a quendas. Valorable residencia próxima á zona de traballo.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 14-02-2017
Posto: TÉCNICO/A DE ESTUDOS E CONTRATACIÓN
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase técnico/a de estudos e contratación. Será o/a responsable da oficina técnica.
Requisitos: Enxeñeiro/a de Camiños.
Publicada/Xestionada: Fundación Laboral da Construción.

Data: 14-02-2017
Posto: OFICIAL DE MANTEMENTO
Lugar: Lugo.
Descrición: Grupo ISS selecciona oficial de mantemento. Realizará funcións de mantemento, albanelaría, pintura, electricidade e climatización.
Requisitos: FP II, Electricidade. 2 anos de experiencia en mantemento preventivo e correctivo de instalacións de climatización e electricidade. Carné Profesionais. Cursos específicos de mantemento..
Publicada/Xestionada: Grupo ISS.

Data: 14-02-2017
Posto: MECÁNICO/A DE TALLER
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Manpower selecciona mecánico/a de taller para diagnosticar, reparar, manter e pór a punto compoñentes mecánicos e electrónicos dos automóbiles, autobuses e outros vehículos. As funcións e responsabilidades serán: montaxe e equilibrado de pneumáticos; aliñación; substitución de pastillas de freo; substitución de amortiguadores; substitución de correas de distribución; substitución de embragues; instalación de palieres; manexo de máquinas de autodiagnóse; mecánica en xeral. Ofrécese contratación por traballo temporal 3 meses aprox. con opción de continuidade.
Requisitos: Formación profesional de automoción. 3 anos de experiencia en posto similar. Manexo de programas informáticos a nivel usuario e correo electrónico. Amplos coñecementos de mecánica de turismos. Capacidade de aprendizaxe. Valorarase coñecementos ou experiencia en mecánica de vehículo industrial.
Publicada/Xestionada: Manpower.

Data: 14-02-2017
Posto: CHAPISTA
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona chapista.
Requisitos: Experiencia mínima de 3 anos. Persoa resolutiva en todos os traballos de chapa.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 14-02-2017
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO INDUSTRIAL
Lugar: Ourense.
Descrición: Manpower selecciona técnico/a de mantemento industrial para dar servizo a distintas empresas.
Requisitos: Estudos mínimos de FP Grao Medio/Superior en Mantemento Industrial, Electricidade ou Mecánica. Con coñecementos de hidráulica, neumática, mecánica e valorable soldadura. Dispoñibilidade Inmediata. Carné de conducir B. Flexibilidade de horario. Traballador/a en equipo.
Publicada/Xestionada: Manpower.

Data: 14-02-2017
Posto: OPERARIO/A DE SERRA
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase operario/a de serra para empresa de alimentación situada na comarca de Pontevedra. Quenda de traballo a xornada intensiva de tarde, de 14 a 22h.
Requisitos: Experiencia como operario/a de serra. Diploma de manipulador/a de alimentos. Dispoñibilidade para traballar en quenda de tarde, de 14 a 22h.
Publicada/Xestionada: Emprego Galicia.

Data: 13-02-2017
Posto: XEFE/A DE OBRA
Lugar: Cerdedo (Pontevedra).
Descrición: Ingeniería Sustentable Pontevedra SL precisa xefe/a de obra. Encargarase de visitar e controlar obras que se están levando a cabo, verificar cumprimento de prazos, garantir calidade das mesmas e resolución de problemas inesperados.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Edificación e Obra Civil. Experiencia mínimaExperiencia mínima de polo menos 1 ano.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 13-02-2017
Posto: CAMAREIRO/A (3 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase equipo de hostelería camareiros/as. Traballo a xornada completa e por horas.
Requisitos: Persoas apaixonadas, con boa presenza, seriedade,... Preferiblemente con experiencia e informes.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 13-02-2017
Posto: ELECTROMECÁNICO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase electromecánico/a para mantemento preventivo e correctivo.
Requisitos: Con experiencia no sector da automoción mínima de 4 anos. Coñecemento de circuítos eléctricos dos motores.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 13-02-2017
Posto: ALBANEL/A - OFICIAL DE 1ª
Lugar: A Pontenova (Lugo).
Descrición: Precísase albanel/a - oficial de 1ª. Traballo por todo Lugo.
Requisitos: Con experiencia en reformas de mínimo 2 anos.
Publicada/Xestionada: Fundación Laboral da Construción.

