A Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición en varias listas de contratación de persoal laboral temporal dos grupo III e V.
As categorías nas que se poderán incorporar novas solicitudes son 2:
Grupo III: Xefe/a de cociña.
Grupo V: Camareiro/a-limpiador/a. Axudante cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro. Lavandeiro/a.
Procedemento de inscrición
Para inscribirse hai que seguir o procedemento que se establece no artigo 6 do Decreto 217/2003 e acreditar os requisitos que se especifican na Resolución do 17 de novembro de 2003 (DOG núm. 228, do 24 de novembro) pola que se abre o prazo inicial de presentación de solicitudes para a elaboración das referidas listas.
Os requisitos de titulación son os seguintes:
Xefe/a de cociña. Técnico/a superior en restauración ou equivalente e CELGA 4 ou equivalente.
Camareiro/a-limpiador/a. Axudante cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro. Lavandeiro/a. Certificado de escolaridade ou equivalente e CELGA 2.
Prazo de presentación de solicitudes
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude entre o 2 e o 8 de novembro de 2016.
Máis información
Resolución do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública,pola que, de conformidade co disposto no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 demarzo, se acorda a apertura de determinadas listas para a incorporación denovas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta deGalicia correspondente a determinados grupos e categorías (DOG núm. 207 do 31.10.2016).
Resolución do 17 de novembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de diversas listas reguladas polo Decreto 217/2003, do 11 de abril, polo que se regula o nomeamento do persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 228 do 24.11.2003).
Función Pública da Xunta de Galicia - Listas de Contratación Temporal.