FSC INSERTA está a organizar para o vindeiro mes de maio varios cursos gratuítos para persoas con discapacidade en situación de desempre...

Cursos gratuítos para persoas con discapacidade de FSC INSERTA


FSC INSERTA está a organizar para o vindeiro mes de maio varios cursos gratuítos para persoas con discapacidade en situación de desemprego. Serán dúas accións que se impartirán de forma presencial e un Certificado de Profesionalidade en modalidade on-line, con 32 horas presenciais e 80 horas de prácticas en empresas. O lugar de impartición de todas as sesións presenciais destes cursos será Santiago de Compostela.


Listaxe de cursos, horas e datas


Curso Horas Lugar Data de inicio Data de fin Observacións
Manipulación de cargas con carretillas elevadoras 60 Santiago de Compostela 02.05.2016 18.05.2016
Transporte de mercadorías por estrada 140 Santiago de Compostela 24.05.2016 08.07.2016 Con exame da DXT
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais 450 Online. Santiago de Compostela 23.05.2016 23.12.2016 Certificado de profesionalidade Nivel 2


Características e axudas


Os cursos son gratuítos porque están cofinanciados pola FUNDACION ONCE e o FONDO SOCIAL EUROPEO, e execútanse no marco dos programas POISES e POEJ. O alumnado dispón dunha bolsa de 9 euros por cada día que asistan ao curso. As clases presenciais no curso en liña impartiranse en Santiago. As prácticas realizaranse o máis preto posible do domicilio do alumnado.


Inscricións e máis información


As persoas interesadas poden anotarse no portal de emprego www.portalento.es ou recabar máis información no teléfono 981 554 483 ou o enderezo R/ Laverde Ruiz, 4-baixo de Santiago de Compostela.

O Último