Data: 13-02-2017
Posto: TÉCNICO/A DE SISTEMAS DE SEGURIDADE PRIVADA
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: GSSI Security Systems SL precisa técnico/a para instalar sistemas de seguridade privada (intrusion, cctv, control de accesos e barreiras..).
Requisitos: Persoa cualificada e con experiencia polo menos de dous anos. Con curso de prevención de riscos laborais.
Publicada/Xestionada: GSSI Security Systems SL: ☎ 988530217.

Data: 13-02-2017
Posto: PERSOAL DE SUPERMERCADO (5 vacantes)
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Mercadona selecciona persoal de supermercado. Traballo a xornada completa (40 h/semanais) de luns a sábado. Formación a cargo da empresa.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima non requirida. Persoa con don de xentes. Carné de conducir para posto de repartición. Dispoñibilidade horaria de luns a sábado.
Publicada/Xestionada: Mercadona.

Data: 12-02-2017
Posto: SOLDADOR/A TIG
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Martínez Otero SL selecciona soldador/a TIG de acero inoxidable.
Requisitos: Con experiencia mínima de 3 anos.
Publicada/Xestionada: Martínez Otero SL. Interesados/as enviar curriculum ao email: rrhh@martinezotero.com.

Data: 12-02-2017
Posto: CARPINTEIRO/A DE MADEIRA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Martínez Otero SL selecciona carpintero/a de madeira.
Requisitos: Con experiencia mínima de 6 anos e dispoñibilidade para viaxar a nivel internacional. Experiencia en montaxes e fabricación.
Publicada/Xestionada: Martínez Otero SL. Interesados/as enviar curriculum ao email: rrhh@martinezotero.com.

Data: 12-02-2017
Posto: CARNICEIRO/A - SUPERMERCADO
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase carniceiro/a para traballar nun supermercado en Ourense. Ofrécese contrato a xornada completa e bo ambiente laboral.
Requisitos: Persoa responsable, con experiencia no sector, con ganas de traballar e de aprender diferentes funcións.
Publicada/Xestionada: Particular (Rosa Ana Fernández Guede): ☎ 667805159.

Data: 12-02-2017
Posto: CAMAREIRO/A (Urxente)
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase camareiro/a para fins de semana.
Requisitos: Imprescindible coche.
Publicada/Xestionada: Particular (Ana María Rodríguez): ☎ 647034584.

Data: 10-02-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A-CONTABLE
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona contable administrativo/a contable para importante empresa do sector do metal situado na zona de Ourense. Realizará tarefas como: contabilidade e facturación, tarefas administrativas, apoio na xestión de clientes e provedores, entre outras tarefas propias do lugar de traballo. Horario: xornada completa con horario a concretar, cos descansos establecidos por lei.
Requisitos: Estudos mínimo de Formación Profesional Grao Superior Administración e finanzas. Valorable coñecementos do Plan Xeral Contable, A3CON e de Microsoft Office. Experiencia mínima demostrable dun ano realizando tarefas iguais ou similares ás ofertadas. Buscamos unha persoa responsable, seria, ordenada, resolutiva e organizada. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Valorable estudos superiores en empresariais, ADE, másteres ou posgraos en contabilidade. Valorable residencia próxima á zona de traballo. Carné B1 e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 10-02-2017
Posto: DOCENTE DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase docente para curso de xestión de explotacións agrarias.
Requisitos: Formación de enxeñería de montes, técnica forestal, técnica agrícola ou similar. Experiencia imprescindible como docente de explotacións agrarias.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 10-02-2017
Posto: ZAPATEIRO/A - REPARADOR/A DE CALZADO
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase zapateiro/a - reparador/a de calzado e mando a distancia.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 09-02-2017
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Ransdtad selecciona repartidor/a para fins de semana para negocio de hostelería.
Requisitos: Experiencia mínima de 2 anos. Persoa que coñeza ben a zona e teña bo trato co/a cliente.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 09-02-2017
Posto: PERSOAL DE SUPERMERCADO (3 vacantes)
Lugar: Sarria (Lugo).
Descrición: Mercadona selecciona persoal de supermercado. Traballo a xornada completa (40 h/semanais) de luns a sábado. Formación a cargo da empresa.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima non requirida. Persoa con don de xentes. Carné de conducir para posto de reparto. Dispoñibilidade horaria de luns a sábado.
Publicada/Xestionada: Mercadona.

