Mañá 02.04.2016 ábrese o prazo de solicitude para participar no proceso de selección dunha praza de CONDUTOR/A-OPERARIO/A DE OBRAS E SER...

Selección dunha praza de Condutor/a-Operario/a de Obras e Servizos Municipais do Concello de Lalín


Mañá 02.04.2016 ábrese o prazo de solicitude para participar no proceso de selección dunha praza de CONDUTOR/A-OPERARIO/A DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS. A selección realizarase polo sistema de oposición libre. As persoas interesadas teñen 20 días naturais para presentar a súa solicitude. 


Condicións da praza


A praza, incluida na plantilla de persoal laboral do Concello de Lalín, ten como funcións o desenvolvemento de labores de conducción de distinta maquinaria municipal, así como a realización de tarefas propias de operario/a no departamento de obras e servizos municipais.

Tipo de persoal: Laboral fixo.
Réxime: Xornada completa.
    

Requisitos para participar no proceso


Entre outros requisitos as persoas que desexen participar no proceso deberán estar en posesión do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou Graduado Escolar ou equivalentes aos efectos laborais. Ademais, como mínimo, deberán posuír os carnets de conducir das categorías B e C.


Taxa de dereitos de exame


Os/as aspirantes deberán aboar en concepto de dereitos de exame o importe de 15 € (quince euros).


Probas do proceso de selección


PRIMEIRO EXERCICIO (teórico): Cuestionario tipo test de 50 preguntas sobre o contido do temario da convocatoria.
SEGUNDO EXERCICIO (práctico): Realización de distintas probas de condución e manexo de vehículos e maquinaria municipal (motoniveladora, retroescavadora, camión de bacheo...).

Aqueles/as aspirantes que non posúan como mínimo o Certificado de Lingua Galega (CELGA 2) ou equivalente debidamente homologado deberán realizar:

TERCEIRO EXERCICIO (coñecemento da lingua galega): Tradución directa e/ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego.


Máis información


O Último