A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou hoxe a actualización da oferta educativa de ciclos de formación profesional de grao básico, medio e superior que se impartirán no curso 2016/2017 nos centros públicos de Galicia.
En Lalín, esta oferta formativa componse de 9 ciclos autorizados en réxime ordinario (completos e presenciais). Concretamente, 2 ciclos de formación profesional de grao básico, 4 de grao medio e 3 de grao superior.
Ciclos de Formación Profesional en Lalín 2016/2017
IES Laxeiro (Avda. Buenos Aires, 71 - 36500 Lalín. Tlf. 886151940. Email: ies.laxeiro@edu.xunta.es)
- Electricidade e electrónica (CBELE01). FP Grao Básico.
- Electromecánica de vehículos automóbiles (CMTMV02). FP Grao Medio.
- Instalacións eléctricas e automáticas (CMELE01). FP Grao Medio.
- Xestión administrativa (CMADG01). FP Grao Medio.
- Administración e finanzas (CSADG01). FP Grao Superior.
- Mecatrónica industrial (CSIMA03). FP Grao Superior.
IES Ramón Mª Aller Ulloa (Rúa do Parque, 8 - 36500 Lalín. Tlf. 986780114. Email: ies.aller.ulloa@edu.xunta.es)
- Informática de oficina (CBIFC02). FP Grao Básico.
- Sistemas microinformáticos e redes (CMIFC01). FP Grao Medio.
- Desenvolvemento de aplicacións web (CSIFC03). FP Grao Superior.
Prazos e proceso de admisión
Para estudar formación profesional nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario participar nun proceso de admisión. Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os/as solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula.
O prazo para realizar a solicitude de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2016-2017 estará aberto desde o luns, día 27 de xuño, até o martes, día 5 de xullo ás 13.00 horas.
Prazos do proceso de admisión | Instrucións Admisión Grao Medio | Instrucións Admisión Grao Superior
Máis información
Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/17 (DOG núm. 119 do 23.06.2016).
Calendario de admisión a ciclos formativos en centros docentes sostidos con fondos públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Curso 2016/2017.