A Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitude para acceder ás 400 bolsas do Plan de Práctica Laboral en empresas da provincia....

Aberto o prazo de solicitude das 400 bolsas do Plan de Práctica Laboral en Empresas da Deputación de Pontevedra


A Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitude para acceder ás 400 bolsas do Plan de Práctica Laboral en empresas da provincia. O obxectivo deste plan é promover e completar a formación de titulados/as en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral.


Destinatarios/as


Titulados/as universitarios/as ou de ciclos superiores de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación que cumpran os seguintes requisitos:

1.—Ter a nacionalidade española ou dun dos países membros da Unión Europea
2.—Estar en posesión do título esixido para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
3.—Ter finalizados os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó 1 de xaneiro do 2005.
4.—Non ter ningunha enfermidade nin incapacidade física, psíquica ou sensorial que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa
5.—Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia.
6.—Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa de duración superior a 6 meses dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia.
7.—Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a 6 meses na institución provincial nin nos organismos autónomos.
8.—Constar no padrón de calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2016 ou acreditar unha antigüidade no padrón dun mínimo de cinco anos
9.—Constar no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de emprego.
10.—Non ter experiencia laboral previa superior a 6 meses na profesión ou área de coñecementos.
11.—Acreditar o nivel Celga IV (para as bolsas de titulacións universitarias) e o Celga III (para as bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional)
12.—Ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo de destino
13.—Non incorrer en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS)


Contía e duración das bolsas


A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de oitocentos (800,00) euros ao mes para as persoas con titulación universitaria e de setecentos (700,00) euros ao mes para as de ciclos superiores de formación profesional.

As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na empresa correspondente, e poderán ser prorrogadas por outros 6 meses.

Serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada.


Prazo e proceso de solicitude


As persoas interesadas en acceder a unha destas bolsas poderán presentar a súa solicitude do 11.08.2016 ao 30.08.2016.

O proceso é o seguinte:

1º Preinscrición a través da páxina web da Deputación de Pontevedra.
2º Presentación do xustificante electrónico xerado durante o proceso de preinscrición, debidamente asinado, no Rexistro xeral da institución provincial, xunto coa documentación requirida nas bases das bolsas (base cuarta).


Máis información


Corrección de erros - Anexo Empresas Práctica Laboral da Deputación de Pontevedra (BOPPO nº 161 do 24.08.2016).
Bases do Plan de Práctica Laboral en Empresas da Deputación Provincial de Pontevedra (BOPPO nº 152 de 10.08.2016).
Información do Plan de Práctica Laboral en Empresas na web da Deputación Provincial de Pontevedra.
Aprobado o Plan de Práctica Laboral en empresas da Deputación de Pontevedra con 400 bolsas para mozos/as sen experiencia laboral (11.04.2016).

O Último