Data: 09-02-2017
Posto: PERSOAL DE SUPERMERCADO - FIN DE SEMANA (2 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Mercadona selecciona persoal de supermercado para fins de semana. Traballo a xornada parcial (20 h/semanais), os venres, sábados e luns. Ofrécese formación a cargo da empresa e progresión salarial.
Requisitos: Estudos mínimos: cursando grao universitario. Experiencia mínima non requirida. Persoa con don de xentes. Dispoñibilidade horaria para traballar as fins de semana.
Publicada/Xestionada: Mercadona.

Data: 09-02-2017
Posto: PERSOAL DE SUPERMERCADO (4 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Mercadona selecciona persoal de supermercado. Traballo a xornada completa (40 h/semanais) de luns a sábado. Formación a cargo da empresa.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima non requirida. Persoa con don de xentes. Carné de conducir para posto de reparto. Dispoñibilidade horaria de luns a sábado.
Publicada/Xestionada: Mercadona.

Data: 09-02-2017
Posto: AUXILIAR CONTABLE-FINANCIEIRO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Adecco selecciona auxiliar contable-financieiro/a para importante empresa do sector agroalimentario da provincia de Lugo. As funcións e competencias a desenvolver serán: asentos contables, facturación, tramitación de impostos IVE e demais tarefas administrativas.
Requisitos: Formación relacionada coa rama administrativa, financeira, contabilidade ou similares. Experiencia demostrable en postos similares.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 09-02-2017
Posto: VENDEDOR/A DE TENDA - SECCIÓN PANADERÍA
Lugar: Ourense.
Descrición: Vegalsa Eroski precisa vendedor/a de sección de panadería para establecemento en Ourense. As responsabilidades serán: reposición, manipulación e elaboración do produto, dun satisfactorio servizo ao/á cliente e dunha presentación e imaxe correcta dos alimentos, asegurándoche do bo estado dos mesmos. Ofrécese formar parte dunha empresa estable e segura, coa oportunidade de crecer profesionalmente, plan de formación adecuado ás necesidades do posto de traballo, plan de carreira dentro do negocio, asesoramento e apoio de profesionais do sector nas tarefas diarias, paquete salarial composto de salario fixo e variable para postos de negocio, plan de vantaxes para empregados/as e sistema de retribución flexible.
Requisitos: Xente dinámica, entusiasta, optimista, que goce co traballo en equipo e a atención ao/á cliente, con flexibilidade horaria. Valorarase a experiencia previa no sector.
Publicada/Xestionada: Vegalsa Eroski.

Data: 09-02-2017
Posto: CARPINTEIRO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofims selecciona carpinteiro/a para a sección de remate de importante empresa situada na zona industrial de Ourense. Realizará as seguintes funcións: acabados de madeira do interior do vehículo e manexo da mercadoría, entre outras tarefas propias da posto vacante. Traballo a xornada completa en quenda de mañá (de 06:00h a 14:00h) ou de tarde (de 14:00h a 22:00h), cos descansos que establece a lei.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado escolar. Experiencia mínima demostrable como carpinteiro/a realizando tarefas iguais ou similares ás ofertadas. Persoa responsable, activa e resolutiva. Valorable residencia próxima ao lugar de traballo. Dispoñibilidade horaria e de incorporación inmediata. Carné B1 e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 08-02-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase administrativo/a para xestoría.
Requisitos: Titulación de ADE  ou Económicas. Preferiblemente idade menor de 27 anos. Non se require experiencia.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 08-02-2017
Posto: CAIXEIRO/A-REPOÑEDOR/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Lidl Supermercados precisa caixeiro/a-repoñedor/a para a súa tenda da Rocha en Santiago de Compostela (Rua da Volta do Castro nº 32). Realizará as seguintes funcións: atención ao/á cliente con amabilidade; cobro en caixa; reposición de mercadoría, mantemento imaxe da tenda, control de frescura e horneo de pan; limpeza de tenda e do posto de traballo, organización do almacén. Ofrécese traballo interesante e variado, formación práctica adaptada ao posto; posibilidade de promoción interna e de desenvolvemento, incorporación nunha empresa estable, sólida e en crecemento. Xornada de 22 horas semanais en quenda rotativa.
Requisitos: Educación Secundaria Obrigatoria. Interese por traballar nun ambiente dinámico. Motivación, flexibilidade e traballo en equipo. Perfil polivalente. Habilidades de comunicación e dotes excelentes de atención ao/á cliente. Dispoñibilidade horaria para traballar en quendas.
Publicada/Xestionada: Lidl Supermercados.

