O Concello de Lalín iniciará en breve os procesos selectivos de varias prazas destinadas ao complexo deportivo "Lalín Arena", ...

Selección de prazas no multiusos Lalín Arena, o parking Aldea Grande e o servizo de limpeza do Concello de Lalín



O Concello de Lalín iniciará en breve os procesos selectivos de varias prazas destinadas ao complexo deportivo "Lalín Arena", o parking "Aldea Grande" e o servizo de limpeza. A entidade municipal xa aprobou as bases de contratación. O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO).


Prazas que se convocan


3 Monitores/as deportivos/as para o "Lalín Arena". Dous postos a xornada completa e outro a media xornada.
5 Limpadores/as. Un posto a xornada completa e catro a media xornada.
4 Axentes de aparcadoiro para o parking "Aldea Grande". Tres postos a tempo completo (un deles reservado para persoas con discapacidade) e un a media xornada.


Proceso de Selección


Os/as candidatos/as que desexen optar a algunha destas prazas deberán superar o sistema de selección que en todos os casos será o de oposición ou concurso-oposición.

As probas consistirán, na fase de oposición, para todas as prazas, nunha exame teórico escrito, para algunhas prazas unha proba práctica (que poderá ser gravada), e na fase de concurso, para algunhas prazas a valoración de méritos baseada na formación e experiencia profesional.

A principal novidade de todo este procedemento é a supresión da fase de entrevista persoal que soía realizarse aos/ás aspirantes nestes procesos.


Listas de Reserva (Bolsa de Emprego)


As bases reguladoras da selección destas prazas contemplan a elaboración de listas de reserva en cada unha das categorías profesionais ofertadas, de conformidade coa Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal.

Unha vez rematado o proceso selectivo as persoas participantes que superasen con éxito as probas pasarán a formar parte desta listaxe de reserva na categoría profesional, algo que facilitará novas contratacións ao non ser preciso ter que realizar exames cada vez que haxa unha vacante ou necesidade de persoal laboral.

As listas terán unha duración de 2 anos.


Prazo de presentación de solicitudes


O prazo de presentación de solicitudes para a participación no proceso selectivo é de 10 días hábiles contados desde a publicación no Boletín Oficial da Provincia (19.02.2016). Iníciase o 20 de febreiro e remata o 2 de marzo.


Máis información


O Último