A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria 2016 do Programa de incentivos á contratación por conta allea das...

Incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas de longa duración


A Consellería de Economía, Emprego e Industria abre a convocatoria 2016 do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración.

Esta liña de axudas, dirixida aos/ás empregadores/as, ten como finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral do colectivo de desempregados/as de 45 anos ou máis atendendo á súa desvantaxe e dificultade particular para permanecer no mercado de traballo:


Entidades beneficiarias das axudas


Empresas, calquera que sexa a forma xurídica, incluídos autónomos/as, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, sermpre que contraten por conta allea  a persoas traballadoras desempregadas de longa duración, para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.


Desempregados/as obxecto de formalización de contratos


Persoas desempregadas de longa duración de 45 ou máis anos de idade, que na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, 12 meses durante os 18 meses anteriores á súa contratación. 


Programas de incentivos


a) Programa de incentivos á CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL de persoas desempregadas paradas de longa duración. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen desde o día 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016, ambos os dous incluídos.

b) Programa de incentivos á TRANSFORMACIÓN DE CONTRATOS TEMPORAIS EN INDEFINIDOS. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as transformacións en indefinidos de contratos temporais realizados con persoas desempregadas paradas de longa duración realizadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016, ambos os dous incluídos.

Os incentivos increméntaranse nunha porcentaxe maior cando as contratacións sexan realizadas para prestar servizos en centros de traballo radicados nun concello rural de Galicia (poboación inferior a 20.000 habitantes).


Prazo de presentación de solicitudes


O prazo xeral para a presentación das solicitudes iníciase o 27.07.2016 e remata o 30.09.2016.

As solicitudes polas contratacións subvencionables realizadas entre o 01.01.2016 e a data da publicación da convocatoria deberán presentarse no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da publicación da orde (26.07.2016).


Máis información


Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG núm. 140 de 26.07.2016).

O Último