A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) anuncia a convocatoria dun curso de teleformación para preparar a certificació...

Convocado Curso de Teleformación para a Preparación da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX)



A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) anuncia a convocatoria dun curso de teleformación para preparar a certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).

A formación, que se desenvolverá dentro do primeiro semestre do ano durante aproximadamente 3 meses, permite obter a certificación galega de competencias dixitais, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, trala adquisición, das capacidades e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial. Esta proba realizarase descentralizadamente, polo menos nunha aula CeMIT por provincia e en Santiago de Compostela.


Duración e contidos


A duración da formación é 12 semanas (190 horas lectivas) e o seu contido responde á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo Nacional das Cualificacións - Módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas):

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).


Modalidade de impartición


O curso impártese en modalidade de teleformación con titorías de apoio a través da plataforma EMA da rede CeMIT. Soamente é necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación.


Destinatarios/as


Para acceder ao curso os únicos requisitos que hai que cumprir é ser maior de 16 anos e estar dado/a de alta como usuario/a da rede CeMIT.


Inscricións, número de prazas, custo e prazo


O curso custa o importe da taxa da administración (correspondente aos dereitos de exame): 10€. Conta con 180 prazas e para participar hai que solicitalo inscribíndose na páxina web da CeMIT (https://cemit.xunta.es). As 180 prazas dispoñibles asignaranse correlativamente por orde alfabética entre as persoas preinscritas en tempo e forma aplicando o resultado dun sorteo público que se realizará unha vez que remate o prazo de inscrición. O prazo de inscrición remata o 1 de febreiro de 2016 ás 14.00 horas.


Máis información


Resolución do 20 de xaneiro de 2016 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación (DOG núm. 17 do 27.01.2016).

O Último