O Parlamento de Galicia abre a convocatoria de diversas bolsas para a formación práctica relacionadas coa actividade da institución. A ...

Bolsas de Formación Práctica no Parlamento de Galicia


O Parlamento de Galicia abre a convocatoria de diversas bolsas para a formación práctica relacionadas coa actividade da institución. A Mesa do Parlamento acordou o pasado mes de decembro aprobar as bases destas 8 bolsas dirixidas a titulados/as universitarios/as que terán unha duración de 12 meses:

a) 3 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.

c) 2 bolsas de formación en publicacións.

d) 1 bolsa de formación en informática.

e) 1 bolsa de formación en xestión parlamentaria.


Requisitos das persoas que desexen acceder ás bolsas


Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados aos que, en virtude de tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas.

b) Posuír as seguintes titulacións universitarias:

Bolsas de arquivo, biblioteca e documentación: grao ou licenciatura universitaria en Documentación, grao en Información e Documentación ou diplomatura en Biblioteconomía e Documentación.
Bolsa de comunicación institucional: grao ou licenciatura universitaria en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas ou Comunicación Audiovisual.
Bolsas de publicacións: grao ou licenciatura universitaria en Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en Filoloxía Galega.
Bolsa de informática: grao ou licenciatura ou diplomatura universitaria en Informática.
Bolsa de xestión parlamentaria: grao ou licenciatura en Dereito ou Ciencias Políticas e da Administración, grao en Dirección e Xestión Pública.

As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2010-2011 ou en anos posteriores, o cal deberá acreditarse ao termo do prazo de presentación das solicitudes.

c) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

d) Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia.


Bases do proceso de selección


As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal).


Prazo de presentación de solicitudes


As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (02.01.2017).


Máis información


O Último