A Lanzadeira de Emprego de Lalín botará a andar nas vindeiras datas. Trátase dun proxecto experimental impulsado pola Fundación Santa Ma...

Aberta, até o 20 de abril, a inscrición na Lanzadeira de Emprego de Lalín


A Lanzadeira de Emprego de Lalín botará a andar nas vindeiras datas. Trátase dun proxecto experimental impulsado pola Fundación Santa María a Real, a Fundación Telefónica e a Xunta de Galicia.

O convenio de colaboración subscrito por estas entidades coa administración autonómica co cofinanciamento do Fondo Social Europeo impulsará este ano 7 novas lanzadeiras en toda Galicia. Ademais de Lalín haberá proxectos na Coruña, Carballo, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Santiago de Compostela.


Número de prazas e perfil dos/as participantes


A Lanzadeira de Lalín terá en total 20 prazas: 15 delas para mozos/as menores de 35 anos e 5 que poderán ser ocupadas por persoas de maior idade, ata os 59 anos.

Todas as persoas interesadas deberán estar en paro e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

Non se esixe ningún nivel formativo. Poderán participar persoas con estudos básicos; de Formación Profesional ou Bacharelato, así como diplomaturas, licenciaturas e graos universitarios.

A participación está aberta a persoas con traxectorias diversas, de áreas laborais diferentes, con ou sen experiencia; ou con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral. Perséguese que sexa un equipo o máis heteroxéneo posible para que os seus integrantes se axuden mutuamente para facer unha procura de traballo máis efectiva e produtiva.


Funcionamento da Lanzadeira


As 20 persoas que resulten seleccionadas para formar parte da lanzadeira, reuniranse varios días á semana durante un período de cinco meses. Contarán coa axuda, orientación e acompañamento dun técnico/a especializado/a, que guiará un calendario de actividades para mellorar a súa empregabilidade: sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas; elaboración de mapas de empregabilidade, visitas a empresas e encontros con responsables de Recursos Humanos co obxectivo de conseguir a plena inserción dos/as participantes.


Prazo de inscrición


As persoas interesadas en participar poden inscribirse desde o 23 de marzo ata o 20 de abril.
Poderán facelo online ou de forma presencial:

Online: Directamente a través da web de Lanzadeiras de Emprego.
De forma presencial: Solicitando e presentando o formulario na Oficina de Emprego da Xunta de Galicia (Av. de Buenos Aires nº 45, Lalín) en horario de atención de 9.00 a 14.00 horas ou a través da Axente de Emprego de Desenvolvemento Local do Concello de Lalín (Praza de Galicia nº 1, Lalín) en horario de atención de 8.00 a 15.00 horas.


Máis información


Oficina de Emprego da Xunta de Galicia en Lalín: Tlf. 886151246.
Axente de Emprego de Desenvolvemento Local do Concello de Lalín: Tlf. 986787060 extensión 2070 (Beatriz Otero).
Proxecto Lanzadeiras: Tlf. 915221262. info@lanzaderasdeempleo.es.
Lalín contará cunha Lanzadeira de Emprego.


O Último