Data: 14-05-2016 Posto: ADMINISTRATIVO/A-PILOTO RPAS Lugar: Lalín. Descrición: Precísase administrativo/a para empresa de drons. Traba...

Ofertas de Emprego (Maio 2016) 1ª

Data: 14-05-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A-PILOTO RPAS
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase administrativo/a para empresa de drons. Traballo a media xornada ou como freelance. Posibilidade de entrar no cadro de persoal en función dos resultados.
Requisitos: Con experiencia en documentación e trámites con AESA. Imprescindible piloto de RPAS. Valorarase dispoñibilidade e actitude. Valorarase moi favorablemente formación como piloto privado ou comercial.
Publicada/Xestionada: Aerocámaras (Rúa F nº 9-1E, 36500 Lalín): ☎ 986781517 (Pablo).

Data: 14-05-2016
Posto: PERSOAL PARA GANDERÍA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoal para ordeño en gandaría de vacas de leite, ademais de mantemento de cubículos e demais tarefas.
Requisitos: Valorarase experiencia demostrable e a idade comprendida entre 18 e 40 anos preferiblemente.
Publicada/Xestionada: Particular (David). Interesados/as contactar vía email.

Data: 13-05-2016
Posto: COMERCIAL
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Precísase comercial a tempo total ou parcial. Traballo por  diferentes zonas xeográficas de Galicia. Se oferce contrato con seguridade social, soldo fixo e comisións. Altas remuneracións.
Requisitos: Imprescindible coche propio e dispoñibilidade para desprazarse. Don de xentes, seriedade e constancia. Absterse persoas sen ganas de traballar. 
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 10-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Restaurante Catro Camiños precisa incorporar camareiro/a. Ofrécese contrato a media xornada.
Requisitos: Preferiblemente menor de 30 anos. Experiencia mínima e coñecementos básicos de cociña. Persoa traballadora, de bo carácter e disposta.
Publicada/Xestionada: Restaurante Catro Camiños (Cercio nº 28, 36596  Lalín):  ☎ 669390460 (Davinia Rielo) - 986682466.

Data: 10-05-2016
Posto: CONDUTOR/A-REPARTIDOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Suministros Carbonara, empresa dedicada á comercialización e distribución de combustibles sólidos, precisa condutor/a-repartidor/a. Ofrecese contrato a media xornada e posibilidade de continuidade na empresa con contrato a xornada completa. Traballo estable.
Requisitos: Graduado Escolar. Carné C1 e CAP en vigor. Preferiblemente idade entre 25-40 anos. Persoa responsable, sería, con dotes comerciales. Bo trato co cliente. Forza física para cargar pesos. Valorase experiencia como repartidor/a, conductor/a de camión, comercial, traballo de cara o público.
Publicada/Xestionada:  Suministros Carbonara (Lg. Alfonselle nº 24, 36500 Lalín). Interesados/as enviar curriculum ao email: karbon.ara@hotmail.com.

Data: 10-05-2016
Posto: PROMOTOR/A DE SALÓN RECREATIVO
Lugar: Lalín.
Descrición: O salón recreativo Solpark Lalín precisa promotor/a. A súa función será acoller ao/á cliente, dar cambio, asesoramento e resolución de incidencias, todo iso co obxectivo de garantir a total satisfacción dos/as clientes durante a súa estancia. Duración do contrato: 4 meses.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos de deportes, atención ao/á cliente, iniciativa, orientación a resultados. Persoa positiva, comunicativa, dinámica, proactiva e con ganas de crecer profesionalmente. Con paixón polos deportes e orientada á consecución de obxectivos. Imprescindible residente na provincia.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 09-05-2016
Posto: COMERCIAL (Autónomo/a)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: El Correo Gallego precisa comercial en réxime de autónomos/as. Alta comisión.
Publicada/Xestionada: El Correo Gallego. Interesados/as enviar curriculum ao email: recursoshumanos@elcorreogallego.es.

