Data: 05-12-2017 Posto: AXUDANTE DE COCIÑA Lugar: Lalín. Descrición: Precísase axudante de cociña. Traballo a xornada completa. Doming...

Ofertas de Emprego (Decembro 2017) 1ª

Data: 05-12-2017
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase axudante de cociña. Traballo a xornada completa. Domingos e festivos libres.
Requisitos: Persoa con ganas de traballar. Carné de conducir e vehículo propio. Valorable experiencia.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Axudante Cociña".

Data: 05-12-2017
Posto: COIDADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase coidador/a para acompañamento de persoa maior. O obxectivo é fomentar a súa mobilidade e mellorar o seu ánimo con paseos, compañía e conversa. Traballo 2 días á semana, 2 horas cada día.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Coidador/a Acompañamento".

Data: 04-12-2017
Posto: IMPLANTADOR/A DE PLV (4 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse implantadores/as de publicidade no lugar de venda (PLV) para facer implantacións en Hipermercados de Lalín. Traballo día 12/12/2017 de 6.00h. a 10.00h. aproximadamente. Salario 7€/hora + quilometraxe.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 04-12-2017
Posto: ELECTRICISTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase electricista.
Requisitos: Con experiencia. Formación en Prevención de Riscos Laborais. Ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 04-12-2017
Posto: TÉCNICO/A DE ESTUDOS
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa de construción precisa técnico/a de estudos para cubrir unha vacante.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 3 anos. Estudos mínimos de Enxeñería Superior (Enxeñeiro/a de Camiños Canles e Portos e/ou similar).
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-12-2017
Posto: AXENTE DE SEGUROS (5 vacantes)
Lugar: Lalín e outros.
Descrición: Ocaso S.A. selecciona axentes de seguros exclusivos para as súa oficina de Lalín e outras de provincia. As funcións a desenvolver serán: procura e captación de clientes; análise de mercado para a distribución dos produtos da Compañía; asesoramento e venda de toda a carteira de produtos da Compañía; xestión das campañas comerciais que poña en marcha a Compañía; creación de novas liñas de negocio; seguimento da carteira de clientes. Ofrécese desenvolver unha brillante carreira profesional poñendo todos os medios, ferramentas e coñecementos necesarios con permanente apoio en formación; formar parte dun dos primeiros grupos aseguradores españois con oficinas en todo o territorio nacional; apoio no desenvolvemento de negocio e explotación de carteira de clientes; óptimas condicións económicas e apoio na captación de clientes, formación en técnicas de venda, accións de Mercadotecnia, etc. Contrato mercantil.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima non requirida. Persoa con ambición profesional e persoal. Actitude comercial e aptitude para querer desenvolverse no mundo dos negocios. Carácter emprendedor con clara vocación comercial. Dotes de organización, dirección e traballo en equipo. Valorarase formación media-superior. Valorarase permiso de conducir e vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-12-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Cervexería "O Chanqueiro" precisa camareiro/a.
Publicada/Xestionada: Cervexería "O Chanqueiro" (Rúa Rosalía de Castro nº 28, Lalín - Pontevedra). Interesados/as pasar polo local.

Data: 03-12-2017
Posto: XEFE/A DE OBRA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase xefe/a de obra.
Requisitos: Estudos mínimos de Enxeñería Técnica (preferiblemente arquitectura técnica). Experiencia mínima de polo menos 3 anos contrastada en edificación (vivendas, reformas, edificios industriais...). Coñecementos de construción, vivendas, reformas.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 03-12-2017
Posto: OPERARIO/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a para gandería de leite.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 03-12-2017
Posto: EMPREGADO/A DO SERVIZO DOMÉSTICO
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoa para limpeza e coidado de neno.
Requisitos: Preferiblemente muller.
Publicada/Xestionada: Particular (Marlene). Interesados/as contactar vía email.





Data: 14-12-2017
Posto: CONDUTOR/A
Lugar: Silleda e outros.
Descrición: Precísase condutor/a para reparto de mercadorías. Traballo 3 ou 4 días á semana repartidos de luns a venres segundo necesidades da empresa. Contrato a media xornada.
Requisitos: Carné C. Persoa maior de 30 anos que resida na Estrada, Forcarei ou Silleda.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Condutor/a Reparto".

Data: 03-12-2017
Posto: LIMPADOR/A DE HOTEL
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase persoa para limpeza de hotel rural en Silleda. Contratación laboral en Réxime Xeral. Contrato inicial a media xornada. Horario de 10. 00 a 14. 00 horas.
Requisitos: Experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Pilar). Interesados/as contactar vía email.

Data: 02-12-2017
Posto: RECEPCIONISTA - XESTOR/A ADMINISTRATIVO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase recepcionista e xestor/a administrativo/a. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Nivel avanzado de inglés.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios de Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 02-12-2017
Posto: ADMINISTRATIVO/A COMERCIAL
Lugar: Silleda e outros.
Descrición: Precísase administrativo/a comercial para a zona de Silleda e A Estrada.
Requisitos: Estudos mínimos de Grao. Experiencia mínima de polo menos 1 ano como administrativo/a comercial. Manexo do francés. Dispoñibilidade para viaxar e dispoñibilidade inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs.





Data: 04-12-2017
Posto: DESEÑADOR/A GRÁFICO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Mantecer SL precisa deseñador/a gráfico/a. Realizará as seguintes tarefas: deseño e explotación de paxínas web e redes sociais da empresa; deseño e explotación da marca empresarial; deseño de campañas publicitarias, folletos, cartelería...
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Superior - Artes Gráficas. Experiencia mínima de polo menos 1 ano en traballos deste tipo. Uso avanzado de redes sociais (Facebook, Youtube, Instagram, Twitter). Excelente capacidade escrita, oral e de comunicación. Coñecementos de deseño (Photoshop, Illustrator...). Coñecementos amplos de edición de vídeo e fotografía. Persoa creativa, actitude innovadora, con gran motivación, comunicativa e con sensibilidade artística. Persoa honesta, sincera, sociable, positiva, empática, culta, perseverante, con gran capacidade de escoita, con facilidade no trato con clientes e de resolución de problemas e boa presenza.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 03-12-2017
Posto: CARPINTEIRO/A (OFICIAL DE 1ª OU 2ª)
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Suyma Plus Madera precisa carpinteiro/a de madeira, oficial de primeira ou segunda categoría, para fabricación e montaxe de mobiliario. Ofrécese posibilidade de permanencia.
Requisitos: Con experiencia demostrable no sector de polo menos 2 anos. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Valorarase carné de conducir.
Publicada/Xestionada: Suyma Plus Madera (A Riba, s/n - Callobre, 36681 A Estrada-Pontevedra). ☎ 986570748.

Data: 03-12-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Cuntis (Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a a xornada completa. Ofrécese bo soldo.
Publicada/Xestionada: Particular (Pablo). ☎ 630678488.

Data: 02-12-2017
Posto: PERRUQUEIRO/A
Lugar: Cuntis (Pontevedra).
Descrición: Precísase perruqueiro/a para traballar os venres e sábados.
Requisitos: Con coñecementos tanto de barbería como estética, manicura semipermanente etc. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular (Aranzazu). ☎ 663659303.

Data: 01-12-2017
Posto: AXENTE COMERCIAL
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase axente comercial. Encargarase do marketing e a publicidade.
Requisitos: Estudos superiores relacionados co posto de traballo.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 01-12-2017
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA OU PASTELERÍA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase axudante de cociña ou pastelería.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 625301682.

Data: 01-12-2017
Posto: MECÁNICO/A-AXUSTADOR/A DE AUTOMÓBIL (OFICIAL DE 1ª OU 2ª)
Lugar: Ourense.
Descrición: Precísase mecánico/a-axustador/a de vehículos. Traballo a xornada completa.
Requisitos: Experiencia de polo menos 24 meses.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. Atención ao/á demandante: ☎ 012.

Data: 30-11-2017 Posto: COMERCIAL DE AUTOMOCIÓN E MARKETING Lugar: Lalín. Descrición: Precísase comercial de automoción e marketing. E...

Ofertas de Emprego (Novembro 2017) 2ª

Data: 30-11-2017
Posto: COMERCIAL DE AUTOMOCIÓN E MARKETING
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase comercial de automoción e marketing. En dependencia da Dirección Comercial responsabilizarase do desenvolvemento, execución e control do plan de mercadotecnia da empresa; deseño de accións de comunicación e campañas promocionais; mantemento das webs da empresa e xestión das vendas realizadas a través de Internet; apoio á Dirección Comercial e ao equipo de vendas.
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio - Comercio e Mercadotecnia. Experiencia no desenvolvemento de funcións similares. Coñecementos de mercadotecnia, vendas. Persoa con vocación comercial, usuario/a avanzado/a de Internet, con capacidade de traballo en equipo, proactiva, con gran capacidade de comunicación, organizada, con entusiasmo e ganas de desenvolverse profesionalmente. Residencia en Comarca do Deza ou arredores.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 30-11-2017
Posto: OPERARIO/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a gandeiro/a.
Requisitos: Persoa responsable e con ganas de traballar. Experiencia non requirida ainda que valorable.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Operario/a Gandeiro/a".

