Data: 31-01-2017 Posto: AUXILIAR DE COCIÑA Lugar: Lalín. Descrición: A Casa do Gato precisa auxiliar de cociña para incorporación en p...

Ofertas de Emprego (Xaneiro 2017) 2ª

Data: 31-01-2017
Posto: AUXILIAR DE COCIÑA
Lugar: Lalín.
Descrición: A Casa do Gato precisa auxiliar de cociña para incorporación en plantilla.
Requisitos: Valorase experiencia.
Publicada/Xestionada: A Casa do Gato. Interesados/as enviar curriculum ao email: emilianomeijome@gmail.com ou Whatsapp ao 610 207 992 para concertar unha entrevista persoal.

Data: 31-01-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: A Casa do Gato precisa camareiro/a para extras en datas puntuais e posibles fins de semana.
Requisitos: Valorase experiencia.
Publicada/Xestionada: A Casa do Gato. Interesados/as enviar curriculum ao email: emilianomeijome@gmail.com ou Whatsapp ao 610 207 992 para concertar unha entrevista persoal.

Data: 28-01-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Grupo Temporing selecciona cociñeiro/a.
Requisitos: Ciclo Formativo Grao Medio, FP 1, especialidade de cociña. Experiencia de entre 1 e 3 anos. Valorarase positivamente residencia próxima á zona. Carné de conducir. Vehículo propio. Carné de manipulador/a de alimentos.
Publicada/Xestionada: Laboris.net.

Data: 27-01-2017
Posto: LIMPADOR/A (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase limpador/a para mantemento de oficina de organismo, zonas comúns e aseos. Xornada de 13,50 horas semanais de luns a venres. Horario de 16.00 a 18.45 horas. Salario segundo Convenio da Limpieza de Pontevedra.
Requisitos: Certificado de discapacidade (imprescindible).
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Limpador/a".

Data: 27-01-2017
Posto: HIXIENISTA - AUXILIAR DE CLÍNICA
Lugar: Lalín.
Descrición: Clínicas Vital Dent precisa hixienista buco-dental ou auxiliar de clínica para o seu centro en Lalín. En dependencia directa do director de clínica, responsabilizarase do mantemento e a organización dos gabinetes, a asistencia ao odontólogo/a en todos os actos clínicos, a distribución de tempos de tratamento así como da actualización do arquivo de pacientes. Igualmente encargarase de realizar as limpezas e branqueamentos dentais que lle sexan asignados. Traballo 40 horas semanais quenda partida.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Sanidade (Hixiene Bucodental - Auxiliar de Clínica). Experiencia mínima de polo menos un ano en limpezas bucodentais, branqueamentos, curetaxes e toma de impresións. Orientación ao/á paciente. Imprescindible residente na provincia.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-01-2017
Posto: ALBANEL/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase albanel/a para traballos en altura.
Requisitos: Non se requiren estudos mínimos. Experiencia mínima de máis de 5 anos. Preferiblemente con dispoñibilidade xeográfica.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-01-2017
Posto: AVALIADOR/A DA ATENCIÓN AO/Á CLIENTE (10 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase avaliador/a da atención ao/á cliente para traballo sinxelo consistente en acudir aos establecementos indicados facéndose pasar por un/ha cliente máis para ver o trato. Tras a visita, entre as funcións do posto está cumplimentar un cuestionario cunha serie de preguntas acerca do sucedido na visita. Trátase dun traballo para momentos libres, compatible con outros traballos ou estudos.
Requisitos: Estudos mínimos de Bacharelato. Experiencia mínima non requirida. Imprescindible residente en Lalín ou arredores. Facilidade para expresarse por escrito. Manexo de Word, Excel e correo electrónico.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-01-2017
Posto: VENDEDOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa especializada en mantemento e venda de pneumáticos, accesorios e recambios do automóbil precisa vendedor/a.
Requisitos: Con formación en marketing e comercio.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Vendedor/a".

Data: 25-01-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Restaurante parrillada La Robleda precisa camareiro/a a xornada completa.
Requisitos: Formación mínima de EXB ou ESO. Experiencia de entre 1 e 3 anos. Carné de conducir. Vehículo propio. Persoa proactiva e seria.
Publicada/Xestionada: Laboris.net.

Data: 25-01-2017
Posto: EXTRA DE COCIÑA
Lugar: Lalín.
Descrición: Hotel Spa Norat Torre do Deza**** precisa extras de cociña.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Hotel Spa Norat Torre do Deza**** (Parque empresarial Lalín 2000, 36500 Lalín-Pontevedra). Interesados/as entregar curriculum na recepción do hotel ou envialo ao email: reservas@torredodezahotel.com.

Data: 25-01-2017
Posto: REPARTIDOR/A (Autónomo/a)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase repartidor/a autónomo/a.
Requisitos: Con furgoneta propia de tamaño pequeno/mediano. Residencia na zona de Lalín ou arredores. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular (Diego): ☎ 622131646. Interesados/as contactar por teléfono ou mediante email: urureparto@outlook.es.

Data: 24-01-2017
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase mecánico/a para taller.
Requisitos: Ciclo de formación profesional de grao de medio Electromecánica de Vehículos Automóbiles.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Mecánico/a".