Data: 08-02-2017
Posto: ADXUNTO/A A RESPONSABLE DE TENDA
Lugar: Ourense.
Descrición: Lidl Supermercados precisa adxunto/a a responsable de tenda (Tenda Casardomato nº 52, Ourense). Realizará as seguintes funcións: xestión do equipo; elaboración de plans de traballo; atención ao/á cliente; xestión de reclamacións; control do fluxo monetario; abastecemento das diferentes mercadorías en tenda; realización de inventarios. Ofrécese un traballo interesante cunha clara orientación ao/á cliente, formación práctica adaptada ao posto. Incorporación a unha empresa estable, sólida e en crecemento. Traballo a xornada completa en quendas rotativas.
Requisitos: Formación profesional de grao medio. Interese por traballar nun ambiente dinámico. Motivación, flexibilidade e traballo en equipo. Alta capacidade de organización e planificación. Habilidades de comunicación e dotes excelentes de atención ao/á cliente. Dispoñibilidade horaria para traballar en quendas.
Publicada/Xestionada: Lidl Supermercados.

Data: 08-02-2017
Posto: MAÎTRE
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: NH Hotel Hesperia Peregrino precisa maître. Realizará as seguintes funcións: organizar e asignar as actividades e tarefas do persoal a cargo, distribuíndo as quendas e autorizando as vacacións do seu equipo; supervisar a montaxe dos salóns do hotel na realización de eventos, congresos, e actos de todo tipo, organizando a disposición dos salóns a partir da información transmitida polo departamento comercial; controlar o servizo e atención ao/a cliente dos camareiros/as baixo a súa responsabilidade, tanto no desenvolvemento de eventos, congresos e actos relacionados coa restauración dentro do seu ámbito de responsabilidade, como durante o servizo de almorzo, bar e restaurante do hotel, marcando o ritmo do devandito servizo; supervisar o desmonte de mesas utilizadas en eventos, banquetes, congresos e actos relacionados coa restauración dentro da súa responsabilidade; realizar a facturación diaria de eventos, banquetes, e consumos de restaurante e bar, introducindo a información requirida nos sistemas de xestión de NH Hotel Group e efectuando o arqueo ou cadre de caixa do restaurante e bar; recibir á clientela do restaurante do hotel e convidarlles a sentar no mesmo, asesorando sobre os diferentes produtos do restaurante e recollendo as diferentes peticións por parte destes; controlar a adega do restaurante do hotel, identificando a partir do stock existente e dos actos ou eventos a desenvolver no hotel, as necesidades de bebidas, realizando as solicitudes necesarias a distribuidores nacionais ou locais definidos polo departamento de F&B en cada caso; definir e propor á Dirección de Hotel os prezos das bebidas dispoñibles para a clientela no restaurante e bar do hotel; analizar os custos derivados da contratación do persoal extra destinado a banquetes, eventos, etc, e da adega do hotel; asumir as responsabilidades en materia de xestión ambiental que lle asigne o seu responsable inmediato/a.
Requisitos: Formación académica de Grao Medio en Hostalaría, especialidade en servizos. Experiencia mínima de tres anos como maître nun hotel/restaurante de similares características. Coñecementos técnicos relativos a servir mesas, abrir botellas de viño, produtos a disposición da clientela no propio hotel. Nocións de informática e inglés. Persoa co vocación de servizo (care); habilidades comunicativas e Interpersoais (Ease); orientación a resultados, con ambición de superar as expectativas dos clientes (Deliver); instinto para coñecer cando e como sorprender aos/ás clientes (Surprise); iniciativa comercial; capacidade de traballo en equipo e actitude hospitalaria e informal, ao mesmo tempo que respectuosa e profesional, representando a identidade dos hoteis de NH Hotel Group (Natural Host). Dispoñibilidade para traballar en quendas e os fins de semana.
Publicada/Xestionada: NH Hotel Group.