Data: 09-05-2016
Posto: ALMACENISTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa situada no municipio de Lalín precisa almacenista para realizar tarefas en almacén e reparto de material. Ofrécese contrato laboral a xornada completa.
Requisitos: Con experiencia no posto. Preferiblemente idade non superior aos 45 anos. Imprescindible: permiso de conducir clase C e CAP.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 06-05-2016
Posto: OPERARIO/A DE REVESTIMENTOS (Urxente)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoa para revestimentos (xeso, morteiro). Duración de 6 a 9 meses. Salario conforme a convenio.
Requisitos: Con experiencia acreditada.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Enviar curriculum vía email: integrado@lalin.gal indicando no asunto "Operario/a de Revestimentos".

Data: 06-05-2016
Posto: ASISTENTE/A DE VENDAS TELEFÓNICO/A (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Accepta, empresa do grupo Santa Lucía, selecciona 2 persoas para venda telefónica de seguros e produtos financeiros. As funcións a desempeñar serán: emisión de chamadas, contacto telefónico con potenciais clientes e clientes en carteira, asesoramento de produtos e servizos, peche da operación. Xornada de luns a venres en quenda partida. Contrato laboral. Salario fixo+incentivos. Formación a cargo da empresa e proxección profesional.
Publicada/Xestionada: Accepta. Interesados/as enviar curriculum ao email: samanta.pilonetar@acceptasi.es co asunto "Lalín".

Data: 04-05-2016
Posto: AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase auxiliar de axuda a domicilio para coidado de persoa maior con demencia. Xornada de tarde, de 19.00 a 22.30 horas. Salario a convir. Residencia na parroquia de Cercio.
Requisitos: Formación en atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Enviar curriculum vía email: integrado@lalin.gal indicando no asunto "Auxiliar de axuda a domicilio".

Data: 04-05-2016
Posto: PATRONISTA
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Quelqum selecciona patronista para traballo a media xornada. Contrato: 6 meses.
Requisitos: Con experiencia (coñecemento de modales).
Publicada/Xestionada: Quelqum. Interesados/as enviar curriculum ao email: quelqum@quelqum.com.

Data: 03-05-2016
Posto: CAIXEIRO/A-REPOÑEDOR/A (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Lidl Supermercados selecciona caixeiro/a-repoñedor/a para xornada de 20 horas semanais durante 3 meses. A persoa que se incorpore realizará as seguintes funcións: cobro en caixa e atención ao cliente; reposición da mercadoría; limpeza da tenda e do posto de traballo.
Requisitos: Educación Secundaria Obrigatoria. Persoa organizada, dinámica e proactiva. Dispoñibilidade horaria para traballar por quendas (horario rotativo). Valorarase experiencia previa como caixeiro/a.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 03-05-2016
Posto: PEITEADOR/A (4 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse 4 perruqueiros/as para posto de traballo en salón de perruquería.
Requisitos: Experiencia de polo menos 1 ano na profesión. Formación non necesaria.
Publicada/Xestionada: Particular (María): ☎ 986782215.

Data: 03-05-2016
Posto: TÉCNICO/A DE RECADACIÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona técnico/a de recadación para a zona de Lalín. As súas principais responsabilidades serán o mantemento de máquinas en diversos locais (hostelería), instalación e desinstalación das mesmas, alongamentos de cableado, etc...
Requisitos: Formación Profesional Grao Medio: Electricidade e Electrónica. Experiencia de polo menos 1 ano en mantemento de caixeiros automáticos, máquinas expendedoras, vending e similares. Valorarase experiencia en instalación de ADSL, VDSL, fibra, configuración de equipos, routers TELDAT e CISCO. Persoa responsable, dinámica, proactiva e orientada a resultados e á mellora continua. Residencia en Lalín. Carné de conducir B1 ao día e certificado de penais ou conduta cidadá ao día. Imprescindible dispoñibilidade para traballar as fin de semana a quendas.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 02-05-2016
Posto: AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (Urxente)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase auxiliar de axuda a domicilio para realizar tarefas de hixiene persoal diaria e limpeza domiciliaria.
Requisitos: Con experiencia. Solicítanse referencias.
Publicada/Xestionada: Particular (Irene): ☎ 665796598.

Data: 02-05-2016
Posto: PERSOA PARA REPARTO DE PUBLICIDADE (varias vacantes)
Lugar: Lalín e comarca.
Descrición: Precísanse persoas para reparto de publicidade: buzoneo, parabriseo, pegado de carteis, etc.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar nome completo, teléfono de contacto, idade e fotografía recente ao email: comercialesacomision@hotmail.com.

