O vindeiro sábado 7 de maio celebrarase no Auditorio de Lalín a I Xornada de Protección Civil e Emerxencias . A actividade promovida po...

I Xornada de Protección Civil e Emerxencias de Lalín



O vindeiro sábado 7 de maio celebrarase no Auditorio de Lalín a I Xornada de Protección Civil e Emerxencias. A actividade promovida pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil municipal incluirá ponencias e simulacros gratuítos para os/as participantes. Tamén haberá talleres específicos, cun custe de 10 euros, e un xantar de confraternidade.


Programa da xornada


9:00 horas Acreditacións asistentes.
9:30 horas Acto apertura da xornada.
09:45 Ponencia: "Triaxe básico".
10:15 Ponencia: "Atención Psicolóxica a intervintes en catástrofes".
10:45 Acto de Honra e Homenaxes.1
11:30 Pausa café
12:00 Ponencia seguridad vial: "Os máis vulnerables, motoristas, ciclistas e peóns".
13:00 Ponencia: "Posibilidades dos drons nas emerxencias".
14:30 Descanso e comida
17:00 Simulacro dunha busca de persoas. Accidente de tráfico.
19:00 Clausura da xornada.

De 12:00 a 14:00, impartiranse 5 talleres simultáneos (máximo 20 participantes por taller). A temática de cada un deles será a seguinte:

Taller de manexo de ERAS (Equipos de Respiración Autónoma), impartido por Pc Cangas e Pc de Lalín.
Taller de DESA (Desfibrilador Externo Semiautomático), impartido por Semes.
Taller de politrauma, impartido por Asgate e Protección Civil de Lalín.
Taller de comunicacións, impartido por Axega.
Taller de traslado involuntario, paciente psiquiátrico agresivo, impartido por Asgate.


Procedemento de inscrición


As persoas interesadas deben inscribirse a través da web da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP): www.agasp.xunta.es

Para participar nun dos 5 talleres simultáneos (só se poderá participar nun) hai que realizar unha prescrición previa, até o martes 3 de maio, no correo electrónico proteccioncivil@lalin.gal especificando os datos (nome, apelidos e DNI) e o taller no que desea participar. A selección farase por rigurosa orde de inscrición. O mércores día 4 as persoas preincritas recibirán un correo informando de se está admito/a no taller e deberá facer o ingreso de 10€ para a reserva definitiva (se non se efectúa o pago no día sinalado se pasará o turno ó seguinte da lista).

Se ademáis se quere participar no xantar de confraternidade de 14:00 16:30 tamén será preciso anotarse previamente, até o martes 3 de maio, no correo proteccioncivil@lalin.gal, especificando os datos (nome, apelidos e DNI). Non hai límite de prazas. O mércores 4 de maio será a data límite para facer o ingreso de 20€ correspondentes ao xantar.

Existe un pack que inclúe taller + xantar con un prezo de 25€.
O número de conta no que se terá que facer o ingreso e o da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lalín en Abanca IBAN ES58 2080 5429 6130 4011 7614. Debe enviarse o xustificante de pago ao correo proteccioncivil@lalin.gal.


Máis información


Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lalín
Correo electrónico: proteccioncivil@lalin.gal ou o nº de teléfono 654 95 70 75 (preferiblemente por Whatsapp).



O Último