O Concello de Lalín abre a convocatoria dun programa de axudas para o fomento da actividade empresarial no ámbito municipal . A instit...

Tes unha idea de negocio? Lalín impulsa un Programa de axudas á creación de empresas


O Concello de Lalín abre a convocatoria dun programa de axudas para o fomento da actividade empresarial no ámbito municipal.

A institución local destinará 12.000 euros a esta iniciativa de apoio á posta en marcha de novos proxectos empresariais dirixida a empresarios/as individuais, autónomos/as e as pequenas e medianas empresas, independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 16 de outubro de 2015 e o 15 de setembro de 2016.


Gastos subvencionables


Serán gastos subvencionables os gastos de constitución e apertura, a adquisición das primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción ou comercialización; os gastos de alugueiro de local, de maquinaria ou de equipamentos informáticos e de elementos de transporte; as primas de seguros; as subministracións e gastos correntes derivados directamente de realización de actividade empresarial; os dereitos de propiedade industrial e os gastos de publicidade.


Requisitos para ser beneficiario/a das axudas


Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais, autónomos/as e as pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a empresa, negocio ou explotación teña o seu enderezo fiscal e social e o seu centro de traballo no Concello de Lalín.

b) Que os/as solicitantes, socios/as, promotores/as da empresa sexan propietarios/as, como mínimo, do 33% do capital social de dita empresa.

c) Que os/as solicitantes sexan persoas desempregadas á data de inicio da actividade da empresa e creen, polo menos, o seu propio posto de traballo acreditado coa alta no réxime especial de traballadores/as autónomos/as ou en calquera outro réxime que lle corresponda da Seguridade Social.

d) Que os/as solicitantes non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores/as autónomos/as, nos 3 meses inmediatamente anteriores.

e) Que entre os socios/as da empresa solicitante non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que nin a empresa, nin os socios/as promotores/as, teñan débedas coa Seguridade Social, coa Consellería de Facenda, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), nin co Concello de Lalín.

g) Non poderán obter a condición de beneficiario/a os/as empresarios/as e as pequenas empresas nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3 de Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 de Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

h) Que nin a empresa solicitante, nin os socios/as promotores sexan socios/as doutra empresa que se adique á mesma ou similar actividade.

i) Que a empresa conte con licenza de actividade, ou teña presentado comunicación previa para o exercicio da actividade, en función do réxime que lle corresponda á actividade.


Prazo de presentación de solicitudes


As axudas deste programa poderanse solicitar desde o día seguinte a publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (23.08.2016) até o 16.09.2016.


Máis información


Corrección de erros das bases reguladoras do Programa de Axudas Municipais para a Creación de Empresas no Concello de Lalín (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, BOPPO nº 163 do 26.08.2016).
Extracto da convocatoria do Programa de Axudas Municipais para a Creación de Empresas no Concello de Lalín (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, BOPPO nº 160 do 23.08.2016).
Bases reguladoras do Programa de Axudas Municipais para a Creación de Empresas no Concello de Lalín (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, BOPPO nº 153 do 11.08.2016).
Páxina web do Concello de Lalín: Concello Aberto - Axudas, Premios e Bolsas.

O Último