Data: 21-01-2017
Posto: PROFESOR/A DE INGLÉS
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase profesor/a de inglés para impartir clases a nenos/as de entre 3 e 12 anos. Traballo de luns a venres no centro de Lalín.
Publicada/Xestionada: Particular: ☎ 677896289.

Data: 20-01-2017
Posto: LIMPADOR/A (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa de limpeza precisa incorporar limpador/a para centro comercial Deza-Lalín. Horario de traballo de 7:00-8:30 da mañá de luns a sábado.
Requisitos: Con experiencia en limpeza. Certificado de discapacidade permanente. Tarxeta do paro actualizada. Persoa responsable e traballadora.
Publicada/Xestionada: Particular (Martín): Interesados/as contactar vía email.

Data: 18-01-2017
Posto: XEFE/A DE COCIÑA
Lugar: Lalín.
Descrición: Pazo de Bendoiro precisa xefe/a de cociña para levar restaurante á carta e banquetes, cun equipo mínimo de 5 persoas.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio en Hostelería e Turismo. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Persoa responsable e traballadora.
Publicada/Xestionada: Pazo de Bendoiro/Infojobs.

Data: 18-01-2017
Posto: XERENTE/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase xerente/a.
Requisitos: Con experiencia en hostelería e afeccionado/a ao mundo do motor.
Publicada/Xestionada: Particular (José Ramón González): ☎ 639218112.

Data: 17-01-2017
Posto: AXENTE DE SEGUROS EXCLUSIVOS (5 vacantes)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Ocaso S.A., dentro do seu Plan de expansión, selecciona axentes de seguros exclusivos para as súas oficinas de Pontevedra. As funcións a desenvolver serán: procura e captación de clientes; análise de mercado para a distribución dos produtos da Compañía; asesoramento e venda de toda a carteira de produtos da Compañía; xestión das campañas comerciais que poña en marcha a Compañía; creación de novas liñas de negocio; seguimento da carteira de clientes. Ofrécese: desenvolver unha brillante carreira profesional pondo todos os medios, ferramentas e coñecementos necesarios con permanente apoio en formación; formar parte dun dos primeiros grupos aseguradores españois con oficinas en todo o territorio nacional; apoio na captación e no desenvolvemento de negocio e explotación de carteira de clientes; óptimas condicións económicas; contrato mercantil; formación en técnicas de venda, accións de mercadotecnia, etc.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima non requirida. Ambición profesional e persoal. Actitude comercial e aptitude para querer desenvolverse no mundo dos negocios. Carácter emprendedor con clara vocación comercial. Dotes de organización, dirección e traballo en equipo. Valorarase formación media-superior, permiso de conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 17-01-2017
Posto: LICENCIADO/A EN VETERINARIA (8 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Tragsatec, empresa especializada na realización de actividades de enxeñería, consultoría e asistencia técnica en materias agrícola, gandeira, forestal, ambiental, de desenvolvemento rural ou medio mariño, sanidade e saúde pública, tanto en estudos e proxectos como en servizos técnicos, filial do Grupo Tragsa, precisa incorporar 8 licenciados/as en veterinaria para a realización de proxecto. Os candidatos preseleccionados/as deberán superar as correspondentes probas de selección que poderán consistir na comprobación dos coñecementos, a exposición curricular, probas psicotécnicas ou a realización de entrevistas. Igualmente poderán esixirse recoñecementos médicos, de acordo coa normativa legal. Os candidatos/as seleccionados/as participarán nun programa de Sanidade Animal especialmente enfocado ao diagnóstico de Tuberculose. Dentro das súas funcións principais atópase a realización de traballos veterinarios de campo para o diagnóstico de enfermidades dos programas de erradicación (especialmente probas de IDTB), ademais de tarefas de extracción de sangue e recollida de mostras biolóxicas para diagnóstico en laboratorio, control de identificación, marcaxe de animais positivos, vacinación, sacrificios, realización de enquisas epidemiolóxicas, etc. A duración estimada do proxecto será seis meses. A xornada de traballo será de 32 horas semanais, realizando 9 horas luns, 9 horas martes, 7 horas xoves e 7 horas venres, con motivo da operatividade e necesidade específica do servizo. O salario bruto anual: 23.500 - 25.500 euros, en función da experiencia.
Requisitos: Estudos mínimos de licenciatura en veterinaria. Experiencia mínima non requirida. Carné de conducir tipo B. Dispoñibilidade para desprazarse polos lugares de traballo asignados. Coñecementos técnicos de desempeño profesional: valorarase realizar curso de formación en aspectos teóricos, prácticos e de base legal do diagnóstico da Tuberculose Bovina. Valorarase a experiencia de polo menos un ano en traballos de campo con rumiantes, especialmente relacionados co diagnóstico de tuberculose mediante IDTB. Competencias persoais de desempeño profesional: capacidade de organización e planificación e de coordinación co resto do equipo; capacidade de adaptación para asumir diferentes tarefas e reorganizar os recursos; capacidade para adecuar as súas respostas para alcanzar os obxectivos marcados; capacidade de comunicación.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 16-01-2017
Posto: RECEPCIONISTA DE CLÍNICA DENTAL
Lugar: Lalín.
Descrición: Policlínica de especialidades bucodentais precisa recepcionista. As funcións a realizar serán: atención telefonica e presencial de pacientes; labores administrativas; xestión de axendas.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Medio Administrativo. Experiencia mínima de polo menos 2 anos como recepcionista e/ou administrativo/a. Imprescindible residente en provincia do posto vacante (Lalín ou arredores). Coñecementos paquete office, orientación ao/á cliente, responsabilidade.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 16-01-2017
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase peón/a gandeiro/a para incorporarse a equipo de traballo en gandería de 300 animais. Con posibilidade de vivenda.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio): ☎ 616996115.




