
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre a segunda convocatoria de 2016 das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4. O proceso de avaliación consta dunha proba escrita e unha oral que se realizarán non mes de novembro.
Persoas destinatarias
As persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.
Lugar e datas de realización das probas
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada nas seguintes datas:
Celga 4: 5 de novembro de 2016. Proba escrita que terá unha duración de tres horas e proba oral de duración máxima de 15 minutos.
Celga 2: 6 de novembro de 2016. Proba escrita que terá unha duración de dúas horas e proba oral de duración máxima de 10 minutos.
Celga 3: 12 de novembro de 2016. Proba escrita que terá unha duración de dúas horas e media e proba oral de duración máxima de 15 minutos.
Celga 1: 13 de novembro de 2016. Proba escrita que terá unha duración de dúas horas e proba oral de duración máxima de 10 minutos.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e da documentación correspondente é dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (18.08.2016).
Máis información
Resolución do 11 de xullo de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).