A Comunidade Autónoma de Galicia abre nova convocatoria do procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesiona...

Aberto proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria


A Comunidade Autónoma de Galicia abre nova convocatoria do procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación xestionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

O Instituto Galego das Cualificacións da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral será o órgano técnico encargado de levar a cabo as accións deste procedemento deseñado atendendo prioritariamente a aquelas cualificacións profesionais que estean afectadas por unha regulación profesional.


Cualificacións e prazas obxecto de acreditación


As unidades de competencia convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria recollen un total de 2.171 prazas nas seguintes cualificacións profesionais:

– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 646 prazas.
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 455 prazas.
– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 250 prazas.
– Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 70 prazas.
– Aproveitamentos forestais (AGA343_2): 100 prazas.
– Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.

Requisitos para participar no procedemento

 
Para acceder a este procedemento, os candidatos/as deberán cumprir os requisitos seguintes: 

a) Posuír a nacionalidade española; encontrarse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.

b) Ter 20 anos feitos no momento de realizar a inscrición.

c) Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

1º. No caso de experiencia laboral: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.

2º. No caso de formación non formal: para as unidades de competencia das cualificacións de nivel 2 e 3, xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.

d) Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial, ordinario ou modular ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.

e) Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita. 

f) Non estar inscrito noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.

As persoas candidatas maiores de 25 anos que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados e que non os poidan xustificar documentalmente poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral e aprendizaxe non formal de formación.

Prazo de solicitude


O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días naturais desde o día seguinte da publicación da orde de convocatoria agás para as unidades de competencia das cualificacións Aproveitamentos forestais (AGA343_2) e Tanatopraxia (SAN491_3) que o prazo se iniciará en 3 meses, a partir do día seguinte da publicación da orde de convocatoria, e comprenderá 1 mes natural.


Máis información




O Último