Data: 29-11-2017
Posto: AUXILIAR DE CARNICERÍA (5 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Hipermercados Carrefour selecciona 5 auxiliares de carnicería. Horario de luns a domingo e festivos de apertura.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano en postos relacionados en distribución e/ou comercio e/ou atención ao/á cliente. Imprescindible residente na provincia. Coñecementos de carnicería, produto fresco e orientación, venda e atención ao/á cliente. Flexibilidade horaria.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 29-11-2017
Posto: AUXILIAR XARDINEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Acciona Infraestructuras Service selecciona auxiliar xardineiro/a para labores propias da súa categoría no mantemento das zonas verdes en Lalín.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano en xardinería. Imprescindible residente na provincia. Carné de conducir. Preferentemente con carné de aplicador/a de fitosanitarios.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 29-11-2017
Posto: PERRUQUEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase perruqueiro/a.
Requisitos: Con experiencia. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Particular (Daniel):  ☎ 653750769 - 986783240.

Data: 28-11-2017
Posto: PROMOTOR/A DE VENDAS
Lugar: Lalín.
Descrición: CPM selecciona promotor/a de vendas para ofrecer degustación de froita en distintos centros comerciais do 14 ao 30 de decembro co obxectivo de incrementar as vendas dunha coñecida firma de alimentacion. O horario de traballo sera de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. (dias 14-15-16-20-21-22-23-24-28-29-30 de decembro).
Requisitos: Experiencia non requirida.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 28-11-2017
Posto: PROMOTOR/A DE VENDAS (22/12/2017)
Lugar: Lalín.
Descrición: CPM selecciona promotor/a de vendas para Lalín e arredores o día 22 de decembro en horario de 17.00 a 21.00 horas.
Requisitos: Coñecementos e experiencia en accións promocionais no punto de venda. Boas presenza. Persoa comunicativa.
Publicada/Xestionada: Yobalia.

Data: 28-11-2017
Posto: TÉCNICO/A DE ESTUDOS
Lugar: Lalín.
Descrición: Empresa do sector da construcción selección técnico/a de estudos
Requisitos: Estudos mínimos de Enxeñería Superior (Enxeñeiro/a de Camiños Canles e Portos e/ou similar). Experiencia mínima de polo menos 3 anos.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 27-11-2017
Posto: PERRUQUEIRO/A E ESTETICISTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase perruqueiro/a e esteticista.
Publicada/Xestionada: Tiresias Peluquería (Rúa Principal n° 42, Lalín - Pontevedra). ☎ 986781023. Interesados/as enviar curriculum ao email: tiresiasmontse@gmail.com.

Data: 27-11-2017
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a de camión.
Requisitos: Carné C e CAP.
Publicada/Xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. ☎ Atención ao/á demandante 012.

Data: 27-11-2017
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Carbonara Combustibles Sólidos precisa repartidor/a de mercadoría. Ofrécese traballo estable.
Requisitos: Carné de camión e CAP. Imprescindible residencia na comarca do Deza. Persoa con perfil comercial e experiencia en repartición. Con ganas de traballar.
Publicada/Xestionada: Carbonara Combustibles Sólidos (Lugar Alfonselle nº 24, Lalín - Pontevedra). ☎ 645260503 (Jose). Interesados/as enviar curriculum ao email: karbon.ara@ hotmail.com.

Data: 27-11-2017
Posto: OPERARIO/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a para gandería de vacún de leite para alimentación, ordeño e limpeza.
Requisitos: Residencia en Lalín, Silleda ou arredores. Valorable experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular.  ☎ 650452003 (Só chamadas).

Data: 27-11-2017
Posto: MOTOSERRISTA (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse 2 motoserristas para traballar no monte. Ofrécense boas condicións laborais.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular.  Interesados/as contactar vía email.

Data: 25-11-2017
Posto: OPERARIO/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a para traballar en explotación gandeira.
Requisitos: Con experiencia no sector.
Publicada/Xestionada: Particular (Jose Luís).  ☎ 619270146.

Data: 25-11-2017
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a para traballar en empresa cárnica para distribución da mercadoría.
Requisitos: Carné de camión (imprescindible). Residencia en Lalín, ou arredores (Comarca do Deza).
Publicada/Xestionada: Particular (Jose Luís):  ☎ 619270146 ou (María Luísa):  ☎ 686477252.

Data: 24-11-2017
Posto: CHAPISTA - PINTOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase chapista - pintor/a para taller de vehículos.
Publicada/Xestionada: Particular:  ☎ 670755972.

Data: 23-11-2017
Posto: XEFE/A DE OBRA (3 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona 3 xefes/as de obra, arquitectos/as técnicos/as, para innovadora e importante empresa do sector da construción a nivel internacional, punteira en deseño, fabricación e execución en obra de fachadas especiais. As funcións a desenvover serían: deseño e execución de proxectos e contacto con clientes a nivel internacional.
Requisitos: Titulación de Arquitecto/a Técnico/a. Experiencia  de polo menos 2 anos no sector da construción. Nivel alto de francés (imprescindible). Dispoñibilidade para a mobilidade internacional (imprescindible). Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 23-11-2017
Posto: CONDUTOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a. Traballo a quendas.
Requisitos: Permiso de conducir C. Residencia en Lalín ou arredores.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Condutor/a".

Data: 23-11-2017
Posto: OPERARIO/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase operario/a para gandería de vacún de leite. Traballo a media xornada (5 horas). Ordeño e limpeza.
Requisitos: Valórase experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: ganaderiadeza@gmail.com.

Data: 22-11-2017
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Metaldeza S.A. selecciona soldadores/as Mig-Mag a xornada completa por aumento da carga de traballo.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano en soldadura Mig-Mag e fío. Formación FP Medio, FP Superior, PCPI.
Publicada/Xestionada: Metaldeza S.A. (Polígono Industrial de Botos, 11-26 36519 Lalín-Pontevedra). ☎ 986787062  ou Adecco.

Data: 21-11-2017
Posto: PERRUQUEIRO/A (Urxente)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase perruqueiro/a.
Requisitos: Con experiencia en todos os ámbitos da profesión. Persoa responsable, con bo carácter e bo trato co público.
Publicada/Xestionada: Particular (Bea): Interesados/as enviar curriculum ao email: beamouri@yahoo.es.

Data: 21-11-2017
Posto: PROFESOR/A DE INGLÉS
Lugar: Lalín.
Descrición: Bridge’s School, academia de idiomas, precisa profesor/a de inglés.
Publicada/Xestionada: Bridge’s School (Rúa 22 nº 10,  Lalín-Pontevedra): ☎ 610369274 (Marga Galego).

Data: 19-11-2017
Posto: XEFE/A DE OBRA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase xefe/a de obra.
Requisitos: Estudos mínimos de Enxeñería Técnica (preferiblemente arquitectura técnica). Experiencia mínima de polo menos 3 anos contrastada en edificación (vivendas, reformas, edificios industriais...). Coñecementos de construción, vivendas, reformas.
Publicada/Xestionada: Infojobs.





Data: 30-11-2017
Posto: RECEPCIONISTA - XESTIÓN COMERCIAL
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Empresa de venda de maquinaria precisa recepcionista-xestión comercial. Realizará as seguintes funcións: atención telefónica nacional-internacional, tarefas administrativas, xestión e seguimento a clientes e provedores internacionais.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Superior, Diplomatura/Grao ADE. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Coñecementos de Inglés alto (C1, realizarase proba de nivel), Ofimática, xestión Call Centers, xestión administrativa de compras. Persoa proactiva, con iniciativa e dotes comunicativas.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 30-11-2017
Posto: CAMAREIRO/A DISCO PUB
Lugar: Silleda.
Descrición: Rubén Colmeiro precisa camareiro/a para disco pub. Traballo venres e sábados de noite. Pago por hora e ao día con comisións e cobertura por desprazamento.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima non requirida. Persoa comprometida, simpática, con actitude comercial, con don de xentes e boa imaxe.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 30-11-2017
Posto: PERRUQUEIRO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase perruqueiro/a para fins de semana e fin de ano.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/a enviar curriculum vía email.

Data: 30-11-2017
Posto: PROFESOR/A DE INGLÉS
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Precísase profesor/a de inglés.
Publicada/Xestionada: Particular (María). ☎ 670727481.

Data: 29-11-2017
Posto: OPERARIO/A DE MONTAXE DE CUBERTAS E CANLÓNS
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase operario/a para montaxe de estada europea, carga e descarga de material, colocación de lousa, montaxe de cubertas de panel sandwich, colocación de canlóns.
Requisitos: Con experiencia. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Valorable formación - cursos.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 649618364 - 676504895. Interesados/as enviar curriculum ao email: empleodemontajes@gmail.com.

