A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a convocatoria de procesos selectivos para cubrir, mediante o s...

Convocadas 1.112 prazas docentes e de inspección da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria



A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a convocatoria de procesos selectivos para cubrir, mediante o sistema concurso-oposición, 1.112 prazas no seu cadro de persoal. A distribución de prazas é a seguinte:

- 12 prazas para o corpo de inspectores/as de educación.
- 478 prazas para o de profesores/as de ensino secundario.
- 122 prazas para o de profesores/as técnicos/as de formación profesional.
- 500 prazas para o de mestres/as.


Requisitos de participación no proceso selectivo


Os requisitos que deben reunir os/as aspirantes para acceder ás prazas ofertadas son:

- Ter nacionalidade española ou ter a nacionalidade doutro Estado membro da Unión Europea ou de calquera outro dos estados cos que se subscribiron tratados da Unión Europea ratificados por España.

Tamén poderán participar os descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos. Tamén poderán participar os cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europeao. Así mesmo, poderán participar os descendentes, sempre que sexan menores de vinte e un anos.

- Cumprir o dezaseis anos e non alcanzar a idade establecida para a xubilación.

- Estar en posesión das titulacións específicas para cada corpo.

- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impidan o desempeño das funcións.

- Non recibir expediente disciplinario algún ou atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial.

- Non ter antecedentes no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

- Non ser persoal funcionario de carreira, en prácticas ou estar pendente de nomeamento na área ao que se aspira, agás que se concorra para adquirir nova especialidade.

- Acreditar o coñecemento do galego.

- Acreditar, se é o caso, o coñecemento do castelán.


Solicitudes e prazo de presentación


A solicitude deberá efectuarse por Internet a través da páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20)  días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (19.04.2016). Deberá imprimirse a instancia e presentarse, xunto coa documentación acreditativa, nalgún dos lugares previsto en:

- No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais.
- No caso de que se optase por presentar a solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de Correos antes de ser certificada.
- As solicitudes subscritas polas persoas que residan no estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas ou oficinas consulares españolas

Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para un mesmo corpo, salvo que se opte por máis dunha especialidade.


Taxa por dereitos de exame


Os dereitos de exame serán 35,08 euros para todos os corpos. Estarán exentos do pago as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 % e as que sexan membros de familias numerosas.

Aplicaráselle unha bonificación do 50 % ás persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses antes da data da convocatoria e non estean a percibir prestación.

Para o pago dos dereitos de exame poderá efectuarse o pago de forma electrónica accedendo á Oficina Virtual Tributaria. Se se opta por este caso, é obrigatorio enviar o xustificante que se imprime ao efectuar o pago.


Datas e lugar de realización dos exames


Nas próximas semanas concretaranse as datas e lugares das probas de selección.. No caso do corpo de mestres terán lugar na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, en función do número de solicitantes.

O feito de matricularse nunha provincia determinada e superar o proceso selectivo non significa que ese sexa o seu destino. Educación poderá destinar ao aspirante, dentro da comunidade autónoma, a calquera provincia, de acordo co procedemento de adxudicación.


Máis información


Orde do 4 de abril de 2016 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 74 do 19.04.2016).

O Último