A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas de co...

Listas de Contratación Temporal de Conductores/as do SERGAS

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas de contratación temporal da categoría de CONDUTOR/A.

Mediante este proceso as persoas inscritas accederán, en función das necesidades dos servizos, á formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.


Requisitos


As persoas que desexen inscribirse nestas listas deberán posuír, polo menos, unha das titulacións indicadas:
• Graduado escolar.
• Graduado/a en ESO ou equivalente.
• Título de técnico (formación profesional de grao medio).
• Formación profesional de primeiro grao.

Adicionalmente, deberán estar en posesión dos seguintes permisos e/ou certificacións:
• Permiso de conducir clase BTP.

Para vinculacións temporais de condutor/a de vehículos especiais de carácter sanitario:
• Permisos de conducir das clases C e D, xunto cos certificados de aptitude profesional (CAP) de ambas as clases de permisos ou, de ser o caso, acreditación da súa exención, nos termos do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo.

Taxa de inscrición


16,98 €. Estarán exentas do aboamento desta taxa as persoas que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, así como as que sexan integrantes de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de seren membros de familia numerosa de categoría xeral, terán unha bonificación do 50 %. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % as persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data de publicación da resolución (29.10.2015), e non estivesen percibindo prestación ou subsidio por desemprego.

Ámbito de inscrición: Áreas/Zonas limítrofes


As persoas interesadas deberán facer constar no formulario de inscrición a categoría a que opta e o ámbito territorial de dispoñibilidade:

1. Ferrol. Comprende: A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo, nesta orde.
2. A Coruña. Comprende: Ferrol, Santiago de Compostela e Lugo, nesta orde.
3. Santiago de Compostela. Comprende: A Coruña, Pontevedra, Vigo e Lugo, nesta orde.
4. Lugo. Comprende: Monforte de Lemos, Burela, A Coruña e Ferrol, nesta orde.
5. Ourense. Comprende: O Barco de Valdeorras, Santiago de Compostela e Lugo, nesta orde.
6. O Barco de Valdeorras. Comprende: Ourense, Lugo e Santiago de Compostela, nesta orde.
7. Pontevedra. Comprende: Vigo, Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña, nesta orde.
8. Vigo. Comprende: Pontevedra, Santiago de Compostela, Ourense e A Coruña, nesta orde.

Prazo de inscrición


O prazo para formalizar as solicitudes nesta xeración de listas remata o 30 de novembro de 2015. Os méritos computables serán os causados até o 15 de novembro de 2015 e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.


Máis información

O Último