Data: 31-01-2017
Posto: OPERARIO/A DE MATADOIRO
Lugar: Comarca do Deza e outros.
Descrición: Adecco selecciona operario/a para a realización de tarefas de cadea de procesado en matadoiro de sector avícola: colgado, eviscerado, despezamento... Utilización de coitelo e traspaleta para o seu posterior transporte. Contrato inicial de 3 meses.
Requisitos: Non se requiren estudos mínimos. Experiencia mínima de polo menos 1 ano en posto similar (sector avícola ou cárnico). Carné de manipulación de alimentos. Experiencia utilizando o coitelo para o despezamento e eviscerado. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 31-01-2017
Posto: PEÓN/A (Autónomo/a)
Lugar: Agolada.
Descrición: Precísase peón/a. Profesional autónomo/a. Soldo 100€/día.
Requisitos: Con algún coñecemento de encofrados.
Publicada/Xestionada: Particular (Miguel): ☎ 689572892.

Data: 25-01-2017
Posto: OPERARIO/A DE PANADERÍA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase persoa para traballar no obradoiro dunha panadería e realizar funcións de repartición.
Requisitos: Experiencia mínima de 6 meses en posto similar. Valorable dispoñibilidade de incorporación inmediata e formación en hixiene e manipulación de alimentos.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E7.

Data: 24-01-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: EGA Consultores selecciona administrativo/a para o departamento de compras, loxística e almacén de importante empresa industrial situada na zona do Deza. As súas responsabilidades, en dependencia da Dirección Financeira, serán: garantir que os pedidos dos/as clientes se vexan satisfeitos en tempo e en forma, coordinando os seus labores con varios departamentos da empresa; como interlocutor/a entre a rede comercial nacional e o almacén, responsabilizarase de xestionar adecuadamente os pedidos, enviando a información necesaria ao técnico/a de almacén para o envío de material ao/a cliente final; como receptor/a de os pedidos de clientes internacionais, será a persoa encargada de xestionar o envío do orzamento solicitado e de transmitilo, unha vez aceptado polo cliente, para o proceso de fabricación e posterior envío ao cliente final; asegurar o aprovisionamento do almacén e xestionar adecuadamente a súa planificación en función das estimacións realizadas e o histórico de pedidos de anos anteriores; atención a clientes e á rede comercial, xestionando calquera incidencia que poida xurdir e anticipándose a problemas que poidan derivar do envío dos pedidos solicitados; xestionar a loxística do envío, seleccionando a mellor opción de transporte combinando prazo de entrega e custo, coordinando esta función con almacén e fabricación. Ofrécese a incorporación a unha empresa en pleno crecemento e a unha posición con potencial de desenvolvemento.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Superior en Administración ou similar ou Grao Universitario en Empresas, Administración... Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Coñecementos de administración, aprovisionamento, compras. Valorable experiencia desempeñando funcións administrativas en compras, almacén... Nivel avanzado Excel. Nivel intermedio-alto de inglés. Persoa moi organizada e rigorosa, con boa capacidade para traballar en equipo e cun desenvolvemento avanzado das súas habilidades comunicativas. A persoa necesitará ser proactiva e ter capacidade de resolver as incidencias cos/as clientes de maneira rápida e eficiente.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 23-01-2017
Posto: OPERARIO/A DE GRANXA AVÍCOLA (5 vacantes) (Urxente)  OFERTA PECHADA
Lugar: Dozón.
Descrición: Precísanse 5 operarios/as de granxa avícola para tarefas sinxelas como sacar galiñas do interior de xaulas. Traballo durante unha semana (5h/día). Remuneración: 8€ brutos/hora.
Requisitos: Non se require experiencia pero valórase no sector agrícola, granxas...
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Operario/a Granxa".

