Data: 10-10-2017 Posto: AZAFATO/A (2 vacantes) Lugar: Lalín. Descrición: Serviguide selecciona 2 azafatos/as para evento en Lalín que ...

Ofertas de Emprego (Outubro 2017) 1ª

Data: 10-10-2017
Posto: AZAFATO/A (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Serviguide selecciona 2 azafatos/as para evento en Lalín que se celebrará o mércores 18 de outubro en horario de 15:30 a 21:30 horas. Encargarase de acompañar no traxecto en autobús aos/ás asistentes e dar apoio nunha visita guiada.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Imprescindible residente na provincia. Persoa con moi boa presenza, moi responsable, traballadora e puntual, extrovertida, que teña don de xentes e que lle guste moito o trato co público. Valorarase experiencia en posto similar.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 10-10-2017
Posto: CONDUTOR/A DE TRÁILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a de tráiler. Realizará o traballo unha parte da semana de transporte de mercadorías en furgón e o resto de días de transporte de mercadorías en tráiler. Rutas polo interior de Galicia.
Requisitos: Preferiblemente persoa maior de 30 anos. Carné de tráiler. Disponibilidade de incorporación inmediata. Preferiblemente con residencia en Lalín, Melide ou arredores.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: penaeva666@gmail.com.

Data: 10-10-2017
Posto: CONDUTOR/A DE TRÁILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Divertrans Lalín SL precisa condutor/a de tráiler para transporte de mercadorías por estrada. Ruta nacional - España.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Carné de tráiler e CAP. Persoa proactiva, responsable, con don de xentes e conn coñecemento de tempos de condución e descanso.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 06-10-2017
Posto: FISIOTERAPEUTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Clínica Deza precisa fisioterapeuta para a realización dos tratamentos e técnicas rehabilitadoras que se prescriban.
Requisitos: Estudos mínimos universitarios. Competencias para facer o seguimento e a avaliación da aplicación do tratamento que realice; coñecer, avaliar e informar e cambiar, no seu caso, a aplicación do tratamento da súa especialidade cando se dean, mediante a utilización de recursos alleos; coñecer os recursos propios da súa especialidade.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-10-2017
Posto: CAMAREIRO/A DE PISOS
Lugar: Lalín.
Descrición: Pazo de Bendoiro precisa camareiro/a de pisos e limpeza para hotel. Ofrécese salario entre 600 e 900 euros. Contrato de traballo de 2 meses.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Imprescindible experiencia, vehículo propio e dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 02-10-2017
Posto: PANADEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoa responsable para panadería.
Requisitos: Preferiblemente muller. Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Jose):  ☎ 634222199.

Data: 01-10-2017
Posto: COMERCIAL DE HOSTELERÍA
Lugar: Lalín.
Descrición: Distribuciones Dobarro precisa comercial para venda de produtos de limpeza e enxoval para hostalaría. Ofrécese soldo fixo, comisións, coche empresa e carteira de clientes.
Publicada/Xestionada: Distribuciones Dobarro. Interesados/as enviar currículum ao email: distribucionesdobarro@gmail.com.





Data: 14-10-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase cociñeiro/a.
Publicada/Xestionada: A Carballeira do Chousiño. ☎ 663854433.

Data: 13-10-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase camareiro/a para barra e comedor.
Requisitos: Experiencia demostrable en posto similar. Bo trato. Capacidade de traballo en equipo. Dispoñibilidade horaria. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Valorable Diploma de Manipulador de Alimentos.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017S80.

Data: 13-10-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase camareiro/a para traballo a quendas.
Requisitos: Experiencia. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: A Carballeira do Chousiño. ☎ 663854433.

Data: 09-10-2017
Posto: MECÁNICO/A - MONTADOR/A (3 vacantes)
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Adecco selecciona 3 mecánicos/as-montadores/as. Contrato de tres meses a través de ETT.
Requisitos: Con experiencia en mecánica ou montaxes industriais mínima de 2 anos. Estudos mínimos de Formación Profesional de Grao Medio. Imprescindible residente en España. Experiencia
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 03-10-2017
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase peón/a gandeiro/a para granxa de vacún de leite. Tarefas de limpeza e coidado dos animais da granxa.
Publicada/Xestionada: Particular (Esther). ☎ 675627587.

Data: 01-10-2017
Posto: OPERARIO/A DE CARPINTERÍA METÁLICA
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase operario/a de carpintería de aluminio e aceiro.
Requisitos: Coñecementos de soldadura. Carné de conducir. Valorarase experiencia na zona de Silleda ou A Estrada.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio). Interesados/as enviar curriculum ao email: antonioausmach@gmail.com.

Data: 01-10-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase camareiro/a. Ofrécese contrato a media xornada e incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.





