Data: 10-08-2017 Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN Lugar: Lalín. Descrición: Precísase condutor/a de camión. Requisitos: Con carné C e CAP....

Ofertas de Emprego (Agosto 2017) 1ª

Data: 10-08-2017
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a de camión.
Requisitos: Con carné C e CAP. Valorarase algo de experiencia. Preferiblemente persoa moza.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Condutor/a Camión".

Data: 10-08-2017
Posto: AXUDANTE DE CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase axudante de camareiro/a.
Requisitos: Con experiencia. Preferiblemente menor de 45 anos.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Axudante Camareiro/a".

Data: 07-08-2017
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona operario/a de fábrica.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 04-08-2017
Posto: RESPONSABLE WORLD CLASS MANUFACTURING
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona para empresa do sector industrial responsable world class manufacturing para a súa fábrica situada en Lalín. En dependencia do Director do Centro será responsable de desenvolver o programa WCM na fábrica de Lalín, coordinar e fomentar o lanzamento de proxectos, desenvolver e seguir o Masterplan de WCM do centro así como a implantación de alicerces WCM no mesmo. Funcións: implantar o programa WCM a nivel de alicerces (función principal); buscar áreas de mellora de eficiencia en todas as áreas do centro; desenvolver e seguir o Master Plan Anual de WCM do centro de Lalín; reportar periódicamente os proxectos terminados e en desenvolvemento do centro; xestionar e fomentar o lanzamento de Proxectos WCM no centro; formarse e formar ao persoal que participe nos proxectos ou implantación de alicerces WCM do centro; pilotar todo o proxecto WCM do centro de Lalín. Xornada completa e partida de luns a venres
Requisitos: Formación de Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial e Organización Industrial (preferentemente). Inglés alto, falado e escrito. Nivel alto paquete Office. Polo menos 1-2 anos de experiencia traballando con WCM, ou en todo caso en melloras industriais. Non necesaria gran experiencia pero canta máis mellor. Formación complementaria en WCM, mellora continua, mantemento autónomo e 5S (isto último importante). Con competencias: proactividade, iniciativa, flexibilidade, dispoñibilidade total, comunicación, interacción, planificación e organización, liderado, adaptación á contorna.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 03-08-2017
Posto: ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A DE OBRA E ORZAMENTOS
Lugar: Lalín.
Descrición: Metalúrgica del Deza SA (Metaldeza) precisa enxeñeiro/a técnico/a de estudos de obra e orzamentos para orzar proxectos de estrutura metálica en tempo, prazo e custo, establecer relacións cos/as clientes desde o punto de vista técnico (promotores, enxeñarías, construtoras, etc.), procura de melloras e solucións no deseño dos proxectos a fin de facelos máis competitivos e rendibles, cálculos de estruturas como complementarios ao orzamento, elaboración de ofertas técnico-comerciais e asesoramento ao departamento comercial.
Requisitos: Estudos mínimos de Enxeñería Técnica Industrial ou superior. Valorable rama Mecánica. Experiencia mínima de 5 anos en posto similar do sector de estruturas metálicas. Coñecementos necesarios de deseño e cálculo de estruturas metálicas. Orzamentación. Capacidade de interactuar cos/as clientes e procura de solucións técnicas e construtivas para mellorar os proxectos. Valorable nivel B2 de Inglés ou Francés. Dispoñibilidade para viaxar esporádicamente.
Publicada/Xestionada:  Infojobs.

Data: 03-08-2017
Posto: OPERARIO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa de servizos precisa persoa dedicada á xestión e operación da planta, funcións varias dentro do posto.
Requisitos: Experiencia mínima non requirida.
Publicada/Xestionada:  Infojobs.





Data: 09-08-2017
Posto: DEPENDENTE/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Vistebella Silleda, tenda de moda, precisa dependente/a. Xornada completa de luns a sábado.
Requisitos: Con experiencia en marcar roupa e don de xentes. Preferiblemente xente da zona. Incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Vistebella Silleda. Interesados/as enviar curriculum ao email zapatooutlet@gmail.com.

Data: 05-08-2017
Posto: CHÓFER C+E
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase chófer. Ofrécese incorporación informática.
Requisitos: Con permiso C+E. Valorarase a experiencia e os coñecementos básicos de informática.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 04-08-2017
Posto: SELADOR/A DE ALUMINIO
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase selador/a de aluminio. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Con ampla experiencia. Dispoñibilidade para viaxar.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 03-08-2017
Posto: ENXEÑEIRO/A INDUSTRIAL MECÁNICO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase enxeñeiro/a industrial mecánico/a. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Profesional con especialidade en estruturas.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.





Data: 09-08-2017 
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Randstad selecciona auxiliar administrativo/a. Contrato temporal a xornada parcial.
Requisitos: Con experiencia en facturación, albaráns, xestións bancarias. Formación académica en Administración de Empresas (Ciclo Medio ou Superior). Imprescindible orientación ao/á cliente, iniciativa e adaptabilidade a diferentes contornas laborais. Dispoñibilidade de incorporación inmediata..
Publicada/xestionada: Randstad.

O Último