Data: 08-02-2017
Posto: PROFESIONAL DE CHARCUTERÍA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Grupo Froiz precisa profesional para a sección de charcutería dun dos seus puntos de venda na localidade da Estrada. As funcións a desempeñar serán: despacho ao público, montaxe do mostrador, realización de pedidos, implantación de ofertas e colaborar activamente no cumprimento dos controis de seguridade e hixiene alimentaria. Ofrécese incorporación a unha empresa consolidada no seu sector, estabilidade laboral e retribución competitiva.
Requisitos: Persoa con capacidade e autonomía para poder xestionar a sección de charcutería. Deberá contar con experiencia acreditada na devandita sección, coñecemento do produto e o seu tratamento, así como a xestión integral da mesma buscando a consecución de obxectivos e a excelencia na atención ao/á cliente, con capacidade de traballo e iniciativa.
Publicada/Xestionada: Grupo Froiz.

Data: 08-02-2017
Posto: DOCENTE DE OFIMÁTICA
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Ara Formación precisa docente para curso de ofimática.
Requisitos: Experiencia demostrable.
Publicada/Xestionada: Ara Formación: ☎ 886203763. Interesados/as enviar curriculum ao email: info@araformacion.com.

Data: 08-02-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísanse cociñeiro/a.
Publicada/Xestionada: Asesoría Sarela: ☎ 981566084. Interesados/as enviar curriculum ao email: laboral@sarela.com.

Data: 08-02-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísanse camareiro/a.
Publicada/Xestionada: Asesoría Sarela: ☎ 981566084. Interesados/as enviar curriculum ao email: laboral@sarela.com.

Data: 08-02-2017
Posto: DEPENDENTE/A DE FROITERÍA (3 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísanse dependentes/as de froitería. Horario a quendas.
Requisitos: Nivel formativo ESO. Experiencia de 1 ano. Carné de manipulador/a de alimentos. Vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 08-02-2017
Posto: CAMAREIRO/A DE PISOS (2 vacantes)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Bicolan selecciona camareiros/as de pisos para limpeza de habitacións e servizo de lavandería (lavado e ferro).
Requisitos: Experiencia en postos de limpeza no sector hostalería. Dispoñibilidade para traballar a quendas rotativas de mañá, tarde e noite, de luns a domingo cos descansos que establece a lei.
Publicada/Xestionada: Bicolan.

Data: 07-02-2017
Posto: ALBANEL/A - OFICIAL DE 1ª
Lugar: Ourense.
Descrición: Conecgal Instalaciones, S.L precisa albanel/a - oficial de 1ª.
Requisitos: Con coñecementos de interpretación de planos e albanelaría en xeral.
Publicada/Xestionada: Conecgal Instalaciones, S.L. ☎ 695415639.

