Cruz Vermella vai a poñer en marcha nos vindeiros días un curso de Primeiros Auxilios . A formación, que ten como obxectivo capacit...

Cruz Vermella organiza un curso de Primeiros Auxilios



Cruz Vermella vai a poñer en marcha nos vindeiros días un curso de Primeiros Auxilios. A formación, que ten como obxectivo capacitar para desenvolver correctamente actuacións en caso de urxencia, impartirase os venres pola tarde e sábados pola mañá na sede da Asociación de Empresarios de Deza (AED) en Lalín.


Duración, prazas e datas de celebración


O curso terá unha duración de 20 horas lectivas, entre teoría e práctica, e 16 prazas. Celebrarase do 18 ao 26 de novembro en horario de 16.00 a 21.00 horas (18 e 25 de novembro) e de 09:00 a 14:00 horas (19 e 26 de novembro).


Custo e inscricións


A formación ten un custo de 60 euros. As persoas interesadas poden informarse na sede da ONG na Avda. Xosé Cuiña (Lalín Arena), no email lalin@cruzroja.es ou no teléfono da Asemblea Local de Lalín: 986782581.

A preinscrición, até agotar o número de prazas, debe realizarse a través da páxina de información do curso.

O Último