A Concellería de Xuventude do Concello de Lalín coa ETL Aloumiña organiza entre os meses de marzo e maio unha acción formativa de...

Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre do Concello de Lalín



A Concellería de Xuventude do Concello de Lalín coa ETL Aloumiña organiza entre os meses de marzo e maio unha acción formativa de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre. O curso, homologado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ten por obxecto aportar os coñecementos teórico-prácticos necesarios para programar e realizar actividades socioculturais e recreativas, tanto en tempo libre urbano como na natureza.


Destinatarios e requisitos


Persoas maiores de 18 anos con nivel formativo de Graduado Escolar ou equivalente interesadas en formarse no ámbito da animación do tempo de lecer.


Desenvolvemento e duración da formación


O curso consta de dúas fases: unha fase teórico-práctica e unha fase práctica:

A FASE TEÓRICA-PRÁCTICA terá 200 horas lectivas e realizarase en Lalín nos meses de marzo, abril e maio en horario intensivo de mañá e tarde (de 9:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 21:00 h):

- Marzo: días 24, 25, 26 e 27.
- Abril: días 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24 e 30.
- Maio: días 1, 7, 8, 14, 15, 21 e 22.

A FASE PRÁCTICA realizarase nun prazo máximo de 2 anos dende o remate da fase teórico-práctica cun resultado de apto/a. Constará dun mínimo de 12 días en campamentos, colonias, albergues, campos de traballo e outros, en bloques non inferiores a 3 días, ou de 150 horas de actividade en prácticas nunha entidade que traballe no campo da educación no tempo libre.


Prezo de matrícula e bonificacións


O curso ten unha única cota de matrícula de 127 € que se aboará no momento da inscrición. Haberá bonificación e gratuidade nos seguintes casos:

- Bonificación do 50% a membros de familia numerosa clasificada na categoría xeral.
- Exención do 100% a membros de familia numerosa clasificadas na categoría especial.

Para ser beneficiaria/o, é necesario acreditar a condición mediante o correspondente documento acreditativo, no momento de formalizar a matrícula.

Unha vez iniciado o curso, a cota de inscrición non será reembolsable salvo causas razoables e documentalmente xustificables.


Inscrición, prazo e documentación


A inscrición poderá realizarase até o 21 de marzo de 2016 ás 15:00 horas na OMIX de Lalín, ou ben a través do enderezo de correo electrónico xuventude@lalin.gal.

Xunto coa ficha de inscrición cumprimentada haberá que achegar a seguinte documentación:

- Unha fotografía tamaño carné.
- Xustificante bancario do pagamento da matrícula.
- Copia do DNI
- Copia do Graduado Escolar ou estudos equivalentes ou superiores.

As prazas son limitadas, reservándose estas por rigorosa orde de inscrición.


Máis información 


Oficina Municipal de Información Xuvenil - Concello de Lalín
Praza de Galicia nº 1, 36500 Lalín
Tfno: 986 78 70 60
xuventude@lalin.gal
www.lalin.gal





O Último