O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) de Lalín organiza nas vindeiras datas dous seminarios de seguridade info...

Seminarios de seguridade informática e utilidades dos smartphone no CPAE 2.0 de Lalín


O Centro Provincial de Asesoramento Empresarial 2.0 (CPAE 2.0) de Lalín organiza nas vindeiras datas dous seminarios de seguridade informática e utilidades dos smartphone dirixidos/as principalmente a autónomos/as e micropemes.


Fotografía con Smartphone: PIXLR para Android e IOS (2 horas)
Data: 27/07/2016
Horario: 19:00 - 21:00 horas

Este seminario ten como finalidade ensinar a sacarlle partido á cámara do smartphone a través de aplicacións cunha interfaz moi sinxela baseadas en Android ou en iOS. Desta maneira calquera usuario/a poderá mellorar as túas fotos antes e despois da captura para posteriormente compartilas nas túas redes sociais, coa finalidade de facer actualizacións máis frecuentes, manter o interese dos seguidores/as e o máis importante, aforrar tempo, recursos e esforzo.

CONTIDOS:

1.- Utilizar o teléfono como cámara fotográfica.
2.- Accesorios.
3.- Cales son as aplicacións de realización e edición de fotos mellor valoradas polos/AS internautas?
4.- Coñezamos a interfaz das aplicacións.
5.- Práctica.
6.- Resolución de dúbidas ou inquietudes.

Relator/a: Nirioxis Rodríguez é Técnica Superior en fotografía pola Escola de Arte e Deseño Mestre Mateo, con máis de 6 anos de experiencia.


Seguridade da información: Protexe o teu Smartphone (2 horas)
Data: 29/07/2016
Horario: 19:00 - 21:00 horas

Neste taller tratarase de iniciar tanto a autónomos/as, como pequenos/as empresarios/as e a emprendedores/as nas claves para manter sempre protexidos os seus datos persoais e profesionais nos seus smartphones. Consellos xerais e tamén específicos para os diferentes sistemas operativos de smartphone: Android e iOS.

CONTIDOS:

1.- Introdución ao concepto de seguridade.
2.- Cal é o Sistema Operativo máis seguro Android ou iOS?.
3.- Consellos de sentido común para manter seguro o teu smartphone.
4.- Aplicacións de seguridade en Android.
5.- Aplicacións de seguridade en iOS.

Relator/a: Eliana Bouzas, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proxectos de alfabetización e capacitación dixital.


Máis información


Punto CPAE  2.0 (Vivero de Empresas de Lalín). 
Polígono Lalín 2000, parcela E, 36500 - Lalín (Pontevedra). 
Teléfono: 886202020. Email: lalin.cpae20@depo.es.




O Último