Data: 02-05-2016
Posto: DESEÑADOR/A GRÁFICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona para importante empresa da zona de Lalín unha persoa para tarefas de deseño gráfico.
Requisitos: Dominio de Illustrator, Photoshop e coñecementos de programación en Unix e Linux. Valorarase nivel alto de inglés.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 02-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Establecemento hostaleiro precisa camareiro/a de barra e comedor. Ofrécese contrato laboral a xornada completa e incorporación inmediata.
Requisitos: Con experiencia demostrable.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 02-05-2016
Posto: XESTOR/A DE COMPRAS E ALMACÉN
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase xestor/a de compras e almacén,
Requisitos: Con experiencia laboral demostrable. Imprescindible que os candidatos/as teñan un nivel fluído de inglés oral e formación na área de Administración.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 01-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a.
Requisitos: Residencia en Lalín.
Publicada/Xestionada: Particular (Mar). Interesados/as contactar vía email.





Data: 12-05-2016
Posto: CALCULISTA DE ESTRUCTURAS CON ROBOT STRUCTURAL ANALYSIS PROFESSIONAL
Lugar: Agolada.
Descrición: Precísase calculista de estruturas con robot structural analysis professional para docencia (función principal). As tarefas a desenvolver serán: deseño de contidos do curso; impartición de formación online e/ou presencial e realización de servizos de consultoría.
Requisitos: Experiencia probada de máis de 3 anos en cálculo de estruturas con Robot Structural Analysis Professional. Estudos mínimos Enxeñeiro/a Industrial, Arquitecto/a ou Aparellador/a. Disponibilidade. Non imprescindible residencia en Galicia. Valorarase experiencia docente.
Publicada/Xestionada: Galejobs.

Data: 10-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase camareiro/a para bar.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 665013386.

Data: 10-05-2016
Posto: VENDEDOR/A DE TELECOMUNICACIÓNS
Lugar: Silleda.
Descrición: Empresa distribuidora de servizos de telecomunicacións, selecciona vendedor/a para tenda en Silleda. A vacante será para traballar a media xornada, 20 horas/semana de luns a sábado, ampliando a xornada completa no período vacacional. As funcións serán: atención ao/á cliente, caixa, venda de produtos, tramitación de pedidos, e demais xestións administrativas.
Requisitos: Estudos mínimos Ciclo Formativo Grao Superior - Comercio e Mercadotecnia, relacionada con xestión comercial, vendas ou similar. Formación complementaria relacionada coas funcións do posto. Experiencia mínima de polo menos de 6 meses a 1 ano traballando en postos de vendedor e atención ao/á cliente. Persoa con experiencia no sector das telecomunicacións e con dispoñibilidade horaria para traballar en distintas quendas. Bo comunicador/a. Persoa organizada, planificada e orientada a resultados.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 07-05-2016
Posto: MOZO/A DE DESCARGA E MONTAXE (4 vacantes)
Lugar: Silleda.
Descrición: Synergie TT selecciona a 4 mozos/as para realizar descarga de camión e montaxe de escenario en Silleda que se utilizará para unha gravación televisiva. Contrato a xornada completa o mércores día 11 de maio e salario segundo convenio da empresa usuaria.
Requisitos: Estudos mínimos Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia como mozo/a de almacén ou mozo/a de carga e descarga (polo menos 1 ano). Dispoñibilidade para traballar a próxima semana en Silleda. Dispor de vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 03-05-2016
Posto: MONITOR/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Turismo Gallego Medioambiental precísa monitor/a de tempo libre para traballar na campaña 2016.
Requisitos: Estudos mínimos de Bacharelato. Experiencia mínima de polo menos 2 anos en actividades ocioeducativas e/ou actividades no medio natural. Experiencia acreditada en actividades ocioeducativas con grupos de escolares e/ou en campamentos de verán. Valoraranse titulacións relacionadas co medio natural (Educación Ambiental, Actividades Físico Deportivas...). Valorarase experiencia en actividades relacionadas co turismo activo (escalada, cabalos, orientación...). Valoraranse experiencias laborais previas en Centros de Educación Ambiental, Granxa Escola, Centros de Turismo Activo...
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 02-05-2016
Posto: DESEÑADOR/A GRÁFICO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Arlit Artes Gráficas, empresa especializada en artes gráficas, precisa incorporar Deseñador/a Gráfico/a.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Superior - Artes Gráficas. Coñecementos en maquetación para preimpresión dixital. Experiencia mínima de polo menos 3 anos. Manexo de ferramentas informáticas como: Photoshop, Illustrator e Indesign, entre outras. Valorarase experiencia na colocación de todo tipo de soporte dixital: rotulación, lonas, murais, vinilo téxtil, etc. Residencia na zona Deza-Tabeirós-Montes. Vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 02-05-2016
Posto: TÉCNICO/A DE ARTES GRÁFICAS
Lugar: Silleda.
Descrición: Arlit Artes Gráficas, empresa especializada en artes gráficas, precisa incorporar técnico/a.
Requisitos: Estudos mínimos en Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 3 anos en maquinaria para impresión offset, dixital e gran formato, entre outras. Con experiencia en procesos como guillotinado, encartado, laminado, grampado e calquera outro de post-impresión. Valorarase experiencia no manexo de maquinaria Heidelberg Speedmaster e Roland. Residencia na zona Deza-Tabeirós-Montes. Vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Infojobs.





