A Fundación Mapfre abre a convocatoria 2016 das bolsas para obter o permiso de conducir B ou superior . Esta inciativa da a oportunida...

Queres aprender a conducir? A Fundación Mapfre abriu a convocatoria 2016 das bolsas para obter o permiso B ou superior


A Fundación Mapfre abre a convocatoria 2016 das bolsas para obter o permiso de conducir B ou superior. Esta inciativa da a oportunidade a mozos/as en situación de desemprego de acceder a unha axuda económica de 500 euros libres de impostos, para a obtención do permiso B ou superior.

Para acceder a esta axuda hai que superar un sinxelo TEST DE COÑECEMENTOS DE SEGURIDADE VIARIA e cumprir varios requisitos.


Requisitos


Despois de superar o test de seguridade viaria aquelas persoas que queiran participar na obtención das bolsas deberán cumprir os seguintes requisitos:

- Rexistrarse como solicitante da bolsa enchendo o formulario de rexistro que se atopa na dirección de Internet www.seguridadvialparajovenes.com.
- Ter entre 18 e 29 anos, ambos inclusive, no momento de superar o test.
- Dispor de DNI ou cartón de residencia en España en vigor.
- Estar en situación de desemprego, alomenos, desde o 1 de xullo de 2015 até o momento da solicitude.
- Vivir no domicilio familiar.
- Aceptar a política de privacidade e as bases da convocatoria.

Outorgaranse a mozos/as pertencentes a familias de escasos recursos, polo que se terán en conta os ingresos anuais da unidade familiar (inferiores a 15.000 €. O/a solicitante deberá facilitar todos os documentos necesarios e requiridos por Fundación Mapfre ou empresas delegadas para poder verificar que cumpre os requisitos).


Procedemento de adxudicación


O número de bolsas nesta convocatoria é de 190. Serán distribuídas a razón de 19 bolsas ao mes no período de febreiro a decembro de 2016 (salvo agosto, é dicir, durante 10 meses).

No caso de que nalgún dos 10 meses indicados existan máis solicitudes que bolsas, realizarase un sorteo ante notario para designar os gañadores dese mes.

O gañador/a que non estea matriculado nunha autoescola adherida ao programa de seguridade viaria para mozos/as de Fundación Mapfre ten un prazo dunha semana para facelo desde a súa concesión.


Período de inscrición


Até o 31/12/2016.


Máis Información


Bolsas Permiso de Conducir - Fundación Mapfre

O Último