Data: 07-02-2017
Posto: MONTADOR/A DE MOBLES
Lugar: Ourense.
Descrición: Nortempo selecciona montador/a de mobles.
Requisitos: Dispoñibilidade inmediata. Imprescindible experiencia no sector.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 07-02-2017
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase operario/a de fábrica para importante empresa do sector químico situada na provincia de Ourense. Realizará as seguintes funcións: manipulación de mercadorías; operar con máquinas da fábrica; carga e descarga de mercadorías; limpeza e orde do centro de traballo, entre outras tarefas propias do posto de traballo. Traballo a xornada completa, de luns a domingo a quendas rotativas cos descansos establecidos por lei.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado Escolar. Experiencia mínima demostrable de 1 ano como operario/a de produción en liña de montaxe, realizando tarefas iguais ou similares ás ofertadas. Valorable dispor do certificado de carretilla elevadora. Persoa áxil, proactiva, responsable, organizada e con capacidade para traballar en equipo. Valorable residencia próxima á zona de traballo.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 07-02-2017
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Nortempo selecciona soldador/a a xornada completa. Ofrécese contrato de traballo temporal. Incorporación inmediata.
Requisitos: Imprescindible experiencia en soldadura con fío e soldadura grosa.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 06-02-2017
Posto: DELINEANTE INDUSTRIAL
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Ransdtad selecciona delineante Industrial para importante empresa da zona de Santiago de Compostela.
Requisitos: Con coñecemento de SolidEdge/SolidWorks. Imprescindible formación relacionada co posto e coñecemento demostrable no uso de SolidEdge ou SolidWorks. Experiencia mínima de 2 anos no posto en sector industrial ou similares. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Coñecementos: certificado/auditoría de calidade, control de calidade, deseño/delineación industrial, I+D, medio ambiente, organización.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 06-02-2017
Posto: VIXIANTE DE SEGURIDADE (2 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Proinsa - Grupo Finsa precisa 2 vixiantes de seguridade. Desempeñarán funcións de vixilancia de instalacións industriais, control de accesos. Traballo a quendas de luns a domingo.
Requisitos: Formación nivel medio: Bacharelato-Formación Profesional. Experiencia no traballo de vixilancia acompañado de cans de seguridade de polo menos un ano. Con licenza de armas tipo C activa. TIP. Coñecementos informáticos. Persoa responsable, afeita ao traballo en equipo, colaboración, dispoñibilidade.
Publicada/Xestionada: Proinsa - Grupo Finsa.

Data: 06-02-2017
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Precísase mecánico/a para taller de automóbiles.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 636844380.

Data: 06-02-2017
Posto: TÉCNICO/A DE EMPREGO - ORIENTADOR/A - PROSPECTOR/A LABORAL
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase técnico/a de emprego - orientador/a - prospector/a para realizar as seguintes funcións: orientación laboral de 80 participantes do programa de formación; control e seguimento dos participantes; prospección do mercado laboral; planificación e xestión de accións formativas.
Requisitos: Estudos mínimos de Licenciatura. Experiencia mínima de polo menos 1 ano no desempeño de postos similares. Coñecementos necesarios de desenvolvemento profesional; docencia de formación presencial; xestión do tempo; intelixencia emocional; Ofimática (nivel medio); planificación da formación; capacidade de control e xestión de participantes. Boa presenza.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 06-02-2017
Posto: OPERARIO/A DE CARRETILLA ELEVADORA
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona operario/a de carretilla elevadora para almacén industrial.
Requistos: Con experiencia mínima de 2 anos.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 06-02-2017
Posto: ASESOR/A FISCAL - CONTABLE
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Gestión Mercantil Jurídica Audi Integral selecciona asesor/a - fiscal contable para confección de impostos: IVA, Sociedades, Rendas, confección de contabilidades, asesoría fiscal especializada e tramitación subvencións.
Requisitos: Estudos mínimos de Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas, Políticas, ou similar. Experiencia mínima de polo menos 3 anos en posto similar. Coñecementos necesarios de impostos, asesoría e IVA. Dominio da legislación fiscal, contable e mercantil.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 06-02-2017
Posto: TÉCNICO/A FRIGORISTA E DE CLIMATIZACIÓN
Lugar: Marín (Pontevedra).
Descrición: Precísase técnico/a frigorista e de climatización. Realizará as seguintes funcións: pequenas reparacións, Pre-Trip (auto recoñecemento para comprobar o correcto funcionamento do colector).
Requisitos: Con experiencia en reparación de colectores refrigerados. Valorable Inglés.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 05-02-2017
Posto: COMMUNITY MANAGER & DIGITAL MARKETING
Lugar: Pontevedra.
Descrición: LEDMON Marketing y Multimedia, S.L. precisa community manager & digital marketing especialista en posicionamento, en especial SEO, SEM e SMO.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio. Coñecementos necesarios de SEO, SEM, Blogger, Social Media Optimization - SMO, Community Management, campañas publicitarias, comunicación, redes sociais, posicionamento. Experiencia mínima de 2 anos no sector como community manager, tanto na xestión das redes sociais e creación de contido e blogging, como desenvolvemento de estratexias e campañas nas mesmas, con responsabilidades sobre as contas ou clientes cos que traballase, con capacidade de traballo e trato co/a cliente final. Capacidade de realizar informes, planificar e xustificar o traballo realizado. Valoraranse os cursos e a formación en comunicación, RRSS, SEO, SEM, ademais das ferramentas utilizadas.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 03-02-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Arzúa (A Coruña).
Descrición: Precísase cociñeiro/a.
Requisitos: Grao medio ou superior de cociña. Con experiencia mínima de 18 meses.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 03-02-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A DE RRHH
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona administrativo/a para departamento de RRHH con experiencia en xestión de persoal e técnicas de selección para distintos perfís.
Requistos: Experiencia mínima de 5 anos.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 03-02-2017
Posto: ESTETICISTA - OFICIAL DE 1ª
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase esteticista (oficial de 1ª).
Requisitos: Titulación de ciclo medio ou superior. Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 03-02-2017
Posto: DIRECTOR/A MUSICAL
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase director/a musical trompetista.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 03-02-2017
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona mecánico/a, oficial de 1ª, para traballar nun taller de marca oficial en Lugo. Ofrécese traballo a xornada completa (estable).
Requisitos: Formación profesional en automoción ou similares. Imprescindible experiencia mínima de 3 anos como mecánico (demostrable). Valorable dispoñibilidade de incorporación inmediata
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 02-02-2017
Posto: MOZO/A DE ALMACÉN
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Randstad selecciona mozo/a de almacén para tarefas de carga e descarga, importación e exportación, manipulación materiais, planificación e distribución, preparador de pedidos, rexistro inventario, stocks , transporte e loxística.
Requisitos: Imprescindible experiencia en control de stock. Valorarase experiencia no sector eléctrico.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 02-02-2017
Posto: CARNICEIRO/A - SUPERMERCADO
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase carniceiro/a para traballar en supermercado. Ofrécese contrato a xornada completa e bo ambiente laboral.
Requisitos: Persoa responsable, con experiencia no sector, con ganas de traballar e de aprender as diferentes funcións.
Publicada/Xestionada: Particular (Rosa Ana Fernández Guede): ☎ 667805159.

