A Dirección Xeral de Tráfico abre a convocatoria do curso para obter o Certificado de Aptitude de Profesor/a de Formación Viaria. As...

Ábrese o prazo para solicitar a formación do Certificado de Aptitude de Profesor/a de Formación Viaria da DXT 2017


A Dirección Xeral de Tráfico abre a convocatoria do curso para obter o Certificado de Aptitude de Profesor/a de Formación Viaria. As persoas que desexen tomar parte nesta formación poden presentar a súa solicitude no prazo dun mes contados a partir de mañá. O modelo de solicitude e toda a información do proceso está publicado na resolución da convocatoria e será facilitada polas Xefaturas Provinciais de Tráfico, as súas Oficinas Locais e a dirección de internet da DXT.


Requisitos para solicitar o curso


Para cursar esta formación é necesario cumprir os requisitos do artigo 46 do Regulamento das Escolas Particulares de Condutores/as:

a) Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.

b) Ser titular do permiso de condución da clase B, polo menos, en vigor, que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, cunha antigüidade mínima de dous anos.

c) Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen ao grupo 2 de condutores, segundo o disposto no artigo 45 do Regulamento Xeral de Condutores. Por excepción, quen, sen posuílas, estean en posesión dun permiso de clase B ou un permiso extraordinario da clase B, suxeito a condicións restritivas con, polo menos, unha antigüidade mínima de dous anos, obtido ao amparo do disposto no artigo 7.2 do Regulamento Xeral de Condutores, aprobado por Real Decreto 818/2009, de 8 de maio, poderán obter un Certificado de Aptitude de Profesor de Formación Viaria
limitado a ensinos de carácter teórico.

Os titulares destes certificados de aptitude que acrediten posuír as aptitudes psicofísicas esixidas ao grupo 2 de condutores, poderán optar á obtención dun título sen limitacións acreditando a superación da proba previa práctica, e da fase de presenza.

Os requisitos deberán cumprirse o día en que finalice o prazo de presentación de instancias e continuar vixentes durante todo o proceso formativo.


Prazo de presentación de solicitudes


Un mes contado a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (04.01.2017).


Máis información


Resolución de 22 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Tráfico, pola que se convoca curso para obter certificado de aptitude de Profesor de Formación Viaria (BOE núm. 3, de 4 de xaneiro de 2017, páx. 498).

O Último