Data: 20-01-2017
Posto: ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR
Lugar: Silleda.
Descrición: Adecco selecciona persoa para facer substitucións para o servizo de acompañante de transporte escolar.
Requisitos: Dispoñibilidade horaria. Imprescindible certificado de delitos de natureza sexual (segundo Lei Orgánica 1/1996, de 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil). Residencia en Silleda ou arredores.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 18-01-2017
Posto: TÉCNICO/A DE DEPARTAMENTO DE CONSUMIBLES
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase técnco/a de departamento de consumibles para importante empresa industrial situada na zona do Deza. En dependencia da dirección financeira, responsabilizarase de garantir que os pedidos dos/as clientes véxanse satisfeitos en tempo e en forma, coordinando os seus labores con varios departamentos da empresa; como interlocutor/a entre a rede comercial nacional e o almacén, responsabilizarase de xestionar adecuadamente os pedidos, enviando a información necesaria ao técnico/a de almacén para o envío de material ao/á cliente final; como receptor/a dos pedidos de clientes internacionais, será a persoa encargada de xestionar o envío do orzamento solicitado e de transmitilo, unha vez aceptado polo/a cliente, para o proceso de fabricación e posterior envío ao/á cliente final; asegurar o aprovisionamento do almacén e xestionar adecuadamente a súa planificación en función das estimacións realizadas e o histórico de pedidos de anos anteriores; atención a clientes e á rede comercial, xestionando calquera incidencia que poida xurdir e anticipándose a problemas que poidan derivar do envío dos pedidos solicitados; xestionar a loxística do envío, seleccionando a mellor opción de transporte combinando prazo de entrega e custo, coordinando esta función con almacén e fabricación.
Requisitos: Estudos mínimos Ciclo Formativo Grao Superior en Administración ou similar ou Grao Universitario en Empresas, Administración. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Coñecementos necesarios de compras, administración, aprovisionamento. Valorable experiencia de 2-3 anos desempeñando funcións administrativas en compras, almacén; nivel avanzado Excel e nivel intermedio-alto de inglés. Persoa moi organizada e rigorosa, con boa capacidade para traballar en equipo e cun desenvolvemento avanzado das súas habilidades comunicativas. A persoa necesitará ser proactiva e ter capacidade de resolver as incidencias cos/as clientes de maneira rápida e eficiente.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 16-01-2017
Posto: DIRECTOR/A PARA BANDA E ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL  
Lugar: Agolada.
Descrición: A Asociación de Amigos Banda de Música Municipal de Agolada precisa director/a para banda e escola de música municipal.
Publicada/Xestionada: Asociación de Amigos Banda de Música Municipal de Agolada (Casa Amarela s/n, Polígono Industrial, 36520 Agolada - Pontevedra). ☎ 618808169. As persoas interesadas poderán presentar a súa candidatura do 16 ao 25 de xaneiro de 2017 a través do correo electrónico bmmagolada@gmail.com adxuntando a seguinte documentación: curriculum vitae, proxecto de traballo a realizar pola Banda de Música e proxecto de traballo a realizar pola Escola de Música. O proceso de selección realizarase en dúas fases: 1ª de preselección mediante avaliación de curriculums e proxectos e 2ª de entrevista persoal e desenvolvemento de dous ensaios.

Data: 16-01-2017
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Silleda.
Descrición: Restaurante González de Silleda precisa axudante de cociña.
Requisitos: Indispensable experiencia demostrable de máis de 2 anos e dispoñibilidade inmediata.
Publicada/Xestionada: Restaurante González (Rúa Antón Alonso Ríos nº 20, 36540 Silleda). ☎ 986580156. Contactar vía teléfono ou enviar currículum ao email: hostalgonzalezrestaurante@gmail.com.

Data: 16-01-2017
Posto: MONITOR/A (5 vacantes)
Lugar: Silleda.
Descrición: Turismo Gallego Medioambiental precisa monitores/as de tempo libre para traballar na campaña 2017.
Requisitos: Estudos mínimos de Bacharelato. Experiencia mínima de polo menos 1 ano en actividades ocioeducativas e/ou actividades no medio natural con grupos de escolares e/ou en campamentos de verán. Valoraranse titulacións relacionadas co Medio Natural (Educación Ambiental, Actividades Físico Deportivas...). Valorarase experiencia en actividades relacionadas co Turismo Activo (Escalada, Cabalos, Orientación...). Valoraranse experiencias laborais previas en Centros de Educación Ambiental, Granxa Escola, Centros de Turismo Activo...
Publicada/Xestionada: Infojobs.




Data: 31-01-2016
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona soldador/a MIG - Fío continuo para empresa do sector da automoción situada no Polígono de San Cibrao das Viñas. Realizará soldadura con fío continuo en espesores moi finos. Xornada completa en quendas rotativas de 06:00h a 14:00h ou 14:00h a 22:00h.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado escolar. Experiencia mínima demostrable como soldador/a realizando tarefas similares ás ofertadas. Persoa responsable, activa e resolutiva. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Carné B1 e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 30-01-2016
Posto: TORNEIRO/A-FRESADOR/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Adecco selecciona torneiro/a-fresador/a para importante empresa industrial en Ourense.
As súas principais funcións serán: tornear superficies (cilíndricas, cónicas, de formas excéntricas, roscas...) con máquinas ferramentas tradicionais e por control numérico (tornos, fresadoras, taladradoras, afiadoras, prensas, serras automáticas, máquinas de electroerosión...); calcular os parámetros necesarios para mecanizar por C.N.C. e programar as máquinas ferramentas; fixar correctamente a peza á bancada ou máquina correspondente; elixir, preparar, axustar e realizar o mantemento; seleccionar o material en bruto, cortalo ou tronzarlo; realizar o croquizado a partir dun plano ou peza; analizar e interpretar os planos ou esbozos; verificar e controlar a calidade dos produtos finais (superficie, dimensións, dureza...); actuar en todo momento de acordo coas normas de seguridade e hixiene, calidade e ambientais establecidas, e velar polo cumprimento das mesmas. Ofrécese incorporación inmediata a través de contratación temporal con posibilidade de contratación posterior por parte da empresa usuaria. Xornada completa en horario partido de luns a venres.
Requisitos: Imprescindible Ciclo Medio en Mecanizado ou Ciclo Superior en Desenvolvemento de Proxectos Mecánicos/as ou en Produción por Mecanizado. Valorable experiencia como torneiro/a-fresador/a. Valorable coñecementos en soldadura MIG ou TIG.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 27-01-2016
Posto: HIXINISTA BUCODENTAL
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase hixienista bucodental.
Requisitos: Experiencia mínima dun ano.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 27-01-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Santiago de Compostela.
Descrición: Precísase auxiliar administrativo/a para tarefas de atención ao público. Contrato de 6 meses.
Requisitos: FP rama administrativa. Boa actitude e amabilidade no trato cos/as clientes. Ganas de traballar. Non imprescindible experiencia.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 27-01-2016
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN TIR
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase condutor/a para transporte internacional e nacional.
Requisitos: Permiso de conducir C+E.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 27-01-2016
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Boqueixón (A Coruña).
Descrición: Explotación de vacún de leite na zona de Camporrapado (Boqueixón) precisa peón/a gandeiro/a.
Requisitos: Experiencia no manexo de maquinaria agrícola e en ordeño. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E11.