Data: 02-02-2017
Posto: PERSOAL DE SECCIÓN CHARCUTERÍA - SUPERMERCADO
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Distribuciones Froiz precisa persoal para xestionar a sección de charcutería dun dos nosos puntos de venda na localidade da Estrada. Funcións: despacho ao público, montaxe do mostrador, realización de pedidos, implantación de ofertas e colaborar activamente no cumprimento dos controis de seguridade e hixiene alimentaria. Ofrécese incorporación a unha empresa consolidada no seu sector, estabilidade laboral e retribución competitiva.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano debidamente acreditada na devandita sección, coñecemento do produto e o seu tratamento, así como a xestión integral da mesma buscando a consecución de obxectivos e a excelencia na atención ao/á cliente. Persoa con capacidade de traballo, iniciativa e autonomía.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 01-02-2017
Posto: TÉCNICO/A PARA EXPLOTACIÓN DE INVERNADOIROS
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Precísase técnico/a para explotación de invernadoiros. Contrato a xornada completa. Salario a convir incluindo incentivos en función de obxectivos de producción.
Requisitos: Técnico/a en xardinería e floraría e/ou Técnico/a Superior en paisaxismo. Dispoñibilidade xeográfica.
Publicada/Xestionada: Particular (Alberto Fernández): ☎ 630157901.

Data: 01-02-2017
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO DE CALEFACCIÓN
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Bicolan selecciona técnico de mantemento de calefacción. Realizará as seguintes funcións: instalación e mantemento de caldeiras e equipos de calefacción, en Santiago e comarca. Horario de luns a venres e sábados alternos pola mañá.
Requisitos: Formación de grao medio ou superior en instalacións de climatización ou afíns. RITE e Instalador de Gas tipo A ou B. Experiencia mínima de 2 anos en mantemento de instalacións de climatización. Residencia en Santiago ou comarca.
Publicada/Xestionada: Bicolan.

O Último