Data: 28-11-2017
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase chófer para repartición de mercadoría polo interior de Galicia. Contrato a media xornada. Traballo 3 ou 4 días á semana segundo necesidades da empresa.
Requisitos: Persoa maior de 30 anos con carné de camión e dispoñibilidade de incorporación inmediata. Imprescindible residir en Silleda, A Estrada, Forcarei ou arredores.
Publicada/Xestionada: Particular (Eva). Interesados/as enviar curriculum ao email: penaeva666@gmail.com.

Data: 28-11-2017
Posto: DOCENTE CURSO MANIPULACIÓN DE PRODUTOS QUÍMICOS
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase docente para a impartición de curso de manipulación de produtos químicos.
Requisitos:  Imprescindible ter experiencia e formación acorde co posto.
Publicada/Xestionada: Metronasa S.L. (Silvia). ☎ 986912815.

Data: 28-11-2017
Posto: DOCENTE CURSO ISO 9001-2015
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase docente para a impartición de curso ISO 9001 con actualización de 2015.
Requisitos:  Imprescindible ter experiencia e formación acorde co posto.
Publicada/Xestionada: Metronasa S.L. (Silvia). ☎ 986912815.

Data: 28-11-2017
Posto: DOCENTE CURSO DE CARRETILLEIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase docente para a impartición de curso de carretilleiro/a.
Requisitos:  Imprescindible ter experiencia e formación acorde co posto.
Publicada/Xestionada: Metronasa S.L. (Silvia). ☎ 986912815.

Data: 25-11-2017
Posto: OFICIAL DE COLOCACIÓN DE MÁRMORE E GRANITO
Lugar: Bandeira, Silleda.
Descrición: Precísase oficial de colocación de mármore e granito en escaleiras e aplacados de muros.
Requisitos: Dispoñibilidade para viaxar xa que a empresa ten obras no País Vasco.
Publicada/Xestionada: Ramón. ☎ 652585987.

Data: 23-11-2017
Posto: TÉCNICO/A DE COMPRAS
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: EGA Consultores selecciona técnico/a de compras para importante empresa industrial situada na zona do Deza. A persoa seleccionada responsabilizarase de garantir o aprovisionamento de material na empresa para garantir a produción. Entre as súas funcións atópanse as seguintes: compra do material para poder cumprir cos obxectivos de produción, tomando en conta os pedidos realizados polos clientes, o stock xa presente no almacén, as previsións de materiais na empresa...; realización de pedidos a provedores nacionais e internacionais; seguimento dos pedidos para controlar os prazos de entrega e asegurándose que o material estea en tempo e forma; negociación de prezos e condicións económicas asegurando as marxes de custos e evitando roturas de stock; recepción do material, confirmando que sexa o solicitado, e a distribución do mesmo en planta, situándoo no espazo para facilitar o acceso ao mesmos; labores administrativas básicas (arquivo, atención telefónica, organización interna.
Requisitos: Formación universitaria en Administración e Dirección de Empresas ou similar. Experiencia de 1-2 anos como técnico/a de compra en empresas industriais. Valorable coñecementos en maquinaria industrial, material eléctrico, calderería... Valorase positivamente Máster ou formación de posgrao en Loxística. Nivel avanzado en follas de cálculo (realizarase proba de nivel). Nivel intermedio de inglés en competencia lectora e escrita (requisito valorable). Persoa moi organizada e rigorosa, con boa capacidade para traballar en equipo, con axilidade administrativa e cun desenvolvemento avanzado das súas habilidades comunicativas e negociadoras.
Publicada/Xestionada: EGA Consultores.

Data: 22-11-2017
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase peón/a gandeiro/a para traballos de limpeza e mantemento en explotación de gando vacún de leite.
Publicada/Xestionada: Particular (Esther): ☎ 675627587.

Data: 22-11-2017
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase soldador/a para traballar nunha empresa situada na zona do Deza.
Requisitos: Con experiencia en soldadura Mig Mag e Fío. Dispoñibilidade de incorporación inmediata
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 22-11-2017
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase soldador/a para traballar nunha empresa situada na zona do Deza. Contrato temporal por substitución IT. Traballo a quendas rotativas (intensivas).
Requisitos: Con experiencia en soldadura Mig Mag e Fío. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Adecco.

Data: 21-11-2017
Posto: DELINEANTE
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase delineante. Ofrécese incorporación inmediata.
Requisitos: Coñecementos elevados de Autocad 2D, Project e Office.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza.

Data: 20-11-2017
Posto: CARPINTEIRO/A METÁLICO/A
Lugar: Silleda e outros.
Descrición: Precísase carpinteiro/a metálico/a para traballar nas zonas de Silleda, A Estrada, Cuntis, Forcarei.
Requisitos: Con ou sen experiencia (cabe a posibilidade de comezar como aprendiz).
Publicada/Xestionada: Servizo de Emprego do Concello da Estrada. ☎ 986570030 (extensión 4226). Interesados/as enviar curriculum ao email aedlconcelloestrada@gmail.com.

Data: 18-11-2017
Posto: CONDUTOR/A DE TRÁILER
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase condutor/a para transporte en camión cisterna polo interior de Galicia.
Requisitos: Carné de tráiler. Con experiencia (imprescindible). Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Residencia en Lalín, A Estrada, Melide ou arredores.
Publicada/Xestionada: Particular (Ana). Interesados/as enviar curriculum ao email: anavazq81@gmail.com.

Data: 17-11-2017
Posto: RECEPCIONISTA DE TALLER
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase recepcionista de taller - asesor/a de servizo para empresa situada na comarca do Deza. As súas funcións serán: recepción de vehículos; control e seguimento de reparacións; atención ao/á cliente; entrega de vehículos; facturación; atención telefónica e seguimento posterior de clientes. Ofrécese posto estable a xornada completa e partida
Requisitos: Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio. Experiencia mínima de polo menos 1 ano en posto similar. Valorable Formación en automoción. Valorable coñecementos programa informático Quiter, Aswin ou similar.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 17-11-2017
Posto: MOZO/A DE CARGA E DESCARGA
Lugar: Silleda.
Descrición: Randstad selecciona mozo/a de carga e descarga para empresa dedicada ao sector do deseño e impresión en Silleda. As funcións a desenvolver serán: movemento de mercadoría e carga e descarga de material.
Requisitos: Capacidade de traballo en equipo e resolución de problemas. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Experiencia de polo menos 1 ano.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 16-11-2017
Posto: DIRECTOR/A DE OPERACIÓNS
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: EGA Consultores selecciona director/a de operacións para importante empresa distribuidora de subministracións industriais situada na zona do Deza. Como membro do Comité de Dirección, a persoa seleccionada responsabilizarase de garantir a recepción e óptimo almacenamento do material ata a súa loxística e envío definitivo ao cliente final, asegurándose que os pedidos leven a cabo correctamente en tempo e forma. Entre as súas funcións atópanse: negociación de determinadas compras con provedores, axustando prezos, prazos de entrega e stock para garantir o custo óptimo das operacións; levar a cabo a homologación de provedores para cumprir as normas de calidade establecidas pola empresa; definir e supervisar o stock máximo e mínimo dos produtos, tanto en almacén como en tendas, optimizando criterios e layouts de localizacións; asegurar a calidade e prazo de entregas de pedido, ao menor custo posible, definindo e supervisando os niveis de servizo a clientes; seleccionar e negociar con transportistas, avaliando a súa calidade e eficacia, xestionando calquera incidencia e reclamación en entrega; manter o sistema de Calidade (ISO 9.001 e 14.001) e impulsar a Mellora Continua, sendo máximo responsable do mesmo na empresa; xestionar os sistemas informáticos e de xestión da información, seleccionando os provedores externos para o desenvolvemento de sistemas específicos.
Requisitos: Formación Universitaria en Enxeñaría de Organización Industrial (non excluínte). Experiencia de 3-4 anos desenvolvendo as funcións descritas en empresas de distribución. Valorable positivamente formación de máster ou posgrao en Loxística. Coñecemento alto en sistemas informáticos, sobre todo bases de datos SQL Server, Access, Crystal Reports e altas competencias en Excel. Valorable positivamente experiencia en mantemento da norma ISO 9.001 e 14.001. Valorable Nivel de inglés Alto. Profesional con alta capacidade para a xestión, habilidade de negociación e desenvolvemento de equipos, que mostre compromiso e identificación coa empresa, que estea disposto/a a liderar cambios substanciais na mesma e que conte con alta competencia analítica e de organización/planificación.
Publicada/Xestionada: EGA Consultores ou Infojobs.





