O Concello de Lalín convoca proceso selectivo para contratar a dous condutores/as de vehículo motobomba . Os/as traballadores/as realiz...

O Concello de Lalín abre o proceso selectivo de 2 condutores/as de vehículo motobomba



O Concello de Lalín convoca proceso selectivo para contratar a dous condutores/as de vehículo motobomba. Os/as traballadores/as realizarán tarefas de prevención e defensa contra o lume durante a campaña de incendios 2016.

O contrato será temporal, por un período de tres meses. O réxime de traballo a xornada completa, de luns a domingos cos descansos establecidos pola lei.


Requisitos dos/as aspirantes


- Ter a nacionalidade española, dalgún estado membro da Unión Europea ou doutros estados de conformidade coa normativa de aplicación.
- Ter cumpridos 18 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
- Estar en posesión do título da ESO, Graduado Escolar ou equivalente.
- Estar en posesión do carné C.
- Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública nin atoparse inhabilitado/a para o desempeño de empregos ou cargos públicos.

Os/as aspirantes tamén deberán acreditar o coñecemento da lingua galega, documentalmente ou mediante a superación dunha proba establecida ao efecto.


Sistema de selección


O sistema de selección das prazas será o de CONCURSO-OPOSICIÓN.

Na fase de concurso valorarase a experiencia profesional previa dos/as candidatos/as na condución de vehículo motobomba e nas tarefas de prevención e defensa contra o lume, así como a formación relacionada.

A fase de oposición consistirá na realización dunha proba de aptitude física denominada "Proba do Banco", unha proba escrita tipo test de 20 preguntas e unha proba práctica de condución do vehículo motobomba municipal.


Prazo de presentación de solicitudes


As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes no rexistro da casa consistorial, en horario de 8.00 a 14.30, entre o luns 1 e o venres 5 de agosto, ambos inclusive.


Máis información


Bases da convocatoria: web municipal: www.lalin.gal (Concello Aberto - Selección de Persoal).

O Último