A segunda proba do proceso de selección de 4 axentes de aparcadoiro para o parking "Aldea Grande" terá lugar o vindeiro martes 24 de maio ás 11.00 horas no Complexo Deportivo Lalín Arena. A este exercicio están convocados todos os/as participantes que superaron o primeiro test: 144 candidatos/as dos máis de 300 presentados/as.
Características do segundo exercicio
O segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na resolución dun caso práctico proposto polo tribunal e relacionado co contido do programa. A puntuación máxima deste exercicio será de 10 puntos.
Fin do proceso selectivo - Incorporación á Bolsa de Emprego
As catro persoas que obteñan a máxima puntuación no proceso accederán aos 4 contratos que se ofertan: tres a xornada completa (un reservado a unha persoa con discapacidade) e outro a media xornada.
Ademais, todos os/as participantes que o superen pasarán a formar parte da bolsa de emprego do Concello de Lalín, unha listaxe de contratación, de conformidade coa Relación de Postos de Traballo (RTP) municipal que facilitará novas incorporacións.
Data e lugar de realización do segundo exercicio
A cita con esta última fase do proceso é o:
Martes 24 de maio ás 11.00 horas no Complexo Deportivo Municipal "Lalín Arena" (Avda. Xosé Cuiña nº 42).
Máis información
Web municipal: www.lalin.gal (Concello Aberto - Selección de Persoal)
Bases reguladoras do proceso (Bolsa de Emprego). Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (19.02.2016).
Selección de prazas no multiusos Lalín Arena, o parking Aldea Grande e o servizo de limpeza do Concello de Lalín.
Convocatoria de exames das prazas de axente de aparcadoiro para o parking público Aldea Grande.