Data: 30-11-2017
Posto: LIMPADOR/A DE VEHÍCULOS (PERSOA CON DISCAPACIDADE)
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase operario/a para limpeza interior e exterior de vehículos. Traballo a xornada completa.
Requisitos: Experiencia previa en limpeza, capacidade para realizar esforzo físico e boa movilidade, estar en posesión do certificado de discapacidade e/ou incapacidade permanente. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 30-11-2017
Posto: PROFESOR/A DE BAILE
Lugar: Melide (A Coruña).
Descrición: Precísase profesor/a de baile.
Publicada/Xestionada: Particular (María). ☎ 670727481.

Data: 28-11-2017 
Posto: CONDUTOR/A
Lugar:  Pontevedra.
Descrición: Precísase condutor/a para empresa de transporte. Realizará traballos de reparto de mercadoría e de axuda nas labores de carga e descarga.
Requisitos: Carné C e CAP. Con experiencia. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Dispoñibilidade para viaxar.
Publicada/xestionada: Particular (Juan). ☎ 616970067.

Data: 24-11-2017 
Posto: PINTOR/A DE COCHES
Lugar:  A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase pintor/a de coches para importante concesionario da Estrada. As funcións consistirán en: pintado xeral e parcial; enmascarar ou empapelar tanto para imprimaciones, como para pintura; aplicación de fondos e enmasillados; lixados de todo tipo; entendemento de programas informáticos para fórmulas de cores e colorimetría; puír diferentes tipos de imperfeccións.
Requisitos: Estudos mínimos de ciclo formativo grao medio - carrocería (cursando). Experiencia mínima de polo menos 3 anos realizando as tarefas do posto ofertado.
Publicada/xestionada: Infojobs.

Data: 23-11-2017 
Posto: TÉCNICO/A DE PROXECTOS
Lugar:  A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Empresa do sector da madeira precisa técnico/a para o seu departamento de proxectos.
Requisitos: Arquitecto/a, Arquitecto/a Técnico/a - Aparellador/a ou Delineante.
Publicada/xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: recursoshumanos.aestrada@hotmail.com.

Data: 22-11-2017 
Posto: ELECTRICISTA
Lugar:  A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase electricista.
Requisitos: Con experiencia. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/xestionada: Particular. ☎ 676999183.

Data: 21-11-2017 
Posto: COMERCIAL DE ENERXÍA
Lugar:  A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase comercial de enerxía.
Publicada/xestionada: Particular. ☎ 622949629. Interesados/as enviar curriculum ao email: comercial@pintossl.es.

Data: 20-11-2017 
Posto: COIDADOR/A DE NENOS/AS
Lugar:  A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase coidador/a de nenos/as.
Requisitos: Preferiblemente persoa con 40 anos ou máis.
Publicada/xestionada: Particular. ☎ 682514984.

Data: 20-11-2017 
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar:  Quireza, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a para bar.
Requisitos: Persoa seria e responsable.
Publicada/xestionada: Particular. ☎ 986753291.

Data: 17-11-2017 
Posto: ACOMPAÑANTE DE TRANSPORTE ESCOLAR E/OU ADAPTADO (15 vacantes)
Lugar:  Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona para importantes empresas do sector acompañantes de transporte escolar e/ou adaptado, principalmente para as seguintes zonas: Santiago de Compostela, Sigueiro, Cee, Porto do Son, Carnota, Fisterra, Rus, Muros e Valga.
Requisitos: Estar en posesión do Certificado de Delitos de Natureza Sexual. Dispoñibilidade horaria.
Publicada/xestionada: Nortempo.

Data: 17-11-2017 
Posto: XERENTE DE HOTEL
Lugar:  Palas de Rei (Lugo).
Descrición: Precísase xerente de hotel.
Requisitos: Con coñecementos de nivel alto escritos e orais dos seguintes idiomas: castelán, inglés, árabe e indio.
Publicada/xestionada: Servizo Público de Emprego de Galicia. ☎ Atención ao/á demandante 012.

Data: 16-11-2017 
Posto: CONDUTOR/A DE CAMIÓN
Lugar:  Cerceda (A Coruña).
Descrición: Nortempo selecciona condutor/a de camión para empresa de xestión de residuos. A persoa seleccionada será a encargada de realizar a ruta no camión e dará apoio na planta situada en Cerceda e na descarga do material.
Requisitos: Experiencia previa en posto similar. Estar en posesión do carné C e CAP en vixencia. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Disponibilidade para traballar en quenda partida. Valorable formación en manexo de pas escavadoras. Residencia na zona ou arredores.
Publicada/xestionada: Nortempo.

O Concello de Lalín abre a convocatoria 2017 do Programa Municipal de Axudas para a Creación de Empresas, unha iniciativa dirixida a ...

Xa podes solicitar as axudas municipais para a creación de empresas 2017


O Concello de Lalín abre a convocatoria 2017 do Programa Municipal de Axudas para a Creación de Empresas, unha iniciativa dirixida a impulsar a actividade empresarial no ámbito municipal.

A institución local destinará 26.000 euros a esta liña de axudas apoiando con 1.800 euros a posta en marcha de cada novo proxecto empresarial.

A convocatoria está dirixida a empresarios/as individuais, autónomos/as e as pequenas e medianas empresas, independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre 16 de setembro de 2016 e o 15 de setembro de 2017, ambos inclusive.


Gastos subvencionables


Serán gastos subvencionables os gastos de constitución e apertura, a adquisición das primeiras compras de mercadorías, de materias primas e doutros consumibles utilizados no proceso de produción ou comercialización; os gastos de alugueiro de local, de maquinaria ou de equipamentos informáticos e de elementos de transporte; as primas de seguros; as subministracións e gastos correntes derivados directamente de realización de actividade empresarial; os dereitos de propiedade industrial e os gastos de publicidade.


Requisitos para ser beneficiario/a das axudas


Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuais, autónomos/as e as pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a empresa, negocio ou explotación teña o seu enderezo fiscal e social no Concello de Lalín e un centro de traballo no municipio.

b) Que a persoa promotora solicitante estea empadroada no Concello de Lalín, no caso de ser un/ha profesional ou traballador/a autónomo/a, ou alomenos un dos socios/as, no caso das demais formas xurídicas.

c) Que o inicio da actividade empresarial ou profesional se realizase dentro do período subvencionable, entre o 16 de setembro de 2016 e o 15 de setembro de 2017, ambos inclusive.

d) Que os/as solicitantes, socios/as, promotores/as da empresa sexan propietarios/as, como mínimo, do 33% do capital social da empresa.

e) Que os/as solicitantes sexan persoas desempregadas e creen, polo menos, o seu propio posto de traballo acreditado coa alta no réxime especial de traballadores/as autónomos/as ou en calquera outro réxime que lle corresponda da Seguridade Social. Considerarase persoa desempregada aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional, no día anterior á data de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

f) Que as persoas solicitantes non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade nos seis (6) meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores/as autónomos/as, nos tres (3) meses inmediatamente anteriores.

g) Que entre os socios/as da empresa solicitante non figure ningunha persoa xurídica.

h) Que nin a empresa, nin os socios/as promotores/as, teña débedas coa Seguridade Social, coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), nin co Concello de Lalín.

i) Que nin a empresa solicitante, nin os socios/as promotores/as sexan socios/as doutra empresa que se adique á mesma ou similar actividade.

j) Que a empresa conte con licenza de actividade, ou teña presentado comunicación previa para o exercicio da actividade, en función do réxime que lle corresponda, con data anterior á finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de presentar comunicación previa, esta deberá estar ratificada polo órgano competente con anterioridade á concesión da subvención solicitada.

k) Que se empregue a lingua galega na realización dalgunha actividade propia da empresa.

Non se financiarán proxectos nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3 de Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e no artigo 13 de Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e as actividades subvencionadas ou financiadas no mesmo exercicio por medio doutras convocatorias ou convenios asinados co Concello de Lalín.


Prazo de presentación de solicitudes


As axudas deste programa poderanse solicitar durante 20 DÍAS NATURAIS desde o día seguinte a publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (09.11.2017): Do 10/11/2017 ao 29/11/2017 (ambos inclusive).


Máis información


Extracto das bases reguladoras e convocatoria do Programa Municipal de Axudas para a Creación de Empresas no Concello de Lalín (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, BOPPO núm. 215 do 9 de novembro de 2017).
Bases reguladoras e convocatoria do Programa Municipal de Axudas para a Creación de Empresas no Concello de Lalín (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, BOPPO núm. 211 do 3 de novembro de 2017).
Páxina web do Concello de Lalín (www.lalin.gal): Concello Aberto - Axudas, Premios e Bolsas.

Data: 13-11-2017 Posto: CONDUTOR/A DE TRÁILER OU CAMIÓN CON REMOLQUE Lugar: Lalín. Descrición: Gagotrans Lalín selecciona condutor/a d...

Ofertas de Emprego (Novembro 2017) 1ª

Data: 13-11-2017
Posto: CONDUTOR/A DE TRÁILER OU CAMIÓN CON REMOLQUE
Lugar: Lalín.
Descrición: Gagotrans Lalín selecciona condutor/a de tráiler ou camión con remolque para ámbito nacional e nacional-internacional. Ofrécese bo salario.
Requisitos: Permiso de conducir C+E. Un ano de experiencia en posto similar.
Publicada/Xestionada: Gagotrans Lalín. ☎ 986787203.