Data: 27-01-2016
Posto: ODONTÓLOGO/A
Lugar: Cuntis (Pontevedra).
Descrición: Precísase odontólogo/a.
Requisitos: Titulación de grao ou licenciatura en odontoloxía. Experiencia mínima de 2 anos.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 27-01-2016
Posto: AUXILIAR DE ENFERMERÍA EN XERIATRÍA
Lugar: Parada de Sil (Ourense).
Descrición: Precísase auxiliar de enfermería para residencia terceira idade.
Requisitos: Con titulación FP ou con certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria en institucións.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 27-01-2016
Posto: ENFERMEIRO/A
Lugar: Parada de Sil (Ourense).
Descrición: Precísase enfermeiro/a para centro xeriátrico. Traballo a xornada completa.
Requisitos: Especialista en enfermería xeriátrica.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 26-01-2016
Posto: CHAPISTA-PINTOR/A DE COCHES
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase chapista-pintor/a de coches.
Requisitos: Experiencia mínima demostrable de 3 anos. Valorable dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E10.

Data: 26-01-2016
Posto: PERSOAL DE OFICINA TÉCNICA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Suyma Plus Madera SL precisa persoal de oficina técnica. Realizará as seguintes funcións: realización de planos de construción a medida (achegando solucións); planificación de obras; facer pedidos a provedores; falar con clientes; ter contacto directo con fábrica.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano en Oficina Técnica en construción ou fabricación de mobiliario de carpintería. Dominio do uso de AutoCAD
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-01-2016
Posto: QUÍMICO/A
Lugar: Milladoiro-Ames (A Coruña).
Descrición: Precísase Licenciado/a en Ciencias Químicas ou Enxeñeiro/a en Química industrial.
Requisitos: Experiencia mínima de 6 meses en posto similar. Valorable dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E09.

Data: 26-01-2016
Posto: CONDUTOR/A DE AUTOBÚS
Lugar: Ribeira (A Coruña).
Descrición: Grupo Externa selecciona condutor/a de autobús para a realización de liñas regulares na zona de Ribeira e arredores. A súa misión será a de conducir o vehículo de maneira correcta, respectando os horarios e itinerarios establecidos. Ofrécese contrato temporal de 40 h/semana e
Requisitos: Experiencia demostrable como condutor/a de autobús mínima de 1 ano. Carné de conducir D. CAP. Residencia na zona. Dispoñibilidade inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Externa.

Data: 26-01-2016
Posto: PROGRAMADOR/A WEB
Lugar: Padrón (A Coruña).
Descrición: Precísase programador/a web e xestor/a de tenda online para empresa de distribución.
Requisitos: Experiencia mínima de 1 ano en posto similar. Valorable dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E08.

Data: 26-01-2016
Posto: SOLDADOR/A TIG
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Nortempo selecciona soldador/a TIG para soldar pezas de mobiliario para importante empresa da Estrada.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Superior. Experiencia mínima de máis de 5 anos en soldadura TIG. Valorable experiencia en soldadura de mobiliario.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 26-01-2016
Posto: PEITEADOR/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase oficial de perruquería. Contrato temporal de 6 meses. Horario a convir.
Requisitos: Titulación en Perruquería e Estética. Experiencia mínima de 3 anos.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 25-01-2016
Posto: ENCARGADO/A DE TENDA DE ALIMENTACIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona encargado/a de tenda de alimentación para importante empresa do sector da alimentación da zona de Ourense. Realizará as tarefas seguintes: atención ao/a cliente; xestión dos produtos de tenda; xestión de vendas e peches diarios; coordinación e organización do equipo de traballo; apoio na tenda. Traballo a xornada completa en quendas rotativas.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado escolar.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 25-01-2016
Posto: CONDUTOR/A RUTA INTERNACIONAL (2 vacantes)
Lugar: Santiago de Compostela - Padrón (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona 2 condutores/as para realizar rutas internacionais de transporte por estrada de produtos alimentarios.
Requisitos: Experiencia no devandito posto. Imprescindible Carné C+E, CAP, cartón de tacógrafo. Valorable dispoñibilidade para pasar a noite durante 20 días.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 25-01-2016
Posto: REPARTIDOR/A DE ALIMENTACIÓN
Lugar: Ordes (A Coruña).
Descrición: Eurofirms selecciona repartidor/a para importante empresa do sector do comercio situada na provincia da Coruña. Realizará as seguintes tarefas: repartición por Coruña e arredores; labores na produción e elaboración dos produtos; carga e descarga no almacén, entre outras. Traballo a xornada completa en quenda partida, de luns a venres entre as 09:00h e as 18:00h.
Requisitos: Estudos mínimos de Graduado escolar. Carné de manipulador/a de alimentos en vigor. Experiencia mínima demostrable como repartidor/a de alimentación, realizando tarefas iguais ou similares ás ofertadas. Persoa dinámica, activa, responsable e resolutiva. Valorable residencia próxima á zona de traballo. Dispoñibilidade horaria e de incorporación inmediata. Carné de conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Eurofirms.

