A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria abre o proceso de solicitude para que as persoas que teñan interese poidan inscribirse en prazas de interinidades e substitucións nos seguintes corpos de profesores:
- Corpo de profesores de ensino secundario: especialidade Informática (590107).
- Corpo de profesores técnicos de formación profesional: especialidade Sistemas e aplicacións informáticas (591227).
- Corpo de profesores de ensino secundario: especialidade Informática (590107).
- Corpo de profesores técnicos de formación profesional: especialidade Sistemas e aplicacións informáticas (591227).
Titulacións requiridas
Informática (590107) |
Sistemas e aplicacións informáticas (591227) |
– Licenciado en: • Informática. • Ciencias e técnicas estatísticas. • Matemáticas. • Física. – Enxeñeiro en: • Informática. • De telecomunicación. • Electrónica. – Diplomado en estatística. – Enxeñeiro técnico en: • Informática de xestión. • Informática de sistemas. • De telecomunicación, especialidade en telemática. – Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior. |
– Licenciado en: • Informática. • Matemáticas. • Física. – Enxeñeiro en: • Informática. • De telecomunicación. – Diplomado en informática. – Enxeñeiro técnico en: • Informática de xestión. • Informática de sistemas. • De telecomunicación. – Os correspondentes graos das titulacións anteriores adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior. |
Requisitos dos/as solicitantes
1. Ser español ou ter a nacionalidade doutro país membro da Unión Europea ou de calquera outro dos Estados a que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras.
2. Ter feitos os dezaseis anos e non ter alcanzado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.
3. Estar en posesión das titulacións que se especifican para a especialidade.
4. Ademais do requisito de titulación, deberá acreditarse a formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación ou equivalente.
5. Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou ter a validación equivalente.
Prazo de solicitude
As persoas interesadas deberán presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, no prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (28.10.2016).