Data: 06-06-2016 Posto: DIPLOMADO/A EN TURISMO, TÉCNICO/A SUPERIOR DE INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA, TÉCNICO/A SUPERIOR EN GUÍA...

Convocatorias de Bolsas de Práctica Laboral (Maio-Xuño 2016)

Data: 06-06-2016
Posto: DIPLOMADO/A EN TURISMO, TÉCNICO/A SUPERIOR DE INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA, TÉCNICO/A SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICA (2 BOLSAS DE PRÁCTICAS EN OFICINA DE INFORMACIÓN TURÍSTICA)
Lugar: Mancomunidade de Concellos do Val Miñor. Baiona (Pontevedra).
Descrición: Selección de 2 bolsas para a realización de prácticas na oficina de información turística da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor para fomentar e mellorar o coñecemento sobre a información e comercialización turística, os servizos que se prestan ós usuarios/as e outras actividades propias da función que debe cumprir na oficina de información durante 2 meses (desde 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2016).
Sistema de selección: Concurso de méritos e entrevista persoal.
Prazo de solicitude: 7 días contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (06.06.2016).

Data: 25-05-2016
Posto: LICENCIATURA, DIPLOMATURA, GRAO OU EQUIVALENTE (6 BOLSAS DE FORMACIÓN DE PERSOAS EXPERTAS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL)
Lugar: Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea (Santiago de Compostela) e Unidades de Cooperación no Exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvementono (estranxeiro).
Descrición: Selección de 6 bolsas para a formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento cunha duración máxima de doce meses e con data de inicio prevista o 1 de setembro de 2016.
Sistema de selección: Concurso de méritos e entrevista persoal.
Prazo de solicitude: 1 mes contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (25.05.2016).

Data: 23-05-2016
Posto: LICENCIATURA OU GRAO EN BIOLOXÍA (BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL PARA TITULADO/A SEN EXPERIENCIA PREVIA)
Lugar: Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Deputación de Pontevedra (Pontevedra).
Descrición: Selección dunha bolsa para persoa con titulación de licenciatura ou grao en Bioloxía sen experiencia laboral previa para a realización de tarefas diagnóstico, análise e asesoramento na sección de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica.
Sistema de selección: Concurso-Oposición.
Prazo de solicitude: 15 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (23.05.2016).

Data: 23-05-2016
Posto: GRAO OU DE DIPLOMATURA EN TURISMO, TÉCNICO/A SUPERIOR EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICAS OU TÉCNICO/A SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIAS TURÍSTICAS (BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL PARA TITULADO/A SEN EXPERIENCIA PREVIA)
Lugar: Concello de Marín (Pontevedra).
Descrición: Selección dunha bolsa para persoa con titulación de Grao ou Diplomatura en Turismo, Técnico/a Superior en Información e Comercialización Turísticas ou Técnico/a Superior en Guía, Información para a realización de prácticas laborais nas oficinas de información turística municipais durante 3 meses.  
Sistema de selección: Concurso-Oposición.
Prazo de solicitude: 5 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (23.05.2016).

O Último