O vindeiro mércores 15 de marzo vai ter lugar en Lalín a xornada "Transferencia de coñecementos de mulleres emprendedoras no ...

Xornada de Transferencia de Coñecementos de Mulleres Emprendedoras no Medio Rural


O vindeiro mércores 15 de marzo vai ter lugar en Lalín a xornada "Transferencia de coñecementos de mulleres emprendedoras no medio rural". A actividade, incluída no Plan de Acción da Rede Rural Nacional (RRN), desenvolverase nas instalacións do CES (antiga UNED), no polígono Lalín 2000, en horario de 10:00 a 17:00 horas.


Destinatarios/as


A xornada vai dirixida a mulleres emprendedoras do medio rural, co obxetivo de que coñezan a experiencia doutras mulleres que desenvolveron os seus proxectos no rural, así como as diferentes liñas de axudas as que  poderían optar para os seus proxectos dentro do Plan 2014-2020: mulleres e entidades de mulleres rurais das Comunidades Autónomas próximas ao lugar de celebración (CA Galicia, CA Castela e León, CA Asturias).


Programa da xornada


9:30 - 9:45 h: Chegada e recepción dos/as participantes.

9:45 - 10:00h: Inauguración do taller.
Representante do MAPAMA. Pendente de confirmar.
Pura Seoane Albela, Presidenta da Asociación Labregas.

10:00 - 10:45h: Xeración de coñecemento sobre emprendemento por mulleres no medio rural.
Sonia Couso - AMARELANTE, SOC. COOP. GALEGA.
Ana Correidoira - A CERNADA.
Pura Seoane - HUERTA ECOLÓGICA.
Mulleres empresarias do medio rural.

10:45 - 11:30h: Análise de modelos de negocio rexentados por mulleres do medio rural.
Ana Lorenzo - CIDADANÍA, SOC. COOP. GALEGA.

11:30 - 12:00 h: Pausa

12:00 - 14:00h: Traballo en taller "Análise cualitativa e cuantitativa da situación da muller no medio rural".
Paloma Jimena Medina. Axente de Igualdade e Desenvolvemento Rural.

14:00- 15:30h: Pausa-comida.

15:30- 16:15h: Estruturas de información e apoio para mulleres no medio rural.
Ana Eiras. Representante da Asociación Labregas.


16:15 17:00h: Os Programas de Desenvolvemento Rural como oportunidade para as mulleres.
Paula Suanzes. Representante do Grupo de Desenvolvemento Rural "Terras de Pontevedra Norte".
Representante de AGADER. Asociación Galega de Desenvolvemento Rural.

17.00h: Clausura.


Máis información e inscricións


Para participar é preciso enviar unha solicitude de inscrición a: jornadasredrural@magrama.es.

O Sindicato Labrego Galego (rúa Monte Faro nº 28 baixo, 36500 Lalín) proporciona toda a información do evento no teléfono 986792268.

O Último