Data: 24-01-2016
Posto: AUXILIAR ADMINISTRATIVO LABORAL
Lugar: Negreira (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona auxiliar administrativo/a para xestionar nóminas, modelo 190, etc, en empresa situada na zona de Negreira para contrato por substitución.
Requisitos: Grao Relacións Laborais/ADE. Imprescindible experiencia mínima dun ano en xestión de nóminas, contratos, IT, partes de horas, IRPF, etc. Coñecemento programa Epsilon. Valorable residencia na zona.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 23-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE CARPINTERÍA (QUENDA DE NOITE) (VARIOS POSTOS) (Urxente)
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase de forma urxente para importante empresa do sector do moble, operarios/as para creación dunha nova quenda nocturna (Lixadores/as, barnizadores/as, montadores/as, CNC...).
Requisitos: Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Experiencia mínima dun ano.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E6.

Data: 23-01-2016
Posto: DEPENDENTE/A (FINS DE SEMANA)
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Precísase dependente para tenda do sector da alimentación. Traballo fins de semana
Requisitos: Experiencia no posto.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 23-01-2016
Posto: XEFE/A DE SERVIZO
Lugar: Ourense.
Descrición: Veicar S.L. convoca proceso selectivo para a contratación de xefe/a de servizo para os parques de bombeiros/as da provincia de Ourense.
Requisitos: Os requisitos e bases do proceso de selección están a disposición das persoas interesadas na web www.veicar.com.
Publicada/Xestionada: Veicar S.L. Interesados/as enviar solicitude ao conforme ás bases ao email rrhh@veicar.com. O prazo de admisión de candidaturas é até o 6 de febreiro de 2017.

Data: 23-01-2016
Posto: XEFE/A DE TURNO (6 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Veicar SL convoca proceso selectivo para a contratación de 6 xefes/as de turno para os parques de bombeiros/as da provincia de Ourense.
Requisitos: Os requisitos e bases do proceso de selección están a disposición das persoas interesadas na web www.veicar.com.
Publicada/Xestionada: Veicar S.L. Interesados/as enviar solicitude ao conforme ás bases ao email rrhh@veicar.com. O prazo de admisión de candidaturas é até o 6 de febreiro de 2017.

Data: 23-01-2016
Posto: BOMBEIRO/A (14 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Veicar SL convoca proceso selectivo para a contratación de 14 bombeiros/as para os parques de bombeiros/as da provincia de Ourense.
Requisitos: Os requisitos e bases do proceso de selección están a disposición das persoas interesadas na web www.veicar.com.
Publicada/Xestionada: Veicar S.L. Interesados/as enviar solicitude ao conforme ás bases ao email rrhh@veicar.com. O prazo de admisión de candidaturas é até o 6 de febreiro de 2017.

Data: 23-01-2016
Posto: BOMBEIRO/A (BOLSA DE CONTRATACIÓN TEMPORAL) (10 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Veicar SL convoca proceso selectivo para a creación de bolsa de contratación temporal de 10 bombeiros/as para os parques de bombeiros/as da provincia de Ourense.
Requisitos: Os requisitos e bases do proceso de selección están a disposición das persoas interesadas na web www.veicar.com.
Publicada/Xestionada: Veicar S.L. Interesados/as enviar solicitude ao conforme ás bases ao email rrhh@veicar.com. O prazo de admisión de candidaturas é até o 6 de febreiro de 2017.

Data: 22-01-2016
Posto: ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Ordes (A Coruña).
Descrición: Precísase administrativo/a para xestoría. Tarefas de contabilidade e fiscalidade.
Requisitos: Imprescindible experiencia mínima de 2 anos.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: luis@xestoria.es.

Data: 22-01-2016
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Ordes (A Coruña).
Descrición: Termas de Cuntis Hotel Castro Balneario precisa cociñeiro/a.
Requisitos: Indispensable experiencia en menú, carta e eventos.
Publicada/Xestionada: Termas de Cuntis Hotel Castro Balneario. ☎ 986532535. Interesados/as enviar curriculum ao email: castro@termasdecuntis.com.