Data: 14-05-2016
Posto: COMERCIAL DE SEGUROS
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Axencia de Seguros que distribúe en exclusiva produtos de seguros Santa Lucía, precisa persoa para comercialización de seguros. Ofrécese formación específica e continua de cada produto, posibilidades de promoción e remuneración fixa e variable.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional ou Bacharel. Experiencia mínima non requirida. Persoa con habilidades comunicativas, vocación comercial e capacidade para o traballo en equipo. Valorarase experiencia comercial ou en vendas, coñecemento do sector seguros, produtos de seguros ou produtos do ramo vida, produtos financeiros.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 13-05-2016
Posto: OPERARIO/A DE TALLER MECÁNICO (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Nor'Integra selecciona operario/a de taller mecánico a tempo parcial (mañá).
Requisitos: Formación Profesional de grao medio en mecánica do automóbil. Experiencia mínima dun ano realizando tarefas similares ao posto ofertadoCertificado de Discapacidade de grao igual ou superior ao 33%.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 13-05-2016
Posto: PEITEADOR/A
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Precísase peiteador/a que domine todas as técnicas tanto de corte, peiteado como de cor.
Requisitos: Persoa seria, dinámica e responsable. Dispoñibilidade de incorporacion inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular (Pilar): ☎ 622848103.

Data: 13-05-2016
Posto: COIDADOR/A INTERNA
Lugar: Ourense.
Descrición: Ateular precisa coidador/a interna para acompañamento dunha señora de luns a sábado.
Requisitos: Con experiencia demostrable e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Ateular (Av. de la Habana nº 40 Entr., Ourense) ☎ 988606549 - 680658555. Interesados/as enviar curriculum ao email: empleoateular@outlook.es.

Data: 13-05-2016
Posto: FISIOTERAPEUTA
Lugar: O Carballiño (Ourense)
Descrición: Precísase fisioterapeuta.
Requisitos: Diplomatura en fisioterapia ou mestrado en fisioterapia do deporte.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 12-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase camareiro/a para desenvolver tarefas propias do posto no servizo de comedor dun restaurante. Contrato temporal, con posibilidade de ser contrato fixo.
Requisitos: Experiencia no posto. Persoa traballadora e profesional. Valórase titulación.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 11-05-2016
Posto: SOLDADOR/A MIG-MAG (5 vacantes)
Lugar:  Carballiño (Ourense)
Descrición: Eurofirms ETT, busca soldadores/as MIG-MAG con experiencia en soldadura semiautomática con fío tubular, para importante empresa do sector metal.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 2 anos en semiautomática e fío tubular en grandes estructuras, e chapa grosa (soldador/a homologado/a). Dispoñibilidade para traballar a turnos. Persoa seria e responsable.
Publicada/Xestionada: Infojobs