Data: 13-11-2017
Posto: MOTOSERRISTA (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísanse 2 motoserristas para traballar non monte. Ofrécense boas condicións laborais.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 12-11-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Cervexería "O Chanqueiro" precisa camareiro/a.
Publicada/Xestionada: Cervexería "O Chanqueiro" (Rúa Rosalía de Castro nº 28, Lalín - Pontevedra). Interesados/as pasar polo local.

Data: 12-11-2017
Posto: CONDUTOR/A DE TRÁILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a de tráiler para transporte en camión cisterna polo interior da comunidade.
Requisitos: Permiso de conducir C+E. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Con experiencia (imprescindible). Necesaria residencia en zonas de Lalín, Melide, A Estrada ou arredores.
Publicada/Xestionada: Particular (Ana). Interesados/as enviar currículum ao email: anavazq81@gmail.com.

Data: 10-11-2017
Posto: REPOÑEDOR/A-PROMOTOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase repoñedor/a-promotor/a para sección de xamóns/charcutería en hipermercado. Contrato 40h/semanais, todo o mes de decembro. Horario de tarde, de luns a sábado.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: crosslalin@gmail.com.

Data: 10-11-2017
Posto: ELECTRICISTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase electricista.
Requisitos: Con experiencia e ganas de traballar. Residencia na zona do deza ou arredores (Lalín, Silleda, Agolada, Melide, Rodeiro...). Persoa acreditada para traballar en obras oficiais.
Publicada/Xestionada: Particular (Alberto). Interesados/as enviar curriculum ao email: albertopaz21@yahoo.es.

Data: 10-11-2017
Posto: FRIGORISTA (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Megodeza SL precisa 2 frigoristas para realización de mantemento e reparación de instalacións industriais e posta en marcha.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Formación Profesional Grao Medio - Instalacións Frigoríficas e de Climatización. Coñecementos de frío industrial, mantemento, posta en marcha. Carné de conducir. Formación en Prevención de Riscos Laborais. Dispoñibilidade xeográfica.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 10-11-2017
Posto: RECEPCIONISTA DE HOTEL
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase recepcionista de hotel para quenda de noite.
Requisitos: Experiencia en labores de recepción ou ben con alta capacidade de aprendizaxe.
Publicada/Xestionada: Hotel Spa Norat Torre do Deza****. Interesados/as enviar curriculum ao email reservas@torredodezahotel.com ou ben presentalo directamente no hotel.

Data: 09-11-2017
Posto: TÉCNICO/A INDUSTRIAL
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona técnico/a para dar apoio e coordinar tanto tarefas de implantación de novas liñas como en área de administración e elaboración, interpretación e implementación dentro da área técnica da empresa, reportando a dirección e ao departamento técnico. Xornada partida de luns a xoves e venres horario intensivo de mañá. No verán xornada intensiva de mañá.
Requisitos: Formación en Enxeñeiría Técnica Industrial. Experiencia profesional mínima dun ano. Persoa con coñecementos de maquinaria e liñas de produción industriais, acostumada a realizar tanto tarefas dentro de fábrica como en área de administración, desenvolvendo proxectos, interpretando planos ou normas de implantación. Coñecementos de medio ambiente e calidade. Experiencia en xestión de documentación. Persoa proactiva e moi organizada.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 09-11-2017
Posto: TELEOPERADOR/A DE ATENCIÓN A CLIENTES
Lugar: Lalín.
Descrición: Randstad selecciona teleoperador/a para departamento de atención/venda a clientes. O seu traballo consistirá tanto en realización de chamadas de mantemento a clientes activos/as como prospección de novos/as clientes. Reportando e formando parte do departamento de administración e atención ao cliente, as túas tarefas consistirán en realizar chamadas de mantemento a clientes activos/as, prospección de novos clientes, realización de orzamentos ou derivación aos distintos técnicos. Coordinar co departamento loxístico a atención a clientes activos/as. Haberá un período de formación da parte técnica dos produtos da empresa. Salario segundo convenio, horario de luns a xoves a xornada partida e venres xornada intensiva de mañá, no verán xornada intensiva de mañá.
Requisitos: Experiencia en venda telefónica ou atención telefónica a clientes. Experiencia mínima de 2 anos. Formación en administración e mercadotecnia/vendas (Formación Profesional Grao Medio en Comercio e Mercadotecnia). Persoa proactiva e innovadora.
Publicada/Xestionada: Randstad.

Data: 08-11-2017
Posto: MECÁNICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición:  R&S Cars SL, taller multimarca, precisa mecánico/a.
Requisitos: Titulación de formación profesional en automoción e experiencia demostrable. Dispoñiblidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: R&S Cars SL (Polígono Industrial Lalín 2000 - Cidade do Transporte. Nave 10, Lalín-Pontevedra). ☎ 636277378. Interesados/as enviar curriculum ao email: rscarsmotor@yahoo.com.

Data: 08-11-2017
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición:  Precísase operario/a para gandería de vacas de leite.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 06-11-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Espiño, Lalín.
Descrición: Hotel "Naval do Espiño" precisa camareiro/a.
Publicada/Xestionada: Hotel "Naval do Espiño" (Espiño nº 20, Lalín - Pontevedra). ☎ 986787064.

Data: 06-11-2017
Posto: SOLDADOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Adecco selecciona soldador/a a xornada completa.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 3 anos. Experiencia en soldadura Mig Mag e Fío. Estudos mínimos de Formación Profesional Grao Medio. Imprescindible residente en España. Dispoñibilidade de incorporación inmediata
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-11-2017
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoa para traballar en gandería.
Requisitos: Con experiencia no sector.
Publicada/Xestionada: Particular (Jose Luís). ☎ 619270146.

Data: 02-11-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Bar do Pepe precisa camareiro/a. Quenda de tarde.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Bar do Pepe (Avda. dos Olmos núm. 17, Donramiro - 36500 Lalín - Pontevedra). ☎ 986792221. Interesados/as pasar polo local.





Data: 13-11-2017
Posto: SOLDADOR/A (2 vacantes)
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísanse soldadores/as (oficial de 1ª e oficial de 3ª).
Requisitos: Con experiencia en fío e electrodo. Cos cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico (60 horas), de prevención específico de carpintería, estructuras metálicas e elevadores.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Soldador/a Silleda".

Data: 12-11-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Retranca's Resto&Bar precisa camareiro/a.
Publicada/Xestionada: Retranca's Resto&Bar (Cristina). ☎ 634643225 - 620398252. Interesados/as enviar curriculum ao email: crisbarro10@gmail.com.

Data: 11-11-2017
Posto: COIDADOR/A NENOS/AS - EMPREGADO/A DOMÉSTICO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase persoa responsable para coidar nena de 3 anos e tarefas do fogar. Horario polas mañans de luns a venres. Boas condicións.
Publicada/Xestionada: Particular (Carmen VR). ☎ 635420249.

Data: 10-11-2017
Posto: OPERARIO/A DE CONSTRUCIÓN (3 vacantes) (Urxente)
Lugar: Silleda.
Descrición: Empresa de construción con máis de 20 anos no sector precisa 3 operarios/as para traballos varios.
Publicada/Xestionada: Particular (Manolo). ☎ 630904475 - 986580792.

Data: 09-11-2017
Posto: CHAPISTA-PINTOR/A
Lugar: Rodeiro.
Descrición: Taller de chapa e pintura precisa chapista-pintor/a.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 986790128.

Data: 08-11-2017
Posto: CONDUTOR/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Autoescuela Cíes precisa condutor/a.
Publicada/Xestionada: Autoescuela Cíes (Avenida do Parque nº 24, Silleda-Pontevedra). ☎ 986580585. Interesados/as enviar curriculum ao email: energren@gmail.com.

Data: 07-11-2017
Posto: DIRECTOR/A VENDA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Empresa de maquinaria agrícola situada no deza necesita director/a para a venda de maquinaria de prestixiosas marcas, introducilas na zona para a provincia de Pontevedra así como para importar e exportar mercadoría.
Requisitos: Experiencia como comercial.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as contactar vía email.

Data: 07-11-2017
Posto: CONDUTOR/A DE REPARTO
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase condutor/a de reparto. As tarefas a desempeñar serán a repartición de mercadoría polo interior de Galicia. Contrato a media xornada. Traballo 3 ou 4 días á semana segundo necesidades da empresa. Para xente que queira compatibilizar con outra actividade.
Requisitos: Persoa maior de 30 anos con carné de camión e dispoñibilidade de incorporación inmediata. Imprescindible residir na Estrada, Forcarei, Silleda ou arredores.
Publicada/Xestionada: Particular (Eva). Interesados/as enviar curriculum ao email: penaeva666@gmail.com.

