A Asociación de Empresarios de Deza (AED) ten programado para as vindeiras datas sete cursos de formación contable, tributaria e fiscal....

Cursos de formación contable, tributaria e fiscal na AED


A Asociación de Empresarios de Deza (AED) ten programado para as vindeiras datas sete cursos de formación contable, tributaria e fiscal. Estas actividades forman parte do seu Plan de Formación 2016:

Curso práctico de fiscalidade para Pemes: IRPF, IVE e Sociedades
(Venres 15 de abril, de 16.00 a 21.00 horas)
Este curso ten como obxectivo favorecer a revisión das obrigas fiscais dunha pequena empresa a través dos principais modelos tributarios.

Curso práctico de IRPF a través do programa Padre
(Sábado 16 de abril, de 9.00 a 14.00 horas)
Neste curso tratarase o imposto sobre a renda de forma práctica, analizando cun programa informático as distintas situacións reais que contempla a normativa.

Curso de práctica contable para contables
(Venres 22 de abril, de 16.00 a 21.00 horas).
Esta acción formativa analizará de forma práctica a contabilidade das operacións máis complexas en cursos de activos non correntes, arrendamentos financeiros, subvencións, doazóns ou legados.

Peche contable e fiscal
(Sábado 23 de abril, de 9.00 a 14.00 horas).
Este curso centrarase na axuda a profesionais para optimizar o peche e liquidación do exercicio con operacións de axuste contable, regularizacións conforme á normativa e contabilidade do imposto de beneficios e determinación da carga fiscal da sociedade.

Curso de análise de estados financieiros
(Venres 29 de abril, de 16.00 a 21.00 horas).
Esta formación ten como obxectivo profundar na análise da implicación dos criterios empregados na contabilidade sobre os resultados e da situación da empresa, así como as principais pautas para o uso eficaz dos cocientes á hora de tomar decisións na sociedade.

Operacións vinculadas
(Sábado 30 de abril, de 10.00 a 13.00 horas).
O obxectivo deste curso é estudar os aspectos contables, fiscais e económico-financeiros, mediante unha análise pormenorizada dos supostos de feito aos cales se lles aplica a normativa referente ás operacións vinculadas.

Curso de contabilidade do imposto de sociedades
(Venres 6 de maio, de 18.00 a 21.00 horas).
Esta formación exporá de forma clara, práctica e sinxela a contabilidade do Imposto de Sociedades.


Máis información e inscricións


Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula nas iniciativas que desexen ou recabar máis información sobre as mesmas a través dos teléfonos 986 787 091 e 667 699 161 ou do correo electrónico teresaromero@aedeza.com.

O Último