Data: 10-05-2016
Posto: ELECTRICISTA
Lugar:  Milladoiro, Ames (A Coruña).
Descrición: Integraqua Technology SL precisa electricista para mecanizado e enrutado de cadros. Realizará as seguintes funcións: traballo con ferramentas eléctricas (multímetro, pinza amperimétrica...); interpretación de esquemas eléctricos e listaxe de conexionados; instalación de compoñentes eléctricos; organización de tarefas de fabricación e montaxe de maquinaria.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Superior - Electricidade e Electrónica. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Coñecementos necesarios: ferramentas eléctricas, mecanizado, maquinaria, desenvolvemento de produtos, montaxe cadros manobra e control, mantemento electrónico industrial, cableado. Residencia na provincia do posto vacante. Capacidade para asimilar novos coñecementos. Interese por aprender e desenvolver un traballo de calidade. Responsabilidade, dedicación e interese. Destrezas no manexo das ferramentas manuais: serra, trade, etc...
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 10-05-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A (con Alemán e Inglés)
Lugar:  Santiago de Compostela.
Descrición: Nortempo selecciona administrativo/a para importante empresa do metal con idiomas (Alemán/ Inglés). Ofrécese contrato estable.
Requisitos: Ciclo medio ou superior en administración. Nivel alto tanto de Alemán como de Inglés. Imprescindible: coñecementos de ofimática. Valorable experiencia en xestión de pedidos.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 10-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar:  Melide (A Coruña).
Descrición: Precísase camareiro/a para traballar os fins de semana en pub en Melide.
Requisitos: Persoa nova. Imprescindible boa presenza e un mínimo de experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email: melidejob@hotmail.com ou Whatsapp ao ☎ 681680123.

Data: 10-05-2016
Posto: PROJECT MANAGER
Lugar:  A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Martínez Otero selecciona project manager para a súa división de retail e hoteis. Terá as seguintes funcións: xestionar a relación entre o/a cliente e a empresa; desenvolver e seguir o planning do proxecto desde o inicio até a súa finalización; coordinar aos diferentes axentes implicados/as no proxecto (provedores, subcontratas...); control de custes; seguemento da evolución do proxecto in situ.
Requisitos: Estudos mínimos de Enxeñeiría Técnica. Experiencia mínima de polo menos 3 anos. Imprescindible: nivel alto de línguas, coñecementos de materiais de fabricación de mobiliario. Valorable: francés e manexo Navision. Dispoñibilidade para viaxar.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 10-05-2016
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona mecánico/a para empresa do sector dos transportes situada en Ourense. Ofrécese contrato inicial a través de ETT, con próxima incorporación a empresa. Salario segundo convenio.
Requisitos: Experiencia mínima demostrable como mecánico/a realizando tarefas iguais ou similares ás ofertadas. Persoa responsable, organizada e con ganas de traballar. Dispoñibilidade inmediata. Residencia en Ourense.
Publicada/Xestionada: Eurofirms. ☎ 988370573. Interesados/as enviar curriculum ao email: arodriguezr@eurofirms.es.

Data: 09-05-2016
Posto: COIDADOR/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase coidador/a para atender os domingos a dúas persoas en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00.
Requisitos: Preferiblemente con idade comprendida entre 40 e 50 anos.
Publicada/Xestionada: Particular (Elvira). ☎ 669813614.

Data: 09-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Guitiriz (Lugo).
Descrición: Precísase camareiro/a.
Requisitos: Con experiencia contrastada.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 660410781.

Data: 09-05-2016
Posto: PERSOAL DE VENDAS
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase persoal de vendas.
Requisitos: Experiencia non sector de vendas. Titulación non requirida.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 09-05-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase auxiliar administrativo/a.
Requisitos: Cumprir as condicións para ser beneficiario/a de bolsa FEUGA.
Publicada/Xestionada: Concello da Estrada. Axente de Emprego e Desenvolvemento Local. Interesados/as enviar curriculum ao email: aedlestrada@gmail.com.

Data: 06-05-2016
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Precísase cociñeiro/a.
Requisitos: Con coñecementos en cociña brasileira e nivel alto de lingua portuguesa.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012..

