A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia anuncia a convocatoria 2016 de cursos preparatorios para a consecución do...

Cursos preparatorios das probas dos certificados de lingua galega Celga 2, 3 e 4


A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia anuncia a convocatoria 2016 de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 2, 3 e 4. Esta formación, de carácter gratuíto, impartirase en Lalín do 12 setembro ao 4 de novembro.


Destinatarios/as dos cursos


Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.


Organización e duración


Os cursos teñen unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas cada día ou como máximo de dúas horas e media.

O número de participantes é de entre 15 e 30 persoas.

A realización non da dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio. Para obter o Celga hai que participar nas probas que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Celga 3 en Lalín


En Lalín impartirase un curso preparatorio do Celga 3 no IES Laxeiro (Avenida de Buenos Aires nº 71) do 12.9.2016 ao 4.11.2016, de luns a venres en horario de 19.30 ás 21.30 h.


Solicitude e prazo


Para participar hai que presentar unha solicitude dirixida á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo para solicitar a participación é de 30 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (16.06.2016). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.


Máis información


Resolución do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B) (DOG núm. 114, 16-06-2016).

O Último