A Consellería de Emprego, Economía e Industria abre a convocatoria de probas de avaliación en competencias clave. As competencias clave...

Convocatoria de probas de avaliación de competencias clave



A Consellería de Emprego, Economía e Industria abre a convocatoria de probas de avaliación en competencias clave.

As competencias clave son unha vía de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 para aquelas persoas que non posúen os requisitos de formación.

A través da superación das probas apóiase que estas persoas podan cursar con aproveitamento os certificados das 26 familias profesionais do Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade conseguindo con eso unha acreditación oficial das súas cualificacións profesionais.


Competencias clave que se convocan


Convócanse probas nas competencias clave requiridas para todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3:

• Comunicación en lingua galega.
• Comunicación en lingua castelá.
• Competencia matemática.

Tamén se convoca a competencia de comunicación en lingua estranxeira que requiren os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 que teñen un módulo formativo de lingua estranxeira:

• Comunicación en lingua estranxeira (Inglés).


Prazos e lugar de realización das probas


O prazo para presentar a solicitude participación é do 12 de marzo até o 2 de abril de 2016. As probas realizaranse o 21 de maio de 2016 nas instalacións da Fundación Semana Verde de Silleda (Pontevedra).


Máis información


O Último