Data: 06-05-2016
Posto: TÉCNICO/A CONTABLE
Lugar: Lugo.
Descrición: Adecco selecciona técnico/a contable para importante grupo empresarial industrial do sector da alimentación. As funcións a realizar serían as seguintes: presentación e elaboración de impostos; balances; xestión de asentos contables, conciliacións bancarias, pago a provedores/as, libros contables; elaboración de contas anuais, conta de perdas e ganancias e estados financeiros; demais funcións realacionadas co posto. Ofrécese salario segundo convenio e posto estable.
Requisitos: Diplomatura ou lincenciatura en Economía ou Ciencias empresariais ou similar. Experiencia de polo menos un ano como técnico/a contable. Valorable coñecementos en bases de datos e programas contables. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 06-05-2016
Posto: TÉCNICO/A DE CALIDADE - SECTOR METAL
Lugar: Oroso (A Coruña).
Descrición:  Randstad selecciona técnico/a de calidade.
Requisitos: Formación académica: ciclo superior FPII mecánica. Experiencia en posto similar: 1-2 anos. Uso ferramentas en xestión administrativa  Informáticas nivel básico de Office. Manexo de equipos de inspección dimensional (calibres, micrómetros, alexómetros, durómetro, rugosímetros). Coñecemento básico de ensaios non destrutivos (partículas magnéticas, ultrasonidos). Interpretación de planos mecánicos e conceptos xeométricos básicos.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 06-05-2016
Posto: RECEPCIONISTA
Lugar: Ourense.
Descrición:  Nortempo selecciona recepcionista para hotel na provincia de Ourense.
Requisitos: Grao en turismo. Experiencia en posto similar. Imprescindible experiencia previa en recepción de hoteis. Valorable: Coñecementos de idiomas.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 05-05-2016
Posto: ENXEÑEIRO/A SUPERIOR DE MONTES
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición:  Grupo Tragsa precisa enxeñeiro/a superior de montes para levar a cabo as seguintes funcións: elaboración de diversos proxectos de ordenación de montes en Galicia; deseño e realización dos inventarios de campo; procesamento da información obtida e campo; deseño e redacción dos proxectos de ordenación; elaboración da cartografía asociada aos proxectos.
Requisitos: Estudos mínimos Enxeñeiro/a Superior - Enxeñeiro/a de Montes. Experiencia mínima polo menos 2 anos. Experiencia previa en proxectos de ordenación de montes. Coñecementos na realización de proxectos de ordenación de montes. Coñecementos no campo de ordenacións silvopastoriles e manexo de pasteiros. Manexo avanzado de ARCGis. Persoa dinámica e con iniciativa, capaz de alcanzar obxectivos nun espazo de tempo moi limitado.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 05-05-2016
Posto: OFICIAL PONTE GRÚA - CARRETILLERO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Ader RRHH selecciona para empresa con sede en Lugo oficial Ofrécese posibilidade de traballo para cobertura temporal dunha baixa médica; traballo a xornada completa e incorporación inmediata.
Requisitos: Titulación mínima non requerida. Formación e experiencia de 2 anos no manexo de carretilla elevadora e ponte guindastre. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Dispoñibilidade para traballar de forma temporal.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 05-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Bar Soldado precisa camareiro/a. Xornada completa en horario de tarde.
Requisitos: Con experiencia. Persoa con ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Bar Soldado (Rúa Conde Vallellano, 15 Baixo, O Carballiño). ☎ 988530370 - 687874604.

Data: 05-05-2016
Posto: PERSOA PARA MANTEMENTO INDUSTRIAL
Lugar: O Carballiño (Ourense).
Descrición: Ader RRHH selecciona persoa para traballar en mantemento industrial nunha empresa de Carballiño. Realizará actividades de mantemento industrial nas áreas de electricidade e electrónica, ademais de instalación de maquinaria nova.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Electricidade e Electrónica. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Coñecementos necesarios de mantemento industrial, maquinaria, electricidade, electrónica e soldadura. Persoa ordenada.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 05-05-2016
Posto: COIDADOR/A
Lugar: Monforte de Lemos (Lugo).
Descrición: Precísase coidador/a para persoa maior. De luns a venres, comida ao mediodía.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 600556191 / 982401092.

Data: 04-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Palas de Rei (Lugo).
Descrición: Arenas Palas precisa camareiro/a. Xornada completa.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Con experiencia demostrable (polo menos 1 ano) e con coñecementos de cociña para para facer tapas. Valorarase coñecemento de inglés.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-05-2016
Posto: FONTANEIRO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase fontaneiro/a
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Con coñecementos de electricista e de albanelería (alicatados). Persoa polivalente para realizar reparacións a domicilio. Bo fontaneiro/a. Residencia na zona.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-05-2016
Posto: MONITOR/A ANIMADOR/A DE EVENTOS INFANTÍS
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase monitor/a-animador/a para eventos infantís. Remuneración media 10€/h.
Requisitos: Valórase experiencia e/ou formación con nenos/as. Nocións de maxia, malabares, contacontos.... Vehículo propio e posibilidade de desprazamento.
Publicada/Xestionada: Conde: ☎ 661977118.