Data: 20-01-2016
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: San Marcos, Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase cociñeiro/a.
Requisitos: Con experiencia.
Data: 20-01-2016
Posto: PANADEIRO/A
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Panadería Tahona precisa panadeiro/a.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Panadería Tahona (Av. da Habana nº 7, 15800 Melide - A Coruña): ☎ 981505127 - 618941682 (Alberto Sánchez).

Data: 20-01-2016
Posto: CARPINTEIRO/A METÁLICO/A
Lugar: Toén (A Coruña).
Descrición: Precísase carpinteiro/a metálico/a oficial 1ª ou 2ª.
Requisitos: Con 36 meses de experiencia. Curso prevención riscos laborais. Últimos 3 anos traballados no sector do metal, realizando as tarefas de soldador de ferro, aluminio e aceiro inoxidable. Experiencia na fabricación e montaxe de estruturas no taller e nas obras.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 20-01-2016
Posto: MECÁNICO/A INDUSTRIAL
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona mecánico/a de vehículos industriais. Contrato eventual a xornada completa.
Requisitos: Con experiencia de polo menos 2 anos no sector da automoción (vehículos pesados. autobús, camión...). Formación de Ciclo Superior de mecánica ou automoción. Valorable posesión do carné C.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 20-01-2016
Posto: CONDUTOR/A-OPERADOR/A DE GUINDASTRE EN CAMIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase condutor/a-operador/a de guindastre en camión.
Requisitos: Experiencia mínima 24 meses. Permiso conducir C1+E. Valorarase posesión tarxeta transporte mercadorías perigosas en cisterna e similares.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 20-01-2016
Posto: EMPREGADO/A ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase empregado/a administrativo/a
Requisitos: Con coñecementos de contabilidade e inglés nivel superior.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 19-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO
Lugar: Pontevedra.
Descrición: Randstad selecciona técnico/a de mantemento para empresa de automoción na zona de Pontevedra. Xornada laboral  32-38 horas/semana.
Requisitos: Formación Profesional de Grao Medio en Instalación e Mantemento electromecánico, Formación Profesional de Grao Superior en Mantemento de Vehículos Autopropulsados ou Formación Profesional de Grao Superior en Mantemento e Servizos á Produción. Experiencia mínima de 2 anos. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Coñecementos de cambio de utillaxes, mantemento de liñas, automatismos, hidráulica, neumática, cambio e regulación de sensores, soldadura.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 19-01-2016
Posto: CARRETILLEIRO/A RETRÁCTIL
Lugar: A Pobra do Caramiñal (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona carretilleiro/a retráctil para almacén frigorífico situado no polígono industrial A Tomada da Poboa do Caramiñal.
Requisitos: Con experiencia en carretilla retráctil, mínimo 2 anos. Carné de carretilla elevadora. Carné de manipulación de alimentos. Residencia na zona do Barbanza (Pobra, Ribeira, Boiro, Rianxo, Noia). Imprescindible experiencia mínima 2 anos en xestión e organización de almacén, valorable en sector da alimentación. Coñecementos informáticos, manexo de follas de cálculo (Excel).
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 19-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE MANTEMENTO
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona técnico/a de mantemento para importante empresa do sector da hostelería en Lugo cidade.
Requisitos: Dispoñibilidade horaria total. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Coñecemento de albanelaría, fontanería e electricidade. Valorable formación de FP.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 18-01-2016
Posto: CONTABLE
Lugar: Caldas de Reis (Pontevedra).
Descrición: Grupo Externa selecciona contable para gran empresa situada na comarca de Caldas de Reis. Realizará as seguintes funcións, entre outras: garantir o adecuado rexistro das operacións económicas da empresa, supervisando a elaboración da contabilidade financeira e analítica co fin de obter a máxima rendibilidade empresarial; confección de contas anuais e peche do exercicio; supervisión directa da corrección 'dos apuntamentos contables efectuados; elaboración de informes da evolución dos estados contables para a Dirección; confección da contabilidade analítica e, no seu caso, consolidación de balances; realización de conciliacións bancarias con soporte administrativo; xestión, control e conformación de facturas de provedores/as e acredores/as; fornecer información contable obxectiva e verificable á dirección da empresa; proporcionar a tempo a información contable; elaborar o Plan de Contas da empresa sobre a base do Plan Xeral de Contabilidade ou plans sectoriais se a empresa requíreo; presentación do peche contable do exercicio, contas anuais e, no seu caso, consolidación de balances; avaliar e controlar as distorsiones que poidan producirse no proceso contable.
Requisitos: Licenciado/Diplomado en Ciencias Económicas ou ADE, (ou afíns). Sólida base económica e contable con profundos coñecementos do PGC. Usuario/a de ferramentas informáticas de xestión empresarial. Experiencia previa demostrable en empresas con grandes contas (realizaranse probas de nivel para acreditar coñecementos achegados).
Publicada/Xestionada: Grupo Externa.

