A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de aprobar a programación de cursos AFD dirixidos prioritariamente a persoas desempr...

Cursos de Formación en Lalín dirixidos prioritariamente a persoas en desemprego (Programación AFD 2016)



A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de aprobar a programación de cursos AFD dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas. O obxectivo principal destas accións de formación é a inserción ou reinserción laboral de traballadores/as naqueles empregos que require o sistema produtivo.

En Lalín impartiranse 4 especialidades formativas gratuítas conducentes á obtención de certificados de profesionalidade. O número máximo de alumnos/as participantes en cada curso é de 15.


Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucions Sociais (SSCS0208)
Duración: 478 horas

A finalidade desta formación é capacitar para atender a persoas dependentes no ámbito sociosanitario das institucións (centros de día, residencias...). Trátase de coñecer como aplicar estratexias e procedementos para manter e mellorar a autonomía destas persoas e as súas relacións coa contorna.

Ocupacións relacionadas: Coidador/a de persoas con discapacidade física, psíquica e/ou sensorial. Coidador/a de persoas dependentes en institucións. Xerocultor/a.


Máis información: 


COESCO LALÍN. Teléfono de contacto: 986 783 988.



Actividades de Xestión Administrativa (ADGD0308) 
Duración: 898 horas

O obxectivo desta formación é proporcionar os coñecementos e habilidades para realizar operacións de xestión administrativa (compraventa de produtos e servizos, tesouraría e persoal, introdución de rexistros contables predefinidos, procesamento e arquivo de información e documentación), seguindo instrucións definidas e cumprindo condicións de seguridade e calidade.

Ocupacións relacionadas: Empregados/as administrativos, en xeral. Empregados/as administrativos/as de contabilidade. Auxiliar administrativo/a de cobros e pagos. Auxiliar administrativo/a de contabilidade. Auxiliar administrativo/a de facturación. Empregados/as administrativos/as comerciais. Auxiliar administrativo/a comercial. Auxiliar de apoio administrativo de compra e venda. Empregado/as administrativos/as de servizos de persoal. Auxiliar administrativo/a do departamento de Recursos Humanos. Empregados/as administrativos/as con tarefas de atención ao público.


Máis información: 


COESCO LALÍN. Teléfono de contacto: 986 783 988. 



Asistencia á Dirección (ADGG0108) 
Duración: 628 horas

Este curso buscar proporcionar as ferramentas necesarias para xestionar as informacións e comunicacións, internas e externas, relacionadas cos/as responsables dos órganos da dirección utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa e/ou outra lingua estranxeira.

Ocupacións relacionadas: Secretarios/as en xeral. Secretarias/os de dirección. Asistente/a á dirección.


Máis información: 


FUNDACIÓN DE ESTUDIOS Y ANÁLISIS (FESAN).  Teléfono de contacto: 981 522 426.



Xestión Contable e Xestión Administrativa para Auditoría (ADGD0108)
Duración: 648 horas

A finalidade desta formación é capacitar para efectuar a xestión administrativa contable e fiscal garantindo o mantemento actualizado do sistema de información e o arquivo da documentación, e realizar as xestións administrativas dos procedementos previstos no plan global de auditoría.

Ocupacións relacionadas: Técnicos/as en contabilidade, en xeral. Técnicos/as superiores en contabilidade e/ou finanzas. Auditores/as de contas. Técnicos/as medios/as en auditoría. Asesores/as fiscais e tributarios/as. Técnicos/as de apoio en auditoria e/ou operacións financeiras.



Máis información:


FUNDACIÓN DE ESTUDIOS Y ANÁLISIS (FESAN).  Teléfono de contacto: 981 522 426.



As persoas que desexen realizar algún destes cursos deberán cumprir co perfil formativo requirido de acceso e, no caso de estar estar desempregadas, ser seleccionadas e convocadas pola oficina de emprego correspondente con 15 días hábiles de antelación á realización da proba de selección nos centros de formación. Transcorrido ese prazo, tamén poderán ser seleccionadas polos propios centros de formación despois de convocatoria pública mediante anuncio na prensa local se quedan prazas vacantes.

Igualmente, poderán participar nestas accións as persoas traballadoras ocupadas (cun límite do 25% das prazas) cando o curso non se cubra con persoas traballadoras desempregadas (deberán solicitalo directamente na entidade de formación impartidora).


O Último