A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia a convocatoria de cur...

Cursos preparatorios das probas dos certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4


A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia a convocatoria de cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4. A formación, de carácter gratuíto, impartirase en centros públicos nas catro provincias galegas.


Destinatarios/as dos cursos


Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de 16 anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.


Duración e impartición


Os cursos do nivel 1 impartiranse na modalidade de teleformación. Os cursos dos niveis 2, 3 e 4 impartiranse na modalidade presencial.

Con carácter xeral, cada curso presencial terá unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas cada día e como máximo de dúas horas e media, e un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 30.


Forma e prazo de solicitude


Para participar nun destes cursos é necesario presentar unha solicitude dirixida á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O prazo de presentación é de 20 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (08.03.2017).


Máis información


Resolución do 28 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B) (DOG núm. 47 do 08.03.2017).

O Último