A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, abre a convocatoria de probas encamiñadas á obtención de c...

Probas para obter carnés e habilitacións profesionais en diversas especialidades


A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, abre a convocatoria de probas encamiñadas á obtención de carnés profesionais e habilitacións profesionais en varias especialidades.

As persoas interesadas poderán presentar máis dunha solicitude para a obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional se así o desexan.

Os exames realizaranse nos centros integrados de formación profesional (CIFP), ou naqueles outros dependentes da consellería que se estableza, en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, en atención ao período do ano no que se desenvolven.


Carnés profesionais e habilitacións profesionais convocadas para o ano 2016


Operador/a industrial de caldeiras.
Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
Instalador/a de gas, categoría A.
Instalador/a de gas, categoría B.
Instalador/a de gas, categoría C.
Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.


Requisitos que deben reunir as persoas aspirantes a participar nas probas


Para ser admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.


Prazo de solicitude para participar nas probas


As persoas interesadas en participar nas probas deberán presentar solicitude de admisión e aboar a taxa correspondente (38,37 euros) nos seguintes prazos:

1. Para a convocatoria ordinaria: desde o día 15 ao día 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria: desde o día 1 ao día 13 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.


Máis información


Orde do 1 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2016 (DOG nº 28 do 11.02.2016).

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Servizo de Xestión da Formación Profesional
San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfono: 981997095    Fax: 981546551


O Último