O Concello de Lalín vai realizar, dentro do seu Programa Integrado de Emprego, un curso de "Manipulador/a de Alimentos e Seguridade Alimentaria". A formación, de aproximadamente 3 horas de duración, terá lugar este mércores 22 de xuño.
Obxectivos e Contidos
Este curso ten como obxectivo proporcionar información clara e sinxela para afrontar a manipulación de alimentos coas máximas garantías hixiénicas e de seguridade, evitando e minimizando riscos derivados de malas prácticas.
Os seus contidos serán os seguintes: manipulación hixiénica dos alimentos, manipulación na cadea alimentaria, limpeza e hixiene de utensilios e instalacións, hixiene do persoal e lexislación aplicable.
Lugar e Horario
Comezará ás 9.30 horas nas instalacións do centro de formación de COESCO (entidade impartidora) e rematará aproximadamente ás 12.30 horas.
Máis información:
Programa Integrado de Emprego do Concello de Lalín
Praza de Galicia, 1, planta baixa, 36500 Lalín, Pontevedra.
A través do TELÉFONO: 986787060.
A través do EMAIL: integrado@lalin.gal
Esta actividade forma parte da iniciativa municipal "Lalín Emprende Xove" 2015-2016, polo que se dirixe exclusivamente a aquelas persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego. |