As entidades sen ánimo de lucro poden solicitar até o 30 de xaneiro de 2016 as subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Indu...

Programas de cooperación para a contratación de persoas mozas beneficiarias de Garantía Xuvenil polas entidades sen ánimo de lucro



As entidades sen ánimo de lucro poden solicitar até o 30 de xaneiro de 2016 as subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación de persoas mozas inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O obxecto destas axudas é a prestación de servizos de interese xeral e social á vez que se proporciona aos mozos/as unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

Os traballadores e as traballadoras que sexan contratados para a realización destes servizos deberán ser, en todo caso, persoas de 18 ou máis anos, inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 

A duración subvencionada dos contratos será de 7 meses e a xornada a tempo completo.

Prazo de solicitude



O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (30/12/2015) polo que finaliza o 30 de xaneiro de 2016.


Máis información



O Último