O Concello de Lalín porá en marcha o próximo mes de xuño un plan de prácticas non laborais remuneradas en empresas dirixido a favorecer...

Lalín impulsa a formación e inserción laboral da súa mocidade cun plan de prácticas remuneradas en empresas locais



O Concello de Lalín porá en marcha o próximo mes de xuño un plan de prácticas non laborais remuneradas en empresas dirixido a favorecer a inserción laboral de mozos/as desempregados/as. A institución municipal está traballando na xestión desta iniciativa que contará coa colaboración do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

O proxecto terá un investimento de 35.000 euros e beneficiará a unha vintena de empadroados/as no municipio.


Requisitos básicos das persoas participantes


Os requisitos básicos que terán que cumprir as persoas participantes son:

- Estar empadroado/a no Concello de Lalín.
- Ter unha idade entre 18 e 25 anos.
- Estar en situación de desemprego.
- Ter cursado algún ciclo medio ou estar en posesión dun certificado de profesionalidade.


Procedemento


O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) será o encargado de realizar as sondaxes e de propor os candidatos/as ás empresas que desexen acoller mozos/as en prácticas.

As sociedades serán informadas pola administración municipal da iniciativa e as que desexen sumarse ao plan deberán subscribir un convenio de colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). As firmas son as que seleccionarán as propostas de candidatos/as remitidas desde o departamento autonómico.


Duración das prácticas


O periodo de prácticas terá unha duración mínima de 3 meses e unha máxima de 5. A xornada de traballo non poderá exceder das 8 horas diarias e tampouco das 40 semanais.

O programa está previsto que finalice o 30 de novembro de 2016. 


Máis información


Lalín destina 35.000 euros a un plan de emprego para mozos/as (La Voz de Galicia, 01.05.2016).
Lalín impulsa un plan de prácticas non laborais en empresas para unha vintena de mozos/as (Faro de Vigo, 01.05.2016).
Lalín pon en marcha un programa de emprego para incentivar os contratos (El Correo Gallego, 01.05.2016).


Pendente a selección de bolseiros/as


O Último