Data: 04-05-2016
Posto: DELINEANTE INDUSTRIAL ESPECIALISTA EN SOLIDWORKS
Lugar: Lugo.
Descrición: Eurofirms selecciona delineante industrial  especialista en Solidworks para empresa do sector da automoción. Entre as súas funcións estarán: debuxo de pezas; ensamblaje das mesmas; realización de planos a través de Solidworks.
Requisitos: Nivel mínimo de estudos Graduado escolar. Experiencia mínima demostrable no manexo de Solidworks (amplos coñecementos no manexo do programa), e realizando tarefas iguais ou similares ás ofertadas.Coñecementos de castelán falado e escrito correctamente. Persoa responsable, organizada e con ganas de traballar. Con dispoñibilidade inmediata.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 04-05-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO
Lugar: Lugo.
Descrición: Adecco selecciona técnico/a mantemento para importante empresa do sector industrial situada en Lugo. Realizará as seguintes funcións: administración do plan de mantemento preventivo, sistemático e colectivo, vinculado co mecánico/a, electricidade, neumática e hidráulica. Xornada completa. Quendas rotativas.
Requisitos: Ciclo Medio ou Ciclo Superior en Mantemento Industrial ou Electromecánico/a ou similar. Valorable cursos relacionados con soldadura, mecánico/a, hidráulica, neumática ou electricidade. Experiencia de polo menos 1ano como técnico/a de mantemento no sector industrial.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 04-05-2016
Posto: LIMPADOR/A
Lugar: Teo (A Coruña).
Descrición: A Taberna da Feira precisa limpador/a para cociña, lavalouzas, fregado de planchas, utensilios e superficies, salóns, baños e labores ocasionais de axudante de cociña.
Requisitos: Non se requiren estudos mínimos. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Valorarase experiencia en banquetes.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-05-2016
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Cafetaría Restaurante Gasthof, en Área Central, precisa camareiro/a a xornada completa. Posto estable.
Requisitos: Con experiencia, don de xentes e boa presenza. Preferiblemente idade comprendida entre os 22-35 anos.
Publicada/Xestionada: Cafetaría Restaurante Gasthof. Interesados/as entregar curriculum con fotografía recente no establecemento (centro comercial Área Central, Santiago de Compostela).

Data: 04-05-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Randstad selecciona auxiliar administrativo/a.
Requisitos: Con ampla experiencia en departamento de contabilidade e facturación. Valorable manexo de SAP Business One.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 04-05-2016
Posto: AUXILIAR DE TURISMO
Lugar: Monforte de Lemos (Lugo).
Descrición: Rutas Sacras SL selecciona auxiliar de turismo para realizar funcións de atención e información turística e guía de museo.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Superior - Hostalaría e Turismo. Persoa con coñecementos de Inglés e Francés. Experiencia mínima de polo menos 1 ano
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-05-2016
Posto: PASTELEIRO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona pasteleiro/a para establecemento no centro de Ourense.
Requisitos: Persoa con experiencia (de 1 a 3 nos) e que lle guste a creatividade na pastelería.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 04-05-2016
Posto: COMERCIAL (BOLSA DE TRABALLO)
Lugar: Galicia.
Descrición: Mapfre selecciona persoal para bolsa de traballo de comercial. A empresa ofrece bolsa de formación, formación inicial e continuada, apoio comercial constante con titor/a.
Requisitos: Educación Secundaria Obrigatoria. Carácter extrovertido e capacidade de traballo. Preferiblemente maiores de 23 anos.
Publicada/Xestionada: Mapfre (Rosa María Rodríguez). Interesados/as enviar curriculum ao email: rmrodr2@mapfre.com.