Data: 07-11-2017
Posto: OPERARIO/A INDUSTRIA ALIMENTARIA
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase operario/a de produción para industria alimentaria.
Requisitos: Con titulación ou ciclo superior. Non necesaria experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular. ☎ 681195205.

Data: 06-11-2017
Posto: COMERCIAL DE SERVIZOS DE MARKETING (Autónomo/a)
Lugar: Silleda.
Descrición: Hydra Marketing & Comunicación precisa comercial de servizos de marketing para desempeñar as seguintes labores comerciais: planificación de rutas, coñecemento de produto, creación de base de datos, visita e chamada comercial, seguimento de visitas, renovación de contratos, elaboración de orzamentos, peche de venda, comunicación continua e efectiva cos membros da empresa. Ofrécese: desenvolvemento de carreira, bo ambiente, formar parte dun equipo novo, en crecemento e formación, formación complementaria para desempeño de funcións, horario flexible.
Requisitos: Autonomo/a ou persoa con posibilidade de darse de alta no réxime de autónomos/as. Persoa dinámica, con ambicións, con experiencia comercial e ganas de progresar. Con entusiasmo e interese polo mundo das vendas e a mercadotecnia. Vehículo propio.
Publicada/Xestionada: Hydra Marketing & Comunicación | Linkedin.

Data: 05-11-2017
Posto: CAMAREIRO/A (Urxente)
Lugar: Silleda.
Descrición: Cervexería "O Refuxio" precisa camareiro/a para luns, martes, mércores e venres en horario de 16.00 a 20.00 horas.
Requisitos: Con experiencia. Imprescindible ganas de traballar e amabilidade.
Publicada/Xestionada: Cervexería "O Refuxio" (Av. da Estación nº 13, baixo, Silleda-Pontevedra). ☎ 607919241.

Data: 01-11-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Casa Don Din precisa camareiro/a. Xornada completa.
Requisitos: Valorable idade, presenza, simpatía e responsabilidade, entre outras.
Publicada/Xestionada: Casa Don Din (Rúa Manuel Iglesias nº 19, Vila de Cruces - Pontevedra). ☎ 986592608. Interesados/as enviar curriculum ao email: info@casadondin.com ou entregalo no establecemento.





Data: 13-11-2017 
Posto: RECEPCIONISTA DE HOTEL
Lugar:  Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase recepcionista de hotel. Traballo a quendas (xornada completa).
Requisitos: Formación profesional hostalería e turismo ou afín ou experiencia en recepción de hoteis. Persoa responsable, don de xentes, dispoñibilidade horaria, residente en Santiago ou arredores. Imprescindible inglés nivel medio alto ou alto, valoraranse outros idiomas e coñecementos informáticos e do programa Verial.
Publicada/xestionada: Axencia Local de Colocación de Santiago de Compostela.

Data: 12-11-2017 
Posto: PANADEIRO/A
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase panadero/a para a zona da Estrada.
Requisitos: Persoa seria. Imprescindible defender o traballo (non aprendiz).
Publicada/xestionada: Particular (Daniel):  ☎ 660866290.

Data: 10-11-2017 
Posto: PERSOAL DE SUPERMERCADO
Lugar: Monforte de Lemos (Lugo).
Descrición: Mercadona selecciona persoal de supermercado. Xornada completa (40h/semanais). Xornada laboral de luns a sábado. Ofrécese formación a cargo da empresa e progresión salarial.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima non requirida. Persoa con don de xentes e carné de conducir para posto de repartición.
Publicada/xestionada: Mercadona.

Data: 10-11-2017 
Posto: CONTABLE
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase contable para importante empresa do sector do metal con sede na Estrada.
Requisitos: Titulado en Administración de Empresas. Con experiencia demostrable.
Publicada/xestionada: Particular (Jose). Interesados/as enviar curriculum ao email: garcidependiente@gmail.com.

Data: 10-11-2017 
Posto: TÉCNICO/A DE ESTRUTURAS METÁLICAS
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase técnico/a de estruturas metálicas para importante empresa do sector do metal con sede na Estrada.
Requisitos: Con experiencia.
Publicada/xestionada: Particular (Jose). Interesados/as enviar curriculum ao email: garcidependiente@gmail.com.

Data: 10-11-2017 
Posto: CAIXEIRO/A-REPOÑEDOR/A SUPERMERCADO
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Distribuciones Froiz SL precisa caixeiro/a-repoñedor/a a xornada completa para realizar a atención ao cliente en caixa así como tarefas propias de reposición. Ofrécese incorporación a unha empresa consolidada no seu sector, estabilidade laboral e retribución competitiva.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Persoa que busque a excelencia na atención ao cliente. Persoa activa, con capacidade de traballo e iniciativa.
Publicada/xestionada: Infojobs.

Data: 08-11-2017 
Posto: DEPENDENTE/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Precísase dependente/a para atención ao público en tenda especializada de decoración e reformas situada en Santiago de Compostela (cidade).
Requisitos: Experiencia en posto similar (indispensable). Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Don de xentes e bo trato ao/á cliente. Coñecementos elementais en construción, fontanería e interpretación de planos. Valorable formación regulada relacionada co posto.
Publicada/xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017N95.

Data: 03-11-2017 
Posto: OPERARIO/A DE FÁBRICA - PEÓN/A DE FÁBRICA - CARRETILLERO/A
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona operario/a de fábrica - Peón/a fábrica - carretillero/a para importante empresa do sector da industria plástica, situada en Ourense. Realizará, entre outras, as seguintes funcións: carga e descarga de material con carretilla e manualmente; uso de máquina propia da fábrica; traballo en liña de produción; orde e mantemento do lugar de traballo. Xornada completa (40 horas semanais) en quendas rotativas de mañá, tarde e noite.
Requisitos: Experiencia mínima demostrable no uso da caretilla e tarefas de produción iguais ou similares ás ofertadas. Persoa responsable e con capacidade para traballar en equipo. Valorable residencia próxima á zona de traballo. Carné B1 e vehículo propio. Formación mínima de Graduado escolar. Carné de carretillero /a expedido ou renovado no últimos catro anos.
Publicada/xestionada: Eurofirms.

Data: 03-11-2017 
Posto: NUTRICIONISTA-DIETISTA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Naturhouse selecciona nutricionista-dietista. Realizará o asesoramento aos/ás clientes sobre plan de dietas, control de peso, servizos dietéticos e produtos.
Requisitos: Estudos mínimos de Ciclo Formativo Grao Superior - Dietética e Nutrición; Licenciatura en Bioloxía, Medicamento, Veterinaria ou Farmacia. Valorarase posgrao ou Máster en Dietética e Nutrición e resto de acreditacións académicas relacionadas coa área da Nutrición. Tamén se valorará experiencia no trato co público. Experiencia mínima non requirida. Imprescindible residente na provincia. Precísase dispoñibilidade inmediata, aptitude comercial e espírito de traballo en equipo. Persoa emprendedora que, unha vez coñecido o proxecto, se involucre para xestionar ela mesmas o negocio.
Publicada/xestionada: Infojobs.

O Concello de Lalín inciará en breve un curso para a obtención do certificado de profesionalidade "Operacións de Fontanería e Cal...

O Concello de Lalín impartirá un curso para a obtención do certificado de profesionalidade Operacións de Fontanería e Calefacción - Climatización Doméstica


O Concello de Lalín inciará en breve un curso para a obtención do certificado de profesionalidade "Operacións de Fontanería e Calefacción - Climatización Doméstica" (558 horas) dirixido prioritariamente á inserción e reinserción laboral de persoas traballadoras desempregadas.

A formación, de carácter presencial e gratuíta, proporciona unha acreditación oficial das cualificacións profesionais recollidas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais recoñecendo a capacitación para realizar a  instalación de tubaxes, preparando, cortando e  unindo tubos de diferentes tipos de materiais segundo o tipo de instalación, e/ou montar e/ou desmontar aparellos sanitarios, radiadores e aparellos de climatización de uso doméstico, coas condicións adecuadas de calidade e seguridade, de acordo ás normas establecidas.


Módulos formativos do Certificado de Profesionalidade


MF1154_1: Instalación de tubaxes (170 horas).
- Replanteo e preparación de tubaxes (50 horas).
- Manipulación e ensamblaxe de tubaxes (90 horas).
- Prevención  de riscos, seguridade laboral  e  ambiental na instalación de aparellos e tubaxes (30 horas).

MF1155_1: Instalación e mantemento de sanitarios e elementos de climatización (180 horas).
- Instalación e mantemento de aparatos sanitarios de uso doméstico (60 horas).
- Instalación e posta en marcha de aparellos de calefacción e climatización de uso doméstico (90 horas).
- Prevención  de riscos, seguridade laboral  e  ambiental na instalación de aparellos e tubaxes (30 horas).

MP0090: Módulo de prácticas profesionais non laborais de Operacións de Fontanería e Calefacción - Climatización Doméstica (160 horas).

