A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre a convocatoria de probas para a obtención dos certificados ...

Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre a convocatoria de probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 para o ano 2016. O proceso de avaliación consta dunha proba escrita e unha oral que se realizarán non mes de abril.


Persoas destinatarias


As persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.


Lugar e datas de realización das probas


As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada nas seguintes datas:

Celga 4: 2 de abril de 2016. Proba escrita que terá unha duración de tres horas e proba oral de duración máxima de 15 minutos.
Celga 2: 3 de abril de 2016. Proba escrita que terá unha duración de dúas horas e proba oral de duración máxima de 10 minutos.
Celga 3: 9 de abril de 2016. Proba escrita que terá unha duración de dúas horas e media e proba oral de duración máxima de 15 minutos.
Celga 1: 10 de abril de 2016. Proba escrita que terá unha duración de dúas horas e proba oral de duración máxima de 10 minutos.


Prazo de presentación de solicitudes


O prazo de presentación das solicitudes e da documentación correspondente é dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (07.01.2015). 


Máis información


O Último