Data: 03-05-2016
Posto: PEITEADOR/A E ESTETICISTA
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase peiteador/a e esteticista.
Requisitos: Coñecementos de perruquería e estética.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 02-05-2016
Posto: MOZO/A DE ALMACÉN - CARRETILLERO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona mozo/a de almacén - carretillero/a para traballar en empresa do sector distribución situada en Lugo. Realizará tarefas de carga e descarga de mercadorías, recepción, colocación da mercadoría, control de stock, verificación de mercadoría e albaranes e preparación de pedidos.
Requisitos: Experiencia previa de polo menos 2 anos en tarefas de almacén. Dispoñibilidade horaria e para traballo por días. Actitude positiva. Imprescindible: carné de carretillero/a e manexo de transpaleta eléctrica. Experiencia previa en picking e packing. Valorable: Experiencia previa en manexo de PDA
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 02-05-2016
Posto: DEPENDENTE/A COMERCIAL
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona dependente/a - comercial para traballar en empresa dedicada á venda de roupa de traballo situada en Melide. Realizará tarefas de atención ao/á cliente en tenda, control de stock e envíos, mantemento de carteira de clientes e visitas comerciais. Ofrécese contrato formativo con posibilidade de incorporación en proxecto estable.
Requisitos: Formación Profesional en Comercio, Mercadotecnia, Administración e Finanzas. Dispoñibilidade horaria e de desprazamento ao centro de traballo. Actitude positiva e habilidades para a venda e tarefas comerciais. Imprescindible: Estudos finalizados e dispoñibilidade para contratos formativos. Boa actitude para atención ao cliente e tarefas comerciais. Valorable: Manexo de ferramentas informáticas: Microsoft Office, correo electrónico, redes sociais.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 02-05-2016
Posto: ENXEÑEIRO/A ELÉCTRICO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase enxeñeiro/a eléctrico/a para oficina técnica de empresa instaladora.
Requisitos: Imprescindible experiencia no sector.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: santiagoelectricidad.rrhh@gmail.com.

Data: 02-05-2016
Posto: PEÓN/A-OPERARIO/A DE PRODUCIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Conductores Eléctricos Revi precisa 4 peóns/as-operarios/as de produción industrial.
Requisitos: Estudos mínimos Educación Secundaria Obrigatoria. Con experiencia previa en contornas industriais (mínimo 1 ano) e dispoñibilidade horaria. Experiencia en manexo de carretilla elevadora e carné de carretillero/a.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 02-05-2016
Posto: AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (varias vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela, Teo, Brión e Boqueixón.
Descrición: Atendo selecciona auxiliares de axuda a domicilio.
Publicada/Xestionada: Atendo. Interesados/as enviar curriculum á seguinte dirección: Fernado III El Santo, 30 bx. 15701 Santiago de Compostela.

Data: 02-05-2016
Posto: CARPINTEIRO/A-MONTADOR/A DE ALUMINIO
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Grupo Norte ETT selecciona carpinteiro/a-montador/a de aluminio para importante empresa de Santiago de Compostela dedicada á montaxe de estruturas de aluminio.
Requisitos: 4 anos de experiencia en montaxe de estruturas metálicas (aluminio). Coñecementos en selar cristal e policarbonato. Dispoñibilidade inmediata e dispoñibilidade para viaxar polo territorio nacional durante o tempo que se realice o traballo. Valorable carné de camión.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 02-05-2016
Posto: ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Precísase enxeñeiro/a técnico/a para empresa do sector metal.
Requisitos: Con experiencia no sector da carpintería metálica, construccións metálicas ou afins.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: lactaus@gmail.com.

Data: 02-05-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Lugo.
Descrición: Eulen Flexiplan selecciona administrativo/a para importante empresa do sector de alimentación en Lugo. Encargarase do control do transporte e distribución dos produtos comercializados pola empresa: xestión comercial de seguimento de carteira de clientes; contacto telefónico; xestión, control e seguimento de pedidos; xestión loxística e administrativa; control, xestión e abastecemento de clientes; configuración de rutas de distribución; deseño de características de transporte e chegada destino de pedidos; xestión administrativa: rexistro e seguimento da distribución.
Requisitos: Estudos mínimos Ciclo Formativo Grao Superior - Administración.  Habilidades de atención e trato ao cliente. Coñecementos en ofimática. Inglés e Alemán para Lóxística/Televenda (imprescindible). Valoraranse outros idiomas. Valorarase experiencia en posto similar.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

O Último