A superación de todos os módulos supón:

- A obtención da formación que da acceso ao certificado de profesionalidade correspondente.
- O cumprimento dos requisitos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel superior (nivel 2) da mesma familia e área profesional (Familia Profesional: instalación e mantemento. Área Profesional: montaxe e mantemento de instalacións).

Ademais o curso conta con 3 módulos transversais: "Inserción Laboral, Sensibilización Ambiental e na Igualdade de Xénero" (10 horas), "Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes e Corresponsabilidade Familiar e Doméstica" (8 horas) e "Creación de Empresas" (20 horas).


Requisitos de acceso á formación e selección de participantes


A formación ten un nivel de cualificación profesional 1 polo que non se esixen requisitos formativos nin profesionais.

As persoas desempregadas son as principais destinatarias desta formación polo que para acceder a ela é necesario ter realizada a inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) con data anterior á súa incorporación ao curso e solicitalo expresamente na oficina de emprego.

Os candidatos/as serán seleccionados/as e convocados/as pola oficina de emprego con 15 días hábiles de antelación á realización da proba de selección no Concello.

Igualmente, poderán participar as persoas traballadoras ocupadas (cun límite do 25% das prazas) cando o curso non se cubra con persoas traballadoras desempregadas (deberán solicitalo directamente no Departamento de Emprego municipal).


Número máximo de persoas alumnas participantes


O número máximo de persoas alumnas participantes no curso é de 15, e non poderá iniciarse a acción formativa se non se reúne un mínimo de 10 alumnos/as presentes o primeiro día.


Ocupacións e postos de traballo que se poden desempeñar


- Fontaneiro/a instalador/a-mantedor/a.
- Instalador/a de tubaxes, en xeral.
- Mantedor/a de calefacción.
- Mantedor/a de climatización.
- Instalador/a-mantedor/a de redes de rega e fontes decorativas.
- Instalador/a-mantedor/a de redes contra incendios.


Máis información


Concello de Lalín. Departamento de Emprego (Praza de Galicia nº 1, Lalín). Tlf. 986787060.
Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Oficina de Emprego comarcal (Avda. Buenos Aires nº 45 baixo, Lalín). Tlf. 886151246.

Data: 27-10-2017 Posto: CAMAREIRO/A Lugar: Lalín. Descrición: Precísase camareiro/a. Traballo a xornada completa. Domingos e festivos ...

Ofertas de Emprego (Outubro 2017) 2ª

Data: 27-10-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase camareiro/a. Traballo a xornada completa. Domingos e festivos libres.
Requisitos: Persoa con ganas de traballar. Carné de conducir e vehículo propio. Valorable experiencia.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Camareiro/a".

Data: 25-10-2017
Posto: REPARTIDOR/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a para reparto de mercadoría en Lalín e arredores.
Requisitos: Carné C e CAP. Valorable experiencia pero non imprescindible.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Repartidor/a".

Data: 19-10-2017
Posto: COIDADOR/A NOCTURNO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase coidador/a para acompañamento de 2 persoas maiores durante a noite. Horario de 20:30 a 09:30h. Todos os días, agás os sábados (domingos opcionais).
Requisitos: Preferiblemente muller. Valorarase experiencia.
Publicada/Xestionada: Concello de Lalín. Departamento de Emprego. ☎ 986787060. Interesados/as enviar curriculum ao email: emprego@lalin.gal indicando no asunto "Coidador/a Nocturno/a".

Data: 16-10-2017
Posto: CONDUTOR/A TRÁILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a para tráiler. Ruta nacional. Fins de semana na casa. Ofrécese soldo segundo experiencia, traballo e quilómetros percorridos.
Requisitos: Permiso C+E, CAP, Tarxeta tacógrafo. Persona seria e traballadora.
Publicada/Xestionada: Particular (Javier):  ☎ 620232780. Interesados/as remitir curriculum ao email: rmjg43@gmail.com.

Data: 16-10-2017
Posto: ENXEÑEIRO/A AERONÁUTICO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Aerocámaras, escola oficial de pilotos de drons profesionais, selecciona enxeñeiro/a aeronáutico/a ou graduado/a en enxeñaría aeroespacial para traballar no seu departamento técnico. As funcións principais a desenvolver serán: labores administrativas, xestións e comunicacións con AESA, elaboración de material didáctico e de programas de formación e labores de formación en cursos.
Requisitos: Preferiblemente con experiencia no sector (mínimo 1 ano). Persoa con alta capacidade organizativa e actitude proactiva, polivalente e resolutiva. Nivel alto de inglés.
Publicada/Xestionada: Aerocámaras (Rúa F núm. 9 - 1º E, 36500 – Lalín, Pontevedra):  ☎ 986781517 695265283. Interesados/as enviar curriculum ao email: personal@aerocamaras.es.





Data: 17-10-2017
Posto: DELINEANTE (PERSOA CON DISCAPACIDADE/INCAPACIDADE)
Lugar: Vila de Cruces.
Descrición: Precísase delineante. Realizará tarefas de axudante na elaboración de catálogos de despece de modificación de planos. Horario de luns a venres de 9.00 a 13.00 horas e de 14:30 a 18:30 horas.
Requisitos: Estudos de Ciclo Superior en Desenvolvemento e Aplicación de Proxectos de Construción ou Proxectos de Edificación ou afíns. Valorables coñecementos de inglés. Residencia en zonas próximas. Imprescindible certificado de discapacidade e/ou incapacidade.
Publicada/Xestionada: COGAMI (Mónica): Interesados/as enviar curriculum ao email: silpontevedra@cogami.gal.

Data: 16-10-2017
Posto: PEÓN/A GRANXA PORCINA
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase peón/a para granxa porcina.
Requisitos: Non necesaria experiencia. Preferiblemente menor de 40 anos.
Publicada/Xestionada: Particular (Susa). ☎ 607509929. Interesados/as enviar curriculum ao email: susa_cancela@yahoo.es.




Data: 16-10-2017 
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Quireza, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
Descrición: Precísase camareiro/a para bar.
Requisitos: Persoa seria e responsable.
Publicada/xestionada: Bar Darvi. Interesados/as pasar polo local.

Data: 16-10-2017 
Posto: AXUDANTE DE COCIÑA
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Servicios Puente Liñares SL selecciona axudante de cociña para restaurante especializado en carnes á grella. Ofrécese formación desde o primeiro día, con posibilidade de ascenso.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Persoa con actitude positiva para integrarse en grupo de traballo.
Publicada/xestionada: Infojobs.

Data: 10-10-2017 Posto: AZAFATO/A (2 vacantes) Lugar: Lalín. Descrición: Serviguide selecciona 2 azafatos/as para evento en Lalín que ...

Ofertas de Emprego (Outubro 2017) 1ª

Data: 10-10-2017
Posto: AZAFATO/A (2 vacantes)
Lugar: Lalín.
Descrición: Serviguide selecciona 2 azafatos/as para evento en Lalín que se celebrará o mércores 18 de outubro en horario de 15:30 a 21:30 horas. Encargarase de acompañar no traxecto en autobús aos/ás asistentes e dar apoio nunha visita guiada.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Imprescindible residente na provincia. Persoa con moi boa presenza, moi responsable, traballadora e puntual, extrovertida, que teña don de xentes e que lle guste moito o trato co público. Valorarase experiencia en posto similar.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 10-10-2017
Posto: CONDUTOR/A DE TRÁILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase condutor/a de tráiler. Realizará o traballo unha parte da semana de transporte de mercadorías en furgón e o resto de días de transporte de mercadorías en tráiler. Rutas polo interior de Galicia.
Requisitos: Preferiblemente persoa maior de 30 anos. Carné de tráiler. Disponibilidade de incorporación inmediata. Preferiblemente con residencia en Lalín, Melide ou arredores.
Publicada/Xestionada: Particular. Interesados/as enviar curriculum ao email: penaeva666@gmail.com.

Data: 10-10-2017
Posto: CONDUTOR/A DE TRÁILER
Lugar: Lalín.
Descrición: Divertrans Lalín SL precisa condutor/a de tráiler para transporte de mercadorías por estrada. Ruta nacional - España.
Requisitos: Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Carné de tráiler e CAP. Persoa proactiva, responsable, con don de xentes e conn coñecemento de tempos de condución e descanso.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 06-10-2017
Posto: FISIOTERAPEUTA
Lugar: Lalín.
Descrición: Clínica Deza precisa fisioterapeuta para a realización dos tratamentos e técnicas rehabilitadoras que se prescriban.
Requisitos: Estudos mínimos universitarios. Competencias para facer o seguimento e a avaliación da aplicación do tratamento que realice; coñecer, avaliar e informar e cambiar, no seu caso, a aplicación do tratamento da súa especialidade cando se dean, mediante a utilización de recursos alleos; coñecer os recursos propios da súa especialidade.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 04-10-2017
Posto: CAMAREIRO/A DE PISOS
Lugar: Lalín.
Descrición: Pazo de Bendoiro precisa camareiro/a de pisos e limpeza para hotel. Ofrécese salario entre 600 e 900 euros. Contrato de traballo de 2 meses.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 1 ano. Imprescindible experiencia, vehículo propio e dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 02-10-2017
Posto: PANADEIRO/A
Lugar: Lalín.
Descrición: Precísase persoa responsable para panadería.
Requisitos: Preferiblemente muller. Con experiencia.
Publicada/Xestionada: Particular (Jose):  ☎ 634222199.