Data: 13-10-2017 
Posto: DEPENDENTE/A DE ALIMENTACIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona dependente/a de alimentación para importante empresa do sector da alimentación situada en Ourense. Realizará as seguintes tarefas: recepción de mercadorías, montaxe de vitrinas, xestión de produtos en tenda e reposición, mantemento da orde e limpeza do local, atención ao/á cliente, manexo do fluxo monetario. Horario rotativo a xornada completa (40 horas semanais) de luns a sábado entre as 09:00h e as 22:00h cos descansos establecidos por lei.
Requisitos: Experiencia valorable en posto similar ao ofertado, traballando en atención ao público en charcutería e/ou carnicería. Persoa proactiva, dinámica, con don de xentes e responsable. Valorable residencia próxima ao posto de traballo. Carné B1 e coche propio. Formación de EGB finalizada. Carné de manipulador/a de alimentos en vigor.
Publicada/xestionada: Eurofirms.

Data: 10-10-2017 
Posto: ELECTROMECÁNICO/A DE AUTOMOCIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona electromecánico/a de automoción. Realizará seguintes funcións: electromecánica de automoción, instalación de sistemas eléctricos, climatización..., entre outras funcións propias do posto. Horario a xornada completa (40 horas semanais), de luns a venres, en quenda de mañá ou tarde, cos descansos establecidos por lei.
Requisitos: Experiencia mínima demostrable en electromecánica e mecánica de automoción realizando funcións iguais ou similares ás ofertadas. Persoa seria e responsable. Valorable residencia próxima ao posto de traballo. Formación de Graduado escolar. Valorable formación profesional en electromecánica.
Publicada/xestionada: Eurofirms.

Data: 02-10-2017 
Posto: PERSOAL CHARCUTERÍA
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona, para empresa do sector de alimentación, persoal de charcutería. As funcións a desenvolver serán: atención ao/á cliente, asesoramento de produtos gourmet e control de stock.
Requisitos: Perfil para traballar en atención ao/á cliente, en sector de alimentación. Persoa proactiva, con iniciativas, alto nivel de compromiso, produtiva, responsable, hábil, con capacidade de traballar en equipo e con orientación a resultados. Carné de manipulador/a de alimentos e experiencia previa en charcutería ou similar. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Residencia na zona ou arredores. Experiencia mínima de 1 ano.
Publicada/xestionada: Randstad.

Data: 02-10-2017 
Posto: CAIXEIRO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Cash Galicia precisa caixeiro/a para Cash en Santiago. Ofrécese emprego a xornada completa e incorporación inmediata.
Requisitos: Título de bacharel ou de formación profesional. Coñecementos administrativos e informáticos. Boas dotes de comunicación e vocación de servizo ao/á cliente. Valorarase experiencia demostrable no sector de alimentación.
Publicada/xestionada: Cash Galicia. Interesados/as enviar currículum con fotografía recente ao email: empleo.cashgaliciasantiago@gmail.com.

Data: 02-10-2017 
Posto: OPERARIO/A DE LOXÍSTICA
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona operario/a de loxística para organización e xestión de almacén en empresa do sector industrial. As funcións a desenvolver serán: recepción de mercadoría e preparación de pedidos mediante carretilla elevadora, así como control de stock e control e xestión de albaráns.
Requisitos: Persoa produtiva, responsable, hábil, con capacidade de traballar en equipo e con orientación a resultados. Carné de carretilla elevadora e experiencia previa en uso de carretilla elevadora. Valorarase carné de ponte guindastre e/ou experiencia con traspalé eléctrico. Dispoñibilidade horaria e de coche propio, para desprazamento ao centro de traballo. Experiencia mínima de 1 ano.
Publicada/xestionada: Randstad.

Data: 01-10-2017 
Posto: COMERCIAL DE FERRAXES
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase comercial para venda de ferraxes para carpintería de madeira.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Imprescindible experiencia en labor comercial e coñecemento do sector.
Publicada/xestionada: Infojobs.

Data: 01-10-2017 
Posto: PROGRAMADOR/A INFORMÁTICO/A
Lugar: Arredores de Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Axencia de comunicación precisa incorporar un programador/a informático/a para a elaboración e desenvolvemento de páxinas web. Posibilidade de contrato a media xornada ou xornada completa e opción de compatibilizar o traballo en oficina (a 30 minutos de Santiago) co teletraballo. Condicións a negociar segundo a experiencia e valía do candidato/a.
Requisitos: Titulación de enxeñeiro/a técnico/a ou superior en Informática. Experiencia demostrable e coñecementos avanzados de WordPress, Joomla, Prestashop e Woocommerce (valorarase a achega de portfolio de traballos realizados).
Publicada/xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 01-10-2017 
Posto: DESEÑADOR/A GRÁFICO/A
Lugar: Arredores de Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Axencia de comunicación precisa incorporar un deseñador/a gráfico/a. Posibilidade de contrato a media xornada ou xornada completa e opción de compatibilizar o traballo en oficina (a 30 minutos de Santiago) co teletraballo. Condicións a negociar segundo a experiencia e valía do candidato/a.
Requisitos: Dominio do paquete Adobe (Photoshop, Ilustrator, Indesign) e experiencia demostrable na elaboración de manuais de identidade corporativa, maquetación de publicacións (revistas, catálogos, memorias, etc.), elaboración de presentacións (PowerPoint/Prezy…). Valorarase a achega dun portfolio de traballos realizados.
Publicada/xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

O Último