Data: 17-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE CALIDADE
Lugar: Lugo.
Descrición: Nortempo selecciona a enxeñeiro/a para desempeñar funcións de técnico/a de calidade en importante empresa do sector alimentación en Lugo.
Requisitos: Formación en Enxeñería Industrial, especialidade Organización Industrial ou Enxeñería Quimica Industrial. Con coñecementos en calidade. Experiencia non requirida. Nivel alto Excel e Access. Vehículo propio. Valorable nivel alto de inglés.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 17-01-2016
Posto: AUXILIAR DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase auxiliar de atención sociosanitaria. Contrato a media xornada.
Requisitos: Certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas dependentes con formación ou experiencia en estimulación continua.
Publicada/Xestionada: Concello da Estrada. Axente de Emprego e Desenvolvemento Local. Interesados/as enviar curriculum ao email  aedlestrada@gmail.com indicando no asunto "Atención persoas dependentes".

Data: 17-01-2016
Posto: RESPONSABLE DE CAIXAS
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Bricomart precisa responsable de caixas para o almacén de Santiago. En dependencia do director/a terá como misión asegurar a satisfacción dos/as clientes garantindo o respecto e a fiabilidade dos procedementos de cobro a través da coordinación das actividades no día a día e a animación do seu equipo. As principais responsabilidades serán: xestionar o equipo de caixas (seleccionar, acoller e formar aos novos/as empregados/as, acompañar e desenvolver aos seus colaboradores/as, planificar as tarefas e supervisar a súa desempeño asegurando a satisfacción dos/as clientes), asegurar o cobro, as devolucións e o control das mercadorías, manexar os documentos contables relacionados con caixa e xestionar as incidencias, garantir a fiabilidade e o respecto dos procedementos de caixas e a xestión do cofre e asistir á liña de caixas; asegurar a correcta atención dos/as clientes asegurando a súa satisfacción, garantindo a comodidade e fluidez do paso por caixas, xestionando as incidencias; realizar a xestión administrativa (seguimento das tarefas contables, arquivo, administración de persoal, etc.); xestionar economicamente a unidade de negocio (control dos orzamentos, tramitación de gastos comúns e ordinarios); negociar con empresas prestatarias e xestiona servizos: supervisión das empresas encargadas do mantemento preventivo e correctivo das infraestruturas (luz, gas, calefacción, ascensores e outros); control e coordinación dos servizos de limpeza, seguridade, cafetarías etc. Ofrécese incorporación a un grupo da distribución líder e plans personalizados de formación para potenciar as oportunidades de crecemento dentro da compañía.
Requisitos: Imprescindible experiencia en: promover e liderar equipos; realizar o seguimento de obxectivos, indicadores e estándares de calidade establecidos polo/a cliente; promover a relación cos/as clientes; planificación de recursos; creación de proceso e procedementos. Valórase: formación universitaria; persoas con procedencia do sector retail, contac center, customer center etc, que queiran reorientar a súa carreira ao mundo da gran distribución.
Publicada/Xestionada: Bricomart.

Data: 16-01-2017
Posto: ANALISTA - PROGRAMADOR/A INFORMÁTICO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: AP Consultores precisa analista-programador/a informático/a para desenvolvemento de aplicación xa en funcionamento.
Requisitos: Experiencia en programación Java.
Publicada/Xestionada: AP Consultores. Interesados/as enviar curriculum vitae ao email: infoapconsultoria@gmail.com.

Data: 16-01-2017
Posto: OPTICO/A - OPTOMETRISTA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase óptico/a-optometrista para óptica na Estrada. Traballo a media xornada polas tardes e sábados pola mañá facendo labores de gabinete, taller e atención ao público.
Requisitos: Estudos mínimos de Diplomatura en Óptica e Optometría. Experiencia mínima non requirida.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 16-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE CONTROL NUMÉRICO
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase operario/a de control numérico para levar a cabo, entre outras, as funcións de reparación, programación e mecanización en centros de mecanizado horizontal, fresadoras e tornos de control numérico.
Requisitos: Experiencia mínima de 1 ano en posto similar. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E5.

Data: 16-01-2016
Posto: TÉCNICO/A DE ORZAMENTOS
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase técnico/a de orzamentos para empresa do sector da carpintería da zona da Estrada. As funcións serán: elaborar orzamentos, interpretar memorias, planos, etc..
Requisitos: Imprescindible nivel básico de inglés. Experiencia mínima de 1 ano en elaboración de orzamentos. Valorable dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email: candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017E4.

Data: 16-01-2016
Posto: XEFE/A DE COCIÑA
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona xefe/a de cociña para xestionar e supervisar a cociña dun importante restaurante de Santiago de Compostela. Xornada laboral completa.
Requisitos: Formación profesional en hostelería. Imprescindible experiencia mínima de 3 anos en postos similares. Valorable coñecementos en cociña contemporánea, elaboración de menús, xestión de equipos.
Publicada/Xestionada: Nortempo.

Data: 16-01-2016
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA (2 vacantes)
Lugar: Ourense.
Descrición: Bicolan selecciona 2 operarios/as de fabricación para empresa do sector industrial situada en Ourense. Encargaranse de controlar o proceso dunha liña de produción, desde a alimentación de materias primas até o paletizado do produto terminado. O traballo realizarase a quendas rotativas de mañá, tarde e noite.
Requisitos: Experiencia mínima de 6 meses como operario de fabricación en industria. Carné de carretilleiro/a. Dispoñibilidade para traballo a quendas.
Publicada/Xestionada: Bicolan.

O Último