O Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín realiza este xoves 7 de xaneiro unha xornada de "Recursos para a Busca de Em...

Xornada de Recursos para a Busca de Emprego


O Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín realiza este xoves 7 de xaneiro unha xornada de "Recursos para a Busca de Emprego". A iniciativa, de 3 horas de duración, fará un percorrido polos principais recursos que as diferentes institucións públicas e privadas ofrecen ás persoas que desexan incorporarse ao mercado de traballo (bolsas de emprego, servizos de información e orientación, empresas de traballo temporal, consultoras de selección...) e daranse consellos para ter éxito empregando estas canles de información.

Obxectivos


A finalidade da sesión é fomentar a busca activa e garantir que os/as participantes non deixen ningunha opción nin perdan oportunidades na súa procura de emprego.

Lugar e Horario


Comezará ás 9.30 horas na aula CEMIT municipal (Rúa do Parque, s/n. Auditorio) e rematará aproximadamente ás 12.30 horas.
 

Máis información:


Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín
Praza de Galicia, 1, planta baixa, 36500 Lalín, Pontevedra.

A través do TELÉFONO: 986787060.
A través do EMAIL: integrado@lalin.gal


Esta actividade forma parte da iniciativa municipal "Lalín Emprende Xove" 2015-2016, polo que se dirixe exclusivamente a aquelas persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.


O Último