A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) abre a convocatoria 2016 de probas para a obtención da habilitación do persoal de contro...

Convocadas probas 2016 para obter a habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas


A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) abre a convocatoria 2016 de probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas. As probas terán lugar na sede da AGASP, na Avenida da Cultura s/n, A Estrada-Pontevedra.

O prazo para presentar as solicitudes de participación é de 20 días naturais, dende o día 13/07/2016 ata o día 01/08/2016, ambos inclusive.

Que é o persoal de control de acceso?


O persoal de control de acceso é aquel que exerce as funcións de admisión e control de acceso do público ao interior de establecementos públicos, espectáculos públicos ou actividades recreativas que dispoñan do dito servizo e que se encontra baixo a dependencia da persoa titular ou organizadora destas actividades (por exemplo: eventos deportivos, espectáculos teatrais, concertos, exhibicións, feiras...).

Que obteño se supero as probas?


Coa superación das probas obtes unha habilitación ou carné profesional, incluído no Catálogo Nacional de Cualificacións, que nun futuro será válido en todo o territorio nacional.

A habilitación, expedida pola Academia Galega de Seguridade Pública da Comunidade Autónoma, é obrigatoria de conformidade co Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas en Galicia, para o persoal que vaia desenvolver a función de control de acceso.

Actualmente a esta acreditación só se pode acceder logo da obtención do certificado acreditativo de ter superado as probas.

Requisitos


a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea, ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender ao público en calquera delas.

Taxa


Para participar no proceso hai que aboar unha taxa de 49,90 euros. Están exentos/as deste pagamento os/as aspirantes en situación de desemprego ou que teñan unha discapacidade en grado igual ou superior ao 33%.

Contidos das probas


1. Proba de coñecementos. A primeira das probas consistirá en contestar a un cuestionario de cincuenta (50) preguntas tipo test, máis cinco (5) de reserva, que versarán sobre as materias relacionadas coas funcións propias da súa actividade.

Para cada cuestión, proporanse catro respostas alternativas, sendo só unha delas a correcta. Cada resposta errónea penalizarase descontando un terzo do valor asignado a unha contestación correcta.

Na mesma proba, realizarase un exercicio de tradución dun texto do galego ao castelán, como cumprimento do requisito de coñecementos básicos dos idiomas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia, que terá carácter voluntario para todos/as aqueles/as aspirantes, que coa solicitude xa entregasen a documentación precisa para comprobar os ditos coñecementos.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de sesenta (60) minutos.

2. Proba psicolóxica. Finalizada a proba de coñecementos, e na mesma sesión, terá lugar a segunda proba, consistente na realización dun test psicolóxico. O tempo para a realización desta proba será o estritamente necesario para o seu desenvolvemento.

Temario


1. Constitución española de 1978: dereitos e deberes fundamentais da persoa.
2. Normativa básica do dereito de admisión.
3. Normativa básica sobre follas de reclamacións.
4. Nocións básicas sobre a posesión de armas nos locais de pública concorrencia.
5. Normativa sobre horarios de establecementos públicos.
6. Normativa sobre menores de idade e limitacións á oferta de bebidas alcohólicas e tabaco.
7. Nocións básicas sobre medidas de seguridade nos establecementos de pública concorrencia: plans de seguridade, seguridade contra incendios, saídas de emerxencia e evacuación.
8. Conceptos básicos de primeiros auxilios para atender situacións de asistencia sanitaria inmediata.
9. Criterios de actuación en situacións de perigo para as persoas. A interactuación persoal para previr situacións de riscos específicos e os diferentes tipos de comportamentos das persoas noutras situacións previsibles.


Prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas 2015


Desde o día 13/07/2016 ata o día 01/08/2016 (20 días naturais desde a publicación da convocatoria no DOG núm. 121, 12.07.2016).

Máis Información


O Último