Data: 01-10-2017
Posto: COMERCIAL DE HOSTELERÍA
Lugar: Lalín.
Descrición: Distribuciones Dobarro precisa comercial para venda de produtos de limpeza e enxoval para hostalaría. Ofrécese soldo fixo, comisións, coche empresa e carteira de clientes.
Publicada/Xestionada: Distribuciones Dobarro. Interesados/as enviar currículum ao email: distribucionesdobarro@gmail.com.





Data: 14-10-2017
Posto: COCIÑEIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase cociñeiro/a.
Publicada/Xestionada: A Carballeira do Chousiño. ☎ 663854433.

Data: 13-10-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase camareiro/a para barra e comedor.
Requisitos: Experiencia demostrable en posto similar. Bo trato. Capacidade de traballo en equipo. Dispoñibilidade horaria. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Valorable Diploma de Manipulador de Alimentos.
Publicada/Xestionada: Grupo Gallega Laboral Deza. Interesados/as enviar curriculum ao email candidatos@pontempleo.com indicando no asunto a referencia 2017S80.

Data: 13-10-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase camareiro/a para traballo a quendas.
Requisitos: Experiencia. Dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: A Carballeira do Chousiño. ☎ 663854433.

Data: 09-10-2017
Posto: MECÁNICO/A - MONTADOR/A (3 vacantes)
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Adecco selecciona 3 mecánicos/as-montadores/as. Contrato de tres meses a través de ETT.
Requisitos: Con experiencia en mecánica ou montaxes industriais mínima de 2 anos. Estudos mínimos de Formación Profesional de Grao Medio. Imprescindible residente en España. Experiencia
Publicada/Xestionada: Infojobs.

Data: 03-10-2017
Posto: PEÓN/A GANDEIRO/A
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase peón/a gandeiro/a para granxa de vacún de leite. Tarefas de limpeza e coidado dos animais da granxa.
Publicada/Xestionada: Particular (Esther). ☎ 675627587.

Data: 01-10-2017
Posto: OPERARIO/A DE CARPINTERÍA METÁLICA
Lugar: Silleda.
Descrición: Precísase operario/a de carpintería de aluminio e aceiro.
Requisitos: Coñecementos de soldadura. Carné de conducir. Valorarase experiencia na zona de Silleda ou A Estrada.
Publicada/Xestionada: Particular (Antonio). Interesados/as enviar curriculum ao email: antonioausmach@gmail.com.

Data: 01-10-2017
Posto: CAMAREIRO/A
Lugar: Comarca do Deza.
Descrición: Precísase camareiro/a. Ofrécese contrato a media xornada e incorporación inmediata.
Publicada/Xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.





Data: 13-10-2017 
Posto: DEPENDENTE/A DE ALIMENTACIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona dependente/a de alimentación para importante empresa do sector da alimentación situada en Ourense. Realizará as seguintes tarefas: recepción de mercadorías, montaxe de vitrinas, xestión de produtos en tenda e reposición, mantemento da orde e limpeza do local, atención ao/á cliente, manexo do fluxo monetario. Horario rotativo a xornada completa (40 horas semanais) de luns a sábado entre as 09:00h e as 22:00h cos descansos establecidos por lei.
Requisitos: Experiencia valorable en posto similar ao ofertado, traballando en atención ao público en charcutería e/ou carnicería. Persoa proactiva, dinámica, con don de xentes e responsable. Valorable residencia próxima ao posto de traballo. Carné B1 e coche propio. Formación de EGB finalizada. Carné de manipulador/a de alimentos en vigor.
Publicada/xestionada: Eurofirms.

Data: 10-10-2017 
Posto: ELECTROMECÁNICO/A DE AUTOMOCIÓN
Lugar: Ourense.
Descrición: Eurofirms selecciona electromecánico/a de automoción. Realizará seguintes funcións: electromecánica de automoción, instalación de sistemas eléctricos, climatización..., entre outras funcións propias do posto. Horario a xornada completa (40 horas semanais), de luns a venres, en quenda de mañá ou tarde, cos descansos establecidos por lei.
Requisitos: Experiencia mínima demostrable en electromecánica e mecánica de automoción realizando funcións iguais ou similares ás ofertadas. Persoa seria e responsable. Valorable residencia próxima ao posto de traballo. Formación de Graduado escolar. Valorable formación profesional en electromecánica.
Publicada/xestionada: Eurofirms.

Data: 02-10-2017 
Posto: PERSOAL CHARCUTERÍA
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona, para empresa do sector de alimentación, persoal de charcutería. As funcións a desenvolver serán: atención ao/á cliente, asesoramento de produtos gourmet e control de stock.
Requisitos: Perfil para traballar en atención ao/á cliente, en sector de alimentación. Persoa proactiva, con iniciativas, alto nivel de compromiso, produtiva, responsable, hábil, con capacidade de traballar en equipo e con orientación a resultados. Carné de manipulador/a de alimentos e experiencia previa en charcutería ou similar. Dispoñibilidade de incorporación inmediata. Residencia na zona ou arredores. Experiencia mínima de 1 ano.
Publicada/xestionada: Randstad.

Data: 02-10-2017 
Posto: CAIXEIRO/A
Lugar: Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Cash Galicia precisa caixeiro/a para Cash en Santiago. Ofrécese emprego a xornada completa e incorporación inmediata.
Requisitos: Título de bacharel ou de formación profesional. Coñecementos administrativos e informáticos. Boas dotes de comunicación e vocación de servizo ao/á cliente. Valorarase experiencia demostrable no sector de alimentación.
Publicada/xestionada: Cash Galicia. Interesados/as enviar currículum con fotografía recente ao email: empleo.cashgaliciasantiago@gmail.com.

Data: 02-10-2017 
Posto: OPERARIO/A DE LOXÍSTICA
Lugar: Ourense.
Descrición: Randstad selecciona operario/a de loxística para organización e xestión de almacén en empresa do sector industrial. As funcións a desenvolver serán: recepción de mercadoría e preparación de pedidos mediante carretilla elevadora, así como control de stock e control e xestión de albaráns.
Requisitos: Persoa produtiva, responsable, hábil, con capacidade de traballar en equipo e con orientación a resultados. Carné de carretilla elevadora e experiencia previa en uso de carretilla elevadora. Valorarase carné de ponte guindastre e/ou experiencia con traspalé eléctrico. Dispoñibilidade horaria e de coche propio, para desprazamento ao centro de traballo. Experiencia mínima de 1 ano.
Publicada/xestionada: Randstad.

Data: 01-10-2017 
Posto: COMERCIAL DE FERRAXES
Lugar: A Estrada (Pontevedra).
Descrición: Precísase comercial para venda de ferraxes para carpintería de madeira.
Requisitos: Estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria. Experiencia mínima de polo menos 2 anos. Imprescindible experiencia en labor comercial e coñecemento do sector.
Publicada/xestionada: Infojobs.

Data: 01-10-2017 
Posto: PROGRAMADOR/A INFORMÁTICO/A
Lugar: Arredores de Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Axencia de comunicación precisa incorporar un programador/a informático/a para a elaboración e desenvolvemento de páxinas web. Posibilidade de contrato a media xornada ou xornada completa e opción de compatibilizar o traballo en oficina (a 30 minutos de Santiago) co teletraballo. Condicións a negociar segundo a experiencia e valía do candidato/a.
Requisitos: Titulación de enxeñeiro/a técnico/a ou superior en Informática. Experiencia demostrable e coñecementos avanzados de WordPress, Joomla, Prestashop e Woocommerce (valorarase a achega de portfolio de traballos realizados).
Publicada/xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

Data: 01-10-2017 
Posto: DESEÑADOR/A GRÁFICO/A
Lugar: Arredores de Santiago de Compostela (A Coruña).
Descrición: Axencia de comunicación precisa incorporar un deseñador/a gráfico/a. Posibilidade de contrato a media xornada ou xornada completa e opción de compatibilizar o traballo en oficina (a 30 minutos de Santiago) co teletraballo. Condicións a negociar segundo a experiencia e valía do candidato/a.
Requisitos: Dominio do paquete Adobe (Photoshop, Ilustrator, Indesign) e experiencia demostrable na elaboración de manuais de identidade corporativa, maquetación de publicacións (revistas, catálogos, memorias, etc.), elaboración de presentacións (PowerPoint/Prezy…). Valorarase a achega dun portfolio de traballos realizados.
Publicada/xestionada: Asociación de Empresarios do Deza. ☎ 986787091 ou 667699161.

O Último