Nos vindeiros días impartirase no Centro de Ensino Beloso, situado na rúa C nº 38 baixo de Lalín, un curso de "manipulador/a de produtos fitosanitarios de nivel básico". A formación ten unha duración de 25 horas e é de carácter presencial.
Calendario e horario da formación
O curso impartiranse durante os fins de semana. Concretamente os días 20, 21, 27 e 28 de agosto.
O horario será de mañá os domingos (de 10.00 a 14.30 horas), e intensivo, mañá e tarde, os sábados (de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas).
O horario será de mañá os domingos (de 10.00 a 14.30 horas), e intensivo, mañá e tarde, os sábados (de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas).
Prezo da formación
O prezo do curso é de 70 euros. Ademais deberá aboarse a taxa de 8,83 euros.
Inscricións e máis información
As prazas son limitadas. As persoas interesadas deberán anotarse no centro de formación ou no teléfono 655 052 378. Neste teléfono de contracto, tamén, poderán obter máis información.