A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) anuncia a convocatoria de probas presenciais de avaliación de carácter libre par...

Probas Libres para a obtención da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX)

A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) anuncia a convocatoria de probas presenciais de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX).

As probas realizaranse entre os días 27 e 29 de abril en diversas localidades de Galicia. A cita en Lalín será o día 29.


Requisitos para inscribirse nas probas


Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarias da Rede Cemit (con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede Cemit. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico). 


Contido e características


Os/as participantes disporán de 90 minutos, nun só intento, para a realización dun test de 50 preguntas sobre os 5 temas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia (módulo formativo MF0233_2 Ofimática do Catálogo Nacional de Cualificacións):

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

A proba considérase superada se se obtén un 60% de respostas correctas (as respostas incorrectas non descontan).


Forma e prazo de inscrición


A incrición realízase a través de Internet, na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.gal. O prazo é de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia (15.03.2016). As prazas dispoñibles en cada localidade asignaranse por orde alfabética entre as persoas preinscritas en tempo e forma, aplicando o resultado dun sorteo público que se realizará unha vez rematado o prazo de inscrición e cuxo lugar e data de realización se publicitará na páxina web de Cemit (http://cemit.xunta.gal).

Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en mais dunha localidade ou horario.


Taxa de exame


O importe da taxa para inscribirse nas probas é de dez (10) euros de conformidade co anexo 1 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 240, do 11 de decembro). As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar esta taxa no prazo de cinco (5) días naturais desde a data de publicación da listaxe de admisión.


Máis información


O Último