O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe a convocatoria provincial de 200 bolsas de práctica laboral para a prestación...

Convocatoria de 200 bolsas do Plan de Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra



O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe a convocatoria provincial de 200 bolsas de práctica laboral para a prestación de servizos nos órganos da Deputación e nos concellos da provincia de Pontevedra. O proceso de selección incluirá 2  fases: baremo de méritos e proba de coñecementos tipo test. As bolsas terán unha duración de 6 meses, prorrogables por outros 6, e unha remuneración mensual en función da titulación do bolseiro/a. As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 20 días naturais para presentar a súa solicitude.

Requisitos para ser beneficiario/a dunha bolsa do Plan Provincial


Poderán beneficiarse destas bolsas as persoas físicas que, con plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos:

1. Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea

2. Estar en posesión do título esixido no para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias

3. Estar en posesión dos títulos correspondentes aos estudos obxecto da bolsa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2005

4. Non ter ningunha enfermidade nin incapacidade física que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa

5. Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorre desde a data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o día en que teña lugar a adxudicación das bolsas

6. Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa de duración superior a seis meses dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia

7. Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a seis meses na institución provincial nin nos organismos autónomos

8. Constar no padrón de calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2015 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos

9. Constar no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego

10. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por isto non ter anteriormente un contrato polos grupos de cotización correspondentes aos niveis formativos da titulación esixida nin de alta como autónomo por un período de tempo de duración superior a seis meses en actividades relacionadas co obxecto da bolsa

11. Acreditar o nivel Celga IV (para as bolsas de titulacións universitarias) e o Celga III (para as bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional)

12. Ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino

13. Non incorrer en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS).


Contía das bolsas


A dotación económica das bolsas está establecida segundo o nivel de titulación:

  • As persoas con titulación universitaria percibirán oitocentos (800,00) euros ao mes.
  • As persoas con ciclos superiores de formación profesional percibirán setecentos (700,00) euros ao mes.
 

Prazo de solicitude das bolsas


